facebook     twitter

gripe
eu-galego
EOXI
Cobertura de persoal de enfermería do SERGAS nas residencias Imprimir
EOXI - Xeral
Venres, 03 Abril 2020 18:46

Información facilitada pola Xerencia da Área Sanitaria de Vigo

 

Dada a situación de imposibilidade de cobertura de postos de enfermería en residencias de maiores por parte de enfermeiras, sendo neste intre dito persoal a cargo da Area Sanitaria como si fora unha planta de hospitalización mais, a partir de este momento no que se ten dada a primeira volta de voluntariedade de cobertura, a segunda volta será obrigatoria a cobertura , coas penalizacións correspondentes por renuncia

 

Os contratos serán de 2 meses

 

Dado que se trata de cobertura de pacientes COVID + se dará a formación correspondente e estarán exentas as persoas con informe de UPRL e aquelas maiores de 60 anos

 
Suspensión prazo para solicitar as vacacións Imprimir
EOXI - Xeral
Mércores, 01 Abril 2020 11:33

cig_informa

 

RESOLUCIÓN DO 30 DE MARZO DE 2020, DA XERENCIA DA AREA SANITARIA DE VIGO POLA QUE SE DEIXAN EN SUSPENSO OS PRAZOS DE TRAMITACIÓN DOS CALENDARIOS DO PERIODO ORDINARIO DE VACACIÓNS PREVISTOS NA RESOLUCIÓN DA XERENCIA, DO 28 DE FEBRERO DE 2020, POLA QUE SE DITAN INSTRUCIÓNS SOBRE O RÉXIME DE VACACIÓNS E PERMISOS 2020 PARA O PERSOAL DO ÁMBITO DA ÁREA SANITARIA.

 

A Resolución do 28 de febreiro de 2020 da Xerencia da Area Sanitaria de Vigo establece no seu apartado 5.1 que as propostas de calendario vacacional para o período ordinario deben ser remitidas polos responsables dos servizos/unidades e centros de atención pritnaria antes do 31 marzo ás direccións correspondentes.


O actual estado de emerxencia sanitaria dificulta a realización de previsións organizativas desa importancia con tanta anticipación, polo que as circunstancias actuais aconsellan adiar a confección dos calendarios.


Pola súa parte, o Real Decreto 463/2020, de 14 de Inarzo (BOE número 67, do 14 de tnarzoh polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria provocada polo COVID„19, establece disposicións que permiten a suspensión de prazos administrativos en tanto permaneza dita situación, medida de suspensión que parece plenamente xustificada para a súa aplicación ao prazo de xestión dos calendarios vacacionais.


Así, esta Xerencia, en exercicio das facultades atribuidas no Decreto 137/2019, do IO de outubro (DOG no 208, do 31 de outubro) polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 05 de xullo de 2012 (DOG no 139, do 20 de xuilo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Gaiego de Saúde, e no Decreto 134/201 9 do 10 de outubro (DOG no 204 do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia.


RESOLVE:

Suspender o prazo do 31 de marzo para a presentación dos calendarios vacacionais para o periodo ordinario, establecido no apartado 5,1 das vixentes Instrucións sobre vacacións e permisos para o ano 2020.


SERVtZO Área Sanitarla de Vigo

 

O novo prazo de presentación dos calendarios vacacionais determinarase por Resolucíón desta Xerencia unha vez superada a actual situación de emerxencia sanitaria.


Vigo, 30 de marzo de 2020

O xerente da Área Sanyria de Vigo

A: Dirección Asistencial, Dirección de RRHH, Dirección de RREE

 
NOTA INFORMATIVA DA XERENCIA SOBRE POSIBLE CASO CORONAVIRUS Imprimir
EOXI - Xeral
Xoves, 05 Marzo 2020 11:29


A TODO O PERSOAL DO HOSPITAL ALVARO CUNQUEIRO

 

XOVES 4/03/202O 23.30 HORAS

 

Ante o posible caso de coronavirus COVID-19 ( non confirmado) en un paciente varón de 44 anos con domicilio en Vigo, actualmente ingresado e illado en unha planta de hospitalización do Hospital Alvaro Cunqueiro, informámoslle a todo o persoal do Hospital Alvaro Cunqueiro, que na tarde de hoxe (mércores 3 de marzo) realizarónse as investigacións oportunas para seguimento de profesionais que según protocolo estiveron en contacto co paciente, en previsión de un posible positivo na proba de confirmación que se fará no Centro Nacional de Microbiloxia.

