facebook     twitter

gripe
eu-galego
EOXI
Problemática nas substitucións no Nadal Imprimir
EOXI - Xeral
Mércores, 16 Decembro 2015 12:51

Segundo nos informa a dirección da EOXI de Vigo en xuntanza coa Xunta de Persoal, en Vigo hai unha listaxe de 1500 DUEs nas listas de contratación e que están en suspensión de chamamentos 907. Recórrese a 90 das incorporadas nas listas en xuño das cales so están dispoñibles 50, tamén levantáronse as sancións nas listas.

 cig-saude-vigo4

As listaxes limítrofes están esgotadas.

 

Ampliouse o prazo para Lds ata o 31 de xaneiro.

 

Ante todas estas limitacións hai que engadir, que polo traslado ao novo hospital, se atrasaron as vacacións dalgún persoal que agora as pediu en decembro e xaneiro.

Tamén hai un repunte das IT (baixas)

 

Van garantir que o 30% do persoal sexa veterano e limitar a 4 días os días de permisos nestas datas para que a maior parte posible do persoal poda gozar dunha semana no Nadal.

 

Aínda así creen que non vai ser suficiente para subsanar a situación e que entón terán que tomar medidas extraordinarias, van atrasar todos os permisos ata o 30 de abril, incluídas as vacación pendentes.

 

O 23 de xaneiro (día da OPE) non se van conceder días.

 

En caso de que con estas medidas non foxen suficientes anularíanse os permisos en base a uns criterios, embarazadas, con fillos ou persoal a cargo, vacacións.

 

Onde haxa actividade programada, concretamente no Meixoeiro, poden suspendela para recorrer a ese persoal.

 

Sobre a nota que esta circulando por aí de que ían pagar 117 € por xornada, desmenten rotundamente que iso non saíu de dirección e é un bulo.


PRIMARIA:

A dirección di que o que está autoorgañizado en primaria non se vai tocar.

 

Van fomentar a voluntariedade.

 

En primaria hai dous colectivos afectados, pediatras e médicos de familia. En pediatría as listaxes son case nulas, mirarán medidas organizativas como contrato continuado (acúmulos) limitando a 4 días máximo.

 

Médicos de familia hai 10 substitutos dispoñibles e teñen 10 bloques definidos. Hai PAC de 1 presenza e PAC DE 2. En ordinaria 1 único médico, falta Goian por resolver, no resto pensan que van encaixar todo.

 

Nos PAC de Vigo hai pouca petición de días, van estudar alternativas ocorrentes do persoal que poden valer.

 

DUEs de primaria faltan 4 centros por solucionar (Cangas, Moaña, Cañiza e N. Peña) o resto está encauzado.

 

Dende CIG-Saúde fixémoslle a dirección unha crítica sobre todo este proceso, que o SERGAS actuou con gran irresponsabilidade neste asunto por convocar a OPE nestas datas, cunha falta de previsión e cun alto grao de incompetencia. Dende logo non se recorda unha situación semellante. Todo un reto para o persoal, que terá que traballar baixo mínimos.

 
Problemática nas substitucións de enfermeiras Imprimir
EOXI - Xeral
Xoves, 10 Decembro 2015 16:43

Dada a problemática pola falta de persoal de enfermería nas listas de contratación na Área sanitaria de Vigo durante o mes de decembro e  xaneiro, CIG-Saúde manifestoulle á directora de Recursos Humanos da  EOXI de Vigo a falta de previsión para intentar paliar a situación que  agora estase a vivir, por un lado criticamos ao SERGAS por convocar os  exames da OPE nestas datas  (23 xaneiro) onde hai tanta oferta de  contratación para cubrir os permisos do persoal e dado que moita xente  ía solicitar suspensión de chamamentos para preparar o exame, a isto  súmase os permisos polas eleccións do día 20 de decembro e os permisos por vacacións, LDs e demais nestas datas.


Ante esta falta de previsión lle propuxemos á dirección que ampliase o  prazo para solicitar os LDs ata o 31 de xaneiro en vez do 15 para paliar  no que sexa posible ese efecto de falta de persoal.


En caso de falta de persoal e para garantir a asistencia sanitaria básica, a dirección vai reconducir o tema dos permisos concedidos para dar prioridade aos permisos segundo criterios de preferencia, vacacións, LD  e resto de permisos (por trienios e adicionais de vacacións), estes  últimos correspondentes ao 2015 poderanse gozar ata o 30 de abril.


Unha vez mais a improvisación e a falta de visión de futuro a corto e  medio prazo ocasiona que se poidan tomar medidas restritivas prexudiciais para o persoal.


Esperemos que non se chegue a producir esta situación restritiva e todo o persoal poda gozar dos días que solicitou nestas datas.

 
Cambios na dirección da EOXI de Vigo Imprimir
EOXI - Xeral
Mércores, 25 Novembro 2015 18:33

O mércores 25 de novembro as 13:30 horas no salón de actos do Novo Hospital de Vigo o xerente da EOXI de Vigo Félix Rubial presentoulle á Xunta de Persoal a nova composición do equipo directivo.

 Nova-direccion-nov-2015

Os cambios son os seguintes:

 

  • Julio García Comesaña: director de Procesos Asistenciais, substitúe a Mar Vélez


  • Ana Comesaña: directora de Recursos Humanos, substitúe a José Mª Solís.


  • Javier Puente: director de soporte, substitúe a Ana Saracho.

 

  • Mariola Rodríguez: directora de procesos sen ingreso (zoa ambulatoria, centros de saúde e urxencias), substitúe a Javier Caramés.

 

  • Elena Lorenzo Llauger: subdirectora de procesos sen ingreso, substitúe a Benito Rodríguez

 

  • Ana Estévez: Subdirectora de enfermería, substitúe a Belén Vázquez

 

Dende CIG-Saúde creemos que non basta con cambio de caras se non de política sanitaria e de modelo sanitario público polo que seguimos demandando a reconversión do hospital nun centro sanitario 100% público.

 

Tamén seguimos esixindo a dimisión do xerente por ser participe da situación de precariedade que viviu e vive o hospital, pola irresponsabilidade de facer un traslado precipitado e de forma temeraria.

 
PECHE Imprimir
EOXI - Xeral
Luns, 28 Setembro 2015 15:55

Peche

 
Anuncio peche da cociña do H. Xeral Imprimir
EOXI - Xeral
Mércores, 16 Setembro 2015 17:16

Segundo apareceu anunciado nun comunicado no hospital, o próximo xoves 24 de setembro pecha a cociña do hospital Xeral, dando comezo o venres 25 un curso de celadores/as para o persoal reclasificado.


Peche-pinches

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>