facebook     twitter

gripe
eu-galego
EOXI
Protesta contra o pagamento por aparcar no Novo Hospital de Vigo Imprimir
EOXI - Xeral
Venres, 07 Agosto 2015 07:33

O xoves 6 de agosto ás 12:30 realizouse unha concentración no Novo Hospital de Vigo contra o pagamento no aparcadoiro do hospital.  A concentración foi moi numerosa, onde mais de 300 persoas percorreron o recinto do hospital manifestando o rexeitamento a pagar por aparcar, tanto por ir a traballar como para asistir ao hospital a recibir asistencia sanitaria. Lembramos que nos arredores do hospital non hai alternativa para aparcar gratuitamente polo que consideramos un atraco ter que pagar por aparcar.

Concentracio-NHV-parking

Na concentración berráronse frases como, conselleira dimisión, Feijoo Vigo non se vende, o parking de pago eu non o pago, etc.

 

Ante esta situación vanse incrementar as protestas e boicot ao pagamento polo aparcadoiro. 

 
Concentración contra o pagamento no aparcadoiro do novo hospital Imprimir
EOXI - Xeral
Mércores, 05 Agosto 2015 07:49

 

CONCENTRACIÓN CONTRA O PAGAMENTO NO APARCADOIRO DO NOVO HOSPITAL

 

 

XOVES 6 DE AGOSTO 

 

 

ÁS 12:30 DIANTE DA CAFETERÍA DO NOVO HOSPITAL DE VIGO

 

Os propietarios do novo hospital estanse adicando a quitar os carteis que anuncian a concentración. Que sepan que voltaremos a colocalos. 



CONVOCA A COMISIÓN DE CENTRO 

 
Plan de Ordenación de Recursos Humanos da EOXI de Vigo Imprimir
EOXI - Xeral
Sábado, 25 Xullo 2015 08:34

 

Publicouse o venres 24 de Xullo  o Plan de ordenación de recursos humanos de determinados servizos non clínicos da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo.

 

Este plan entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.


Servizos incluídos no ámbito de aplicación


1. Os servizos que, de acordo co prego de cláusulas administrativas particulares que rexeu a licitación, quedarán afectados pola concesión e polo presente plan, son os seguintes:

a) Restauración.

b) Lavandaría e lenzaría.

c) Limpeza.

d) Mantemento xeral.

e) Transporte interno/externo.

f) Conservación de vías e xardíns do novo hospital de Vigo.


2. No entanto, a inclusión na anterior relación do servizo de mantemento xeral refírese ao que se desenvolverá no novo hospital de Vigo, sen que resulte afectado o propio do Hospital do Meixoeiro e outros centros da EOXI de Vigo.


Do mesmo xeito, o servizo de transporte interno/externo que se menciona é o relativo ao Complexo Hospitalario de Vigo, sen que resulte tampouco afectado o propio das restantes dependencias e centros da EOXI de Vigo.


Cuarto. Persoal incluído no ámbito de aplicación


1. O persoal incluído no ámbito de aplicación deste plan é o persoal estatutario de xestión e servizos que desenvolva as súas funcións nalgún dos servizos ou unidades sinaladas no número 1 do punto anterior, pertencente ás seguintes categorías:


a) Cociñeiro/a.

b) Pinche.

c) Gobernante/a.

d) Lavandeiro/a.

e) Pasador/a de ferro.

f) Costureiro/a.

g) Limpador/a.


Na actualidade a EOXI de Vigo dispón, nos servizos e unidades que se especifican dos seguintes efectivos:


a) 14 cociñeiros/as.

b) 113 pinches.

c) Cinco gobernantes/as.

d) 18 lavandeiros/as.

e) 43 pasadores/as de ferro.

f) Sete costureiros/as.

g) Cinco limpadores/as.

 

 

Categoría de reclasificación

 

 

1- Cociñeiro/a

Grupo administrativo da función administrativa

 

2 -Gobernante/a

Grupo auxiliar da función administrativa

 

3 - Costureiro/a

Grupo auxiliar da función administrativa

 

4 - Lavandeiro/a, Limpador/a, Pinche e Pasador/a de ferro

Celador/a

 

 

DOG Plan funcional

 

 
Información sobre o traslado ao novo hospital Imprimir
EOXI - Xeral
Venres, 03 Xullo 2015 08:38

Axuntamos información que nos remite a dirección sobre o traslado ao novo hospital de Vigo referente a taquillas, vestiarios, uniformidade, máquinas de vending e trasporte intercentros.

Información.

 
PLAN FORMATIVO PARA A CAPACITACIÓN E ADAPTACION A CELADOR/A Imprimir
EOXI - Xeral
Xoves, 02 Xullo 2015 12:18

Achegamos o PLAN FORMATIVO PARA A CAPACITACIÓN E ADAPTACION A CELADOR/A con vistas á reclasificación a celadoras/es do persoal das categorías de pinches, lavandeiras, pasadoras de ferro e costura.

 

PLAN

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>