facebook     twitter

gripe
eu-galego
Traslados Externos
Concurso de traslados aberto e permanente 2019 en médico/a de familia de atención primaria Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Martes, 12 Novembro 2019 08:07


O luns 11 de novembro publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inician os prazos de cesamento e toma de posesión do concurso de traslados aberto e permanente correspondente ao ano 2019, na categoría de médico/a de familia de atención primaria.

TRASLADOS_SERGAS

Prazo de cese no centro de orixe: primeiro día hábil, é dicir, o 12 de novembro de 2019.


Prazos da toma de posesión:


- No mesmo centro: non hai prazo posesorio, a incorporación é inmediata a continuación do cese.

- Mesma área sanitaria (EOXI) e distinto centro: dentro dos 3 días hábiles seguintes á publicación.

- Distinta área sanitaria:  dentro dos 15 días hábiles

- Distinto servizo de saúde: no prazo de 1 mes.

 
Publicación resolución definitiva concurso de traslados aberto e permanente 2019 Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Martes, 01 Outubro 2019 11:14


O venres 27 de aetembro publicouse  no DOG a RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

TRASLADOS_SERGAS


Prazo de cese no centro de orixe: primeiro día hábil, é dicir, o 30 de setembro de 2019.

Prazos da toma de posesión:


- No mesmo centro: non hai prazo posesorio, a incorporación é inmediata a continuación do cese.

- Mesma área sanitaria (EOXI) e distinto centro: dentro dos 3 días hábiles seguintes á publicación.

- Distinta área sanitaria:  dentro dos 15 días hábiles

- Distinto servizo de saúde: no prazo de 1 mes.


Na categoría de médico/a de familia de atención primaria, o cesamento e a toma de posesión dos novos destinos efectuarase de modo simultáneo á incorporación dos/das aspirantes seleccionados/as na convocatoria de OPE desta categoría (previsiblemente no mes de novembro de 2019).

 
Acto elección novos destinos persoal fixo NON consolidado Mobilidade Interna Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Martes, 17 Setembro 2019 07:49

 

Publicado nos taboleiros de anuncios e na Intranet da XXI de Vigo o luns 16 de outubro a resolución pola que se convoca ao acto de elección de novos destinos provisionais ao PERSOAL PROOPIETARIO NON CONSOLIDADO desprazado do seu posto de traballo actual por incorporación do persoal adxudicatario do concurso de mobilidade interna voluntaria.

 

 

traslados-chuvi

Mércores 18 na sala 4 da Planta 0 Vela E do HAC

- Enfermeiras 13:30

- TCAE 14:00

- Aux. Administrativo/a 14:30

 

RESOLUCIÓN

 

 
Publicación da oferta de destinos e relación provisional de admitidos/a do concurso de traslados aberto e permanente do ano 2019 Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Luns, 01 Abril 2019 07:35

Traslados

O xoves 28 de marzo publícouse a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e se aproba a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

 

 

As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as en cada unha das categorías están publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A relación de prazas ofertadas por categoría e os centros, e mais aquelas en que poden existir resultas, está publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), na sección de emprego público/concurso de traslados/concurso de traslados aberto e permanente 2019.

 

Prazo para poder modificar a relación de prazas: 15 días naturais ( do 29 de marzo ao 12 de abril de 2019).

 
Procedemento-traslados-externos Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Xoves, 03 Xaneiro 2019 12:35

Procedemento-traslados-externos

 
Relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Martes, 24 Xullo 2018 07:43

 

Publicanse no DOG o martes 24 de xullo de 2018 as relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario.

 

Traslados

Resolución licenciado sanitario de atención primaria 


Resolución diplomado sanitario 

 

Resolución sanitario de formación profesional 

 

Resolución persoal de xestión e servizos  

 

 

 

LISTAXES

 

 

 

 
Publicación resolucións traslados externos aberto e permanente Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Luns, 26 Marzo 2018 08:24

 

Publícanse no DOG o luns 26 de marzo as Resolucións coa relación de admitidos/as e excluídos/as e mais a oferta de destinos do ciclo de adxudicación do concurso de traslados aberto e permanente.

 

 

 

 

Relación de admitidos/as e excluídos/as:

  • As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión (do 27 de marzo ao 11 de abril de 2018).

  • A solicitude dirixirase á unidade de validación a que se dirixiu a solicitude de participación no concurso. 

Relación de prazas ofertadas:

  • Nos anexos I e II das resolucións figura a relación de prazas ofertadas por categoría e os centros en que poden existir resultas, respectivamente.

  • Os/as profesionais que figuren na relación de participantes deste ciclo disporán dun prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder modificar a través de Fides/expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan (do 27 de abril ao 10 de abril de 2018).

 

  • Entenderase como modificar:

 

  • Engadir novos destinos

  • Eliminar destinos

  • Modificar a orde dos destinos

 

  • As modificacións deberán presentarse por rexistro electrónico e non requirirán a entrega de ningunha documentación.

 

  • Aquelas solicitudes de participación que, logo dos quince días, non conteñan a selección de, polo menos, un destino quedarán excluídas automaticamente do ciclo de adxudicación en curso.


TODAS AS LISTAXES DE ADMITIDAS (Pincha aquí)

 
Relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as no concurso de traslados de persoal licenciado sanitario Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Luns, 22 Xaneiro 2018 12:17

 

O 22 de xaneiro de 2018 publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/ as e a resolución provisional do concurso de trasladospara a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario licenciado sanitario, convocado pola Resolución do 23 de maio de 2017.

Traslados

As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as por categoría, as puntuacións provisionais desagregadas por epígrafe do baremo e os destinos provisionais, se é o caso, asignados, están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

 

Os/ as concursantes admitidos/as disporán dun prazo de quince (15) días hábiles,contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular reclamación contra os resultados da baremación e adxudicación provisionais: do martes 23 de xaneiro ao luns 12 de febreiro de 2018.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>