facebook     twitter

gripe
eu-galego
Cobertura de 108 prazas na Area Sanitaria de Vigo Imprimir Correo-e
Contratacións
Venres, 24 Xaneiro 2020 20:42

 

Cobertura  de 108 prazas na Area Sanitaria de Vigo, mediante nomeamento de interinidade en praza vacante ou nomeamento de interinidade por substitución de titular con dereito a reserva de praza, do cadro de persoal.

CIG-SAUDE-logo

— 62 prazas de Enfermeira/o febreiro

— 36 prazas de TCAE (técnico/a en coidados auxiliares de enfermería) marzo

— 1 praza de Enfermeira/o Especialista en saúde mental febreiro

— 1 praza de Técnico en Farmacia febreiro

— 2 prazas de Técnico superior en imaxe para o diagnóstico clínico (unha con licencia de medicina nuclear) febreiro

— 4 prazas de Técnico superior en Laboratorio. febreiro

— 1 celador/a marzo

— 1 Aux.Administrativo febreiro 

 

Os chamamentos comenzarán a realizarse o día 27/01/2020 co persoal dispoñible a 17 de febreiro de 2020 e 1 de marzo de 2020, data na que está prevista a formalización dos vínculos e comenzo da prestación.

 

Prazas enfermeiras

 

Prazas TCAE

 

 

 

 
Publicación de lugar e data de exame da fase de oposición de diversas categorías Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 24 Xaneiro 2020 00:09

O xoves 23 de xaneiro publícouse no DOG o lugar e data de exame da fase de oposición de diversas categorías:  

cig-saude-vigo4

 

Enfermeira/a especialista 

Enfermeira especialista 

Fisioterapeuta 

Data: 9 de febreiro de 2020. 

Hora: 9.30 horas. 
Lugar: recinto da Feira Internacional de Galicia; avenida Recinto Feiral, s/n. Silleda (Pontevedra). 

Persoal de servizos xerais

Data: 8 de febreiro de 2020. 

Hora: 15.30 horas. 
Lugar: recinto da Feira Internacional de Galicia; avenida Recinto Feiral, s/n, Silleda (Pontevedra).
 
Cursos online mes de xaneiro Imprimir Correo-e
Formación
Venres, 10 Xaneiro 2020 08:36

 

Inscríbete en www.costalugoformacion.es

 

Prezos especiais para afiliados/as

 

Curso CELADORES corrixido

 

Cursos dirixidos a CELADORES/AS: 

- Funcións do/a celador/a no servizo de urxencias e emerxencias

- Funcións do/a celador/a na unidade de coidados intensivos


Curso TODAS AS CATEGORIAS

 

Cursos dirixidos a TODAS AS CATEGORÍAS:

- Manexo de situacións de violencia externa en institucións sanitarias

- Habilidades sociais e de comunicación cos/as usuarios en institucións sanitarias

- Violencia de xénero. Detección e abordaxe en institucións sanitarias

- Funcións do/a celador/a en quirófano

 
Convocatoria Mobilidade Interna enfermeira especialista saúde mental Imprimir Correo-e
Traslados
Xoves, 02 Xaneiro 2020 07:47

 

O martes 31 de decembro de 2019 publícouse nos taboleiros de anuncios e na Intranet da Área Sanitaria de Vigo a documentación relativa á publicación da convocatoria do concurso de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo do ámbito de atención hospitalaria correspondente á categoría de enfermería especialista en saúde mental.

Traslados

 

O prazo para presentar as solicitudes, vía electrónica, é ata o venres 31 de xaneiro ás 14 horas.

 

RESOLUCIÓN

 
Publicación convocatorias OPE diversas categorías Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 30 Decembro 2019 07:50

 

O venres 27 de decembro publicouse no DOG as convocatorias do concurso-oposición das seguintes categorías:

 

Médico/a de urxencias hospitalarias e médico/a asistencial do 061

 

MUH

Médico/a de admisión e documentación clínica

Med Admision

 

Facultativo/a especialista de área

 

FEAs 1

FEAs 2

FEAs 3

 

Prazo de presentación de solicitudes: do 30 de decembro de 2019 ata o 31 de xaneiro de 2020.

 
CIG-Saúde gaña as eleccións sindicais en Alborada Imprimir Correo-e
Privada
Martes, 10 Decembro 2019 19:00

 Alborada

 

CIG-Saúde gañou as eleccións sindicais en Alborada (Asociación cidadá de loita contra a droga) celebradas o luns 9 de decembro de 2019

Elixíanse 5 delegadas, 1 no colexio de non cualificados e 4 no colexio de cualificados.

 

CIG-Saúde conseguiu 4 dos 5 delegados/as en total, o único do colexio de non cualificados e 3 no colexio de cualificados sendo o cuarto neste colexio para CCOO.

Parabéns

 

Total:

CIG-Saúde 4

CCOO 1


 
CIG-Saúde apoia a loita en defensa dos servizos públicos no hospital de Verín Imprimir Correo-e
Inicio
Mércores, 04 Decembro 2019 10:25

Amosamos o noso rexeitamento ás políticas sanitarias do PP “que vulneran os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres”

 

 

CIG-Saúde oponse ao peche do servizo de maternidade hospitalaria


CIG-Saúde trasladou publicamente o seu apoio ás mulleres que están a defender os servizos públicos do hospital de Verín “para ter dereito a unha asistencia sanitaria pública de calidade e de proximidade”. Dende a central rexeitan o peche do servizo de maternidade hospitalaria e denuncian as políticas sanitarias do PP “que vulneran os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres”.


CIG-Saúde entendemos que ningunha persoa pode ser penalizada no acceso á sanidade pública polo seu lugar de residencia, ao tempo que esixen que os orzamentos sanitarios vaian dirixidos a dar cobertura integral ao programa da muller. 


Neste senso, incidimos en que a falta de profesionais non pode ser unha escusa para desmantelar a sanidade pública. “Se non hai profesionais é responsabilidade dos xestores sanitarios, nomeadamente do actual xerente da área sanitaria de Ourense, que durante a súa etapa de director xeral de Asistencia Sanitaria dedicouse a amortizar prazas de profesionais”.


Por todo isto, dende a CIG-Saúde facemos un chamamento a todas as mulleres a participar nas mobilizacións convocadas para este mércores día 4. “Os recortes sanitarios nas prestacións que afectan ás mulleres son unha agresión a todas, e todas debemos respostar contundentemente contra elas”.

 
Publicación listas provisionais fase de concurso de OPE diversas categorías Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 02 Decembro 2019 12:47

 

O luns 2 de decembro 2019 publícanse no DOG as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo das seguintes categorías:

Ope

 

Prazo de reclamacións: DEZ días hábiles a partir do día seguinte da publicación no DOG (do 3 ao 17 de decembro de 2019)

As reclamacións dirixiranse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>