facebook     twitter

gripe
eu-galego
EOXI
Manifestación contra o peche de camas e contra os recortes Imprimir
EOXI - Xeral
Xoves, 11 Xuño 2015 21:04

Mani-16-xuo

 
50 sombras da sanidade pública galega Imprimir
EOXI - Xeral
Domingo, 03 Maio 2015 18:51

 
Xuntanzas polo transporte público ao Novo hospital Imprimir
EOXI - Xeral
Luns, 27 Abril 2015 08:25

CIG-Saúde mantivo o día 8 de abril unha xuntanza coa Concellería de Transporte do Concello de Vigo e o día 16 de abril coa Directora Xeral de Mobilidade da Xunta de Galiza,  para abordar o tema do TRANSPORTE PÚBLICO a o Novo Hospital de Vigo.

 

O noso obxectivo era manifestar a nosa preocupación pola falta de información sobre a organización do transporte público ao Novo Hospital de Vigo, tanto urbano como metropolitano ou interurbano, tendo en conta a súa próxima apertura.

Bus


Desde CIG-Saúde constatamos que a día de hoxe, a realidade é a carencia de planificación, nin desde o Concello de Vigo nin desde a Xunta de Galiza se teñen tomado as medidas necesarias para garantir un servizo esencial tanto para a cidadanía como para as traballadoras e traballadores.

 

CIG-Saúde expresou, nas dúas reunións, a súa vontade de aportar toda a información necesaria para a mellor organización do transporte.


No que fai referencia ás traballadoras e traballadores é necesario ter en conta que o noso horario é : Quenda mañá de 8 a 15h; Quenda tarde de 15h a 22; Quenda de noite de 22h a 8h. Pero isto é real en parte posto que a entrada ao posto de traballo precisa que esteamos presentes con 30min de antelación o que significa que as liñas de transporte contemplen a chegada ao NHV as 7.30h, as 14.30h e as 21.30hs. Por outra banda ocorre o mesmo para as saídas, polo que debería ser reforzado  o servizo ás 8.30h, as 15.30h e as 22.30h.


Sobra dicir que o noso traballo é continuo, polo tanto as liñas non deben sufrir un menoscabo en días festivos, sen ter en conta o tipo de festivo: Nadal, festivos locais, etc. Traballamos os 365 días do ano as 24 horas do día.


Do mesmo xeito, tanto o transporte metropolitano como o urbano deberá estar coordinado en horarios, xa que este hospital é referencia para unha extensa rede de municipios da provincia, e non nos referimos so ao transporte por estrada se non tamén ao ferrocarril e transporte de ría.


Temos que insistir na necesidade de reforzar as liñas que a día de hoxe cobren o Hospital Meixoeiro, posto que son totalmente insuficientes e pouco coordinadas coas necesidades das traballadoras e traballadores, polo que o seu uso é escaso. Ter en conta que co traslado ao Meixoeiro de consultas que até agora se realizaban no centro de especialidades de Coia, como a Dermatoloxía, estes servizos deben ser reforzados para dar servizo á cidadanía.


O venres 24 de abril nos chamou o Director Xeral de VITRASA para manter unha xuntanza cos representantes dos traballadores/as para falar do asunto. Ao parecer están empezando a mirar este tema pero sen nada en concreto de momento.


Logo de toda a campaña sobre este asunto realizada por CIG-Saúde, observamos que hai “vontade” por parte dos distintos responsables pero nada concreto ao respecto. Esperamos que a partir de agora se poñan as pilas e concreten solucións para un transporte público compatible coas necesidade te traballadoras/es e usuarios.

 
Marcha ata o novo hospital Imprimir
EOXI - Xeral
Sábado, 25 Abril 2015 23:15

O sábado 25 de abril ás 11 da mañá saíu a marcha convocada polas traballadoras e traballadores do CHUVI dende a Praza América ata o novo hospital de Vigo para reivindicar transporte publico e compatible cos horarios do persoal e pola gratuidade do aparcadoiro no novo hospital de Vigo. Na marcha participaron unhas 200 persoas que tardaron unha hora en percorrer os case 5 km dende o inicio ata o novo hospital.

 

Durante a marcha se berraron consignas en defensa da gratuidade do aparcadoiro e por un transporte digno e que reúna as necesidades de traballadoras e usuarios.

 

Ao chegar ao hospital se berraron entre outras frases, aquí está, aquí se ve o hospital privado do PP.

Marcha-novo-hospital


CIG-Saúde apoiou esta mobilización logo de facer dúas campañas de recollida de sinaturas entre o persoal para reclamar a gratuidade do aparcadoiro e polo transporte público.

 

Tamen mantivo xuntanzas con representantes do Concello de Vigo e da Xunta de Galiza para buscar solucións a estes asuntos, sen que ambas administracións nos ofreceran ningunha aportación concreta. Tamén se solicitou unha xuntanza con VITRASA, que nas próximas datas tamén nos informarán sobre o transporte urbano. 

 
Presentación do novo xerente da EOXI de Vigo Imprimir
EOXI - Xeral
Venres, 24 Abril 2015 17:44

O venres 24 de abril ás 12 da mañá tivo lugar no salón de actos do hospital Xeral a presentación do novo xerente da EOXI de Vigo Félix Rubial. Nuns discursos moi retóricos e previsibles, tanto o novo xerente como a conselleira, Rocio Mosquera, non aportaron nada concreto sobre o futuro inmediato do novo hospital. A conselleira nunha intervención moi básica, mais propia dunha redacción de parvuliños e de moi baixo nivel intelectual, como é propio nela, recreouse en cuestións persoais  cara ao novo xerente e de agradecemento forzado para o xerente saínte Mario González.

Presentacin-Felix-Rubial-xerente

Pola súa parte o xerente saínte, nunha intervención para a ocasión e chea de agradecementos, despediuse desexando un bo futuro para o novo hospital e desexoulle moita sorte ao seu sucesor.


O novo xerente aceptou o reto de guiar a transición da infraestrutura sanitaria con ilusión pero sen sinalar ningunha concreción nos temas mais preocupantes tanto no aspecto laboral do persoal como no asistencial.


En definitiva, un acto sen fondo e deseñado para cubrir o trámite.


 

Ao acto acudiron membros de CIG-Saúde e do Satse ataviados coa camiseta de Hospital 100% Público que berraron: conselleira dimisión, a privatización é corrupción, o público é servizo o privado beneficio.

 

Este acto de protesta estaba notificado ao resto dos sindicatos da Xunta de Persoal, UGT, CSIF, SAE, CCOO e CESM-OMEGA.

 

 

 

UGT, CSIF e SAE acudiron ao acto sentandose nas butacas do salón de actos sen participar na protesta. 

 

 

CIG-Saúde continuará manifestandose en contra das políticas privatizadoras da sanidade pública e defendendo os dereitos laborais das traballadoras e traballadores.

 



NON Á PRIVATIZACIÓN


 EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA  


CONSELLEIRA DIMISIÓN

 

 

 

 

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>