facebook     twitter

gripe
eu-galego
Traslados Externos
Publicada corrección de erros da convocatoria de traslados do Persoal de Xestión de Servizos Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Luns, 29 Decembro 2014 09:28

Pubicouse o venres 26 de decembro no DOG a corrección de erros da convocatoria de traslados de persoal de xestión e servizos que afecta exclusivamente ás categorías de persoal de servizos xerais e grupo administrativo da función administrativa (anexo III) e condutor (Anexo IV).

 

Para estas categorías, e só para estas categorías, ampliarase o prazo de presentación de solicitudes nun mes máis contado a partir do día seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia, é dicir, a partir de mañá.

 

  • RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede á corrección de erros da Resolución do 19 de novembro de 2014 pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos.  Descargar PDF
 
Corrección de erros Concurso de Traslados de Persoal de Xestión e Servizos Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Luns, 22 Decembro 2014 07:57

info importante web

 

 

 

Mensaxe chegada do SERGAS sobre o concurso de traslados das categorías de xestión e servizos:

 

Infórmase que está previsto que a esta semana se publique no Diario Oficial de Galicia unha corrección de erros do concurso de traslados de persoal de xestión e servizos que afectaráexclusivamente ás categorías de persoal de servizos xerais e grupo administrativo da función administrativa (anexo III) e condutor (Anexo IV).


Para estas categorías, e so para estas categorías,  ampliarase o prazo de presentación de solicitudes nun mes máis contado a partir do día seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

 
Convocatoria Concurso de Traslados persoal non sanitario Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Luns, 01 Decembro 2014 10:20

Publicouse o martes 2 de decembro no DOG a convocatoria de concurso de traslados para as categorías de xestión e servizos.


  • RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos. Descargar PDF


Traslados

O prazo de inscrición iniciarase o 3 de decembro e finalizará o 2 de xaneiro de 2015, ambos incluídos

 

 

 
Destinos provisionais concurso de traslados externos Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Venres, 14 Novembro 2014 08:54

Publícase o venres 14 de novembro no Diario Oficial de Galicia a resolución provisional do concurso de traslados externos das categorías sanitarias de licenciado/a, diplomado/a e formación profesional, convocado por Resolución do 8 de xaneiro de 2014.

TRASLADOS SERGAS


O prazo de presentación de reclamacións é de 15 días hábiles, iniciándose o 15 de novembro e finalizando o 2 de decembro, ambos incluidos.

 

As reclamacións deberán presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos indicados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e deberán dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, órgano convocante do proceso.

 

  • RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario, convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014. Descargar PDF

 

  • RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de formación profesional, convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014. Descargar PDF
 
PRAZAS A TRASLADOS DO PERSOAL DE XESTIÓN E SERVIZOS Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Mércores, 04 Xuño 2014 06:52

Na Mesa Sectorial de do martes 3 de xuño o SERGAS comunicounos a súa intención de sacar a traslados as prazas que se reflexan no cadro, temos 10 días para alegacións. Mañá daremos cumprida información de todos os temas tratados na Mesa.

 

Con respecto a isto, as prazas convocadas son as prazas vacantes que están cubertas, as non cubertas para que as van convocar se non se necesitan.

 

En Ourense non convocan as prazas de mantemento:electricitas, calefactores, fontaneiros; estás prazas están dentro do plan de privatización do servizo. Se privatizan para que as van convocar.


En Vigo, anuncian, que é o último concurso de traslados que convocan, xa que cociña, lavandería, mantemento...van ser servizos xestionados directamante pola empresa privada. Tamén vai ser o último concurso de celadoras/es e auxiloiar administrativo, xa que as prazas vacantes destas categorías ofertaránnas a promición interna ao persoal estatutario dos servizos que privatizan.


Como CIG-SAÚDE esiximos a convocatoria do 100% das prazas, que paralicen as privatizacións e que deixen de facer negocio coa sanidade pública.


Do mesmo modo rexeitamos que aproveiten o concurso de traslados para eliminar as prazas de celadoras/es de PACs. Sen entrar a valorar con que categoría se deben de cubrir as prazas de PACs, o que non podemos consentir é que fagan restructuracións de prazas sen informar na mesa sectorial. O seu marabilloso plano de RRHH recolle que as reclasificacións pasarán por mesa sectorial.

cadro_traslados_PNSPrazas: CIG-SAUDE 

 
Publicada a corrección de erros de traslados externos Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Mércores, 05 Marzo 2014 09:33

Publícouse o martes 4 de marzo as resolucións de corrección de erros de traslados externos de varias categorías:

 

  • . RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede á corrección de erros da Resolución do 8 de xaneiro de 2014 pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado deste organismo. Corrección de erros traslados das categorías de médico/a de familia e pediatra de atención primaria  Descargar PDF 

  • . RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede á corrección de erros da Resolución do 8 de xaneiro de 2014 pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de formación profesional deste organismo. Corrección de erros traslados das categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, técnico/a de anatomía patolóxica, fisioterapeuta, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico e técnico/a en coidados auxiliares de enfermería  Descargar PDF 

 

 

TRASLADOS_SERGAS

O prazo empeza a contar mañá e remata o día 5 de abril.