 

Trala avaliación anterior, o xefe de servizo de medicina preventiva segundo o establecido nas recomendacións, ten chamado e contactado cos profesionais de diversos colectivos, en función do seu grado de participación nos coidados, que prestaron servizos na planta de hospitalización na que se encontra ingresado o paciente, e tamén ao persoal do servizo de urxencias, para facer o previsto nos protocolos. Así, por precaución, as persoas concretas que ten sido contactadas, qué responden as características establecidas, teñen a indicación de illamento provisorio no seu domicilio. As súas correspondentes quendas teñen sido cubertas con persoal substituto.

 

O servizo de prevención de riscos laborais, fará un seguimento dos/das traballadores/as en illamento provisorio, e resolverá todas as súas dúbidas.

 

Así tamén, a Dirección Xeral de Saúde Pública, está seguindo o protocolo e xa iniciáronse os estudios de contactos fora do hospital para tomar as medidas necesarias.

 

Agradecemos a colaboración de todo o persoal


En Vigo a 4 Marzo de 2020

 

Xerente

Julio García Comesaña

 
Adeus Félix adeus Imprimir
EOXI - Xeral
Venres, 05 Xullo 2019 15:48

 

Diante da noticia do cambio de Xerente da EOXI de Vigo, CIG-Saúde quere manifestar o seguinte:

Logo-CIG-Saude-Vigo

Os problemas da nosa área sanitaria non se resolven cambiando ás persoas que executan as políticas sanitarias da Consellería de Sanidade, a solución pasa por realizar políticas sanitarias diferentes.

É certo que o perfil do Xerente que deixa o cargo xeraba en este momento un rexeitamento maioritario que dificultaba calquera posibilidade de negociar unha saída ao actual conflito que afecta ás e os profesionais da Atención Primaria. Por esta razón a solicitude da súa dimisión ou cese encabezaba a táboa reivindicativa da Atención Primaria.

A Atención Primaria na Área sanitaria de Vigo está nunhas condicións de gravidade que non se dan noutras áreas e que precisan medidas especificas con carácter urxente.

A posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro e a reorganización da area sanitaria, con menos recursos asistenciais dos inicialmente previstos tamén provocou dificultades da atención hospitalaria para dar resposta ás necesidades da cidadanía de referencia, como se demostra co mantemento das listas de espera e coas dificultades de acceso dos pacientes remitidos desde a atención primaria.

O cambio de Xerente so sería unha boa noticia para a nosa área sanitaria se viñera acompañado de verdadeira vontade de negociar a posta en marcha das melloras urxentes que necesitamos, que non necesitan de profundos análises nin de opinións de supostos expertos, chega con escoitar as demandas realizadas en repetidas ocasións polos profesionais.


O novo xerente é Julio Garcia Comesaña, vello coñecido por xa ter ostentado cargos na EOXI de Vigo. Dende marzo de 2018 foi xerente da EOXI de Ourense logo de exercer como director asistencial na EOXI de Vigo.

 

Julio-Comesana


 
Convocatoria prazas encargada/o de quenda de celadoras/es na EOXI de Vigo Imprimir
EOXI - Xeral
Mércores, 19 Xuño 2019 07:25

 

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a Resolución CM 14/2019 da mesma data, de convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de varios postos de encargado de quenda de celadores.

Denominación dos postos:

Encargado de quenda de celadores-urxencias.

Encargado de quenda de celadores-servizos xerais (2 postos).

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes totais: 3.


RESOLUCIÓN

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>