 

Lembrámosvos a nota aclaratoria que emitiu o SERGAS ao respecto:

Como nota aclaratoria á remitida por este centro directivo en relación ao concurso de traslados en tramitación informámoslle que está previsto que en próximas datas se publique no Diario Oficial de Galicia unha corrección de erros dos Anexos III e IV da convocatoria que afectará as categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, médico/a de familia, pediatra de atención primaria, técnico/a de anatomía patolóxica, fisioterapeuta, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico e técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.


Poderán presentar solicitude de participación neste prazo todas aquelas persoas das categorías afectadas que desexen participar no concurso de traslados, tivesen ou non presentado solicitude de participación no prazo inicial.


Aqueles profesionais das categorías afectadas pola corrección, que tendo presentado a súa solicitude de participación no concurso no prazo inicial, desexen modificar algún/s do/s destinos seleccionados, poderán efectualo mediante a formalización a través de Fides/expedient-e e a presentación en prazo na forma disposta na base sétima da convocatoria, dunha nova solicitude de participación, que deixará sen efecto a inicialmente presentada, e na que deberán relacionarse cada un dos destinos seleccionados e a súa nova orde de prelación. Esta solicitude non requirirá a entrega da documentación achegada xunto coa instancia inicial.


Aqueles profesionais que, tendo presentado a súa solicitude de participación no concurso no prazo inicial, non desexen efectuar ningunha modificación no/s destino/s seleccionados, non terán que realizar ningunha actuación.”

 
Modificación convocatorias traslados externos Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Luns, 03 Marzo 2014 10:51

Está previsto que o martes 4 de marzo se publiquen en DOG as resolucións polas que se modifican as convocatorias do concurso de traslados das categorías de persoal licenciado sanitario, diplomado sanitario e  de formación profesional,  coa reapertura, nas categorías afectadas, dun prazo dun mes contado a partir do mércores 5 para a presentación de solicitudes.   

 
Nota aclaratoria do SERGAS sobre a corrección de erros da convocatoria de traslados externos Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Luns, 24 Febreiro 2014 07:33

Ante a avalancha de dúbidas e preguntas que o persoal formulaba sobre a corrección de erros de traslados comunicada polo SERGAS, a CIG púxose en contacto coa dirección de Recursos Humanos para que emitiran unha nota aclaratoria sobre o tema. Non sen resistencia, aquí chega a nota aclaratoria, xusto o día en que remata o prazo inicial da convocatoria. Lembrade que só as categorías que se recollen nesta nota terán un segundo prazo:

 


TRASLADOS_SERGASComo nota aclaratoria á remitida por este centro directivo en relación ao concurso de traslados en tramitación informámoslle que está previsto que en próximas datas se publique no Diario Oficial de Galicia unha corrección de erros dos Anexos III e IV da convocatoria que afectará as categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, médico/a de familia, pediatra de atención primaria, técnico/a de anatomía patolóxica, fisioterapeuta, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico e técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.


Poderán presentar solicitude de participación neste prazo todas aquelas persoas das categorías afectadas que desexen participar no concurso de traslados, tivesen ou non presentado solicitude de participación no prazo inicial.


Aqueles profesionais das categorías afectadas pola corrección, que tendo presentado a súa solicitude de participación no concurso no prazo inicial, desexen modificar algún/s do/s destinos seleccionados, poderán efectualo mediante a formalización a través de Fides/expedient-e e a presentación en prazo na forma disposta na base sétima da convocatoria, dunha nova solicitude de participación, que deixará sen efecto a inicialmente presentada, e na que deberán relacionarse cada un dos destinos seleccionados e a súa nova orde de prelación. Esta solicitude non requirirá a entrega da documentación achegada xunto coa instancia inicial.


Aqueles profesionais que, tendo presentado a súa solicitude de participación no concurso no prazo inicial, non desexen efectuar ningunha modificación no/s destino/s seleccionados, non terán que realizar ningunha actuación.”

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>