facebook     twitter

gripe
eu-galego
EOXI
Protocolo de actuación en caso de accidente de traballo na EOXI de Vigo Imprimir
EOXI - Xeral
Xoves, 16 Abril 2015 11:46

Logo da campaña realizada por CIG-SAÚDE sobre como actuar en caso de accidente laboral, a EOXI de Vigo acaba de enviar un correo a todo o persoal  sobre como comunicar os danos á saúde das traballadoras/es.

 

Segundo indica a EOXI nun correo interno ao persoal:

 

“No marco dos obxectivos de modernización na xestión de recursos humanos e de mellora continua na seguridade e saúde, e co fin de unificar criterios a nivel do Servizo Galego de Saúde, vaise implantar na Estrutura de Xestión Integrada de Vigo, tanto no ámbito de Atención Primaria como de Especializada, un novo aplicativo informático para a comunicación dos danos á saúde dos traballadores, coa clara intención de ter un único sistema de comunicación dos posibles danos á saúde dos traballadores.

 

Este novo sistema para a comunicación dos posibles danos á saúde  levarase a cabo a través do aplicativo corporativo “XesD@ “(Xestión de Danos) que empezará a utilizarse, de xeito xeneralizado na EOXI de Vigo, a partir do próximo día 13 de abril.

 

A tal efecto, elaborouse o procedemento de actuación en caso de accidente de traballo na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo, que se atopa na intranet da EOXI, para a súa consulta.”

 

 

Por fin e despois de anos sen ningún tipo de información ao respecto, podemos ter unhas instrución tanto para o persoal de Especializada como de Primaria.

 

 

PROTOCOLO

 

 

 

 
Fuxida do xerente da EOXI de Vigo Imprimir
EOXI - Xeral
Luns, 13 Abril 2015 11:52

Diante das noticias aparecidas na prensa sobre o relevo do Xerente da EOXI de Vigo, CIG-Saúde esixe á Conselleira de Sanidade que informe das verdadeiras razóns deste relevo.

 

Se a causa da marcha do Xerente é a súa incapacidade para facer o traslado ao Novo Hospital cos criterios que lle marca a Consellaría de Sanidade, esiximos que se clarifique cales son eses criterios e como afectan á continuidade da asistencia sanitaria nun momento tan complicado para a Área Sanitaria de Vigo.

 

Protesta-Xerente-Nicolas-Penha

Mario González chegou a Vigo en marzo do 2013 co obxectivo de xestionar a unificación de servizos do CHUVI e o traslado ao Novo Hospital de Vigo, o feito de que marche antes pon de manifesto o seu fracaso. Nin foi quen de unificar os servizos, nin de integrar a parte asistencial de Galaria, nin de cubrir os postos de xefaturas de servizos esenciais para o funcionamento do Novo Hospital.

 

A súa etapa estivo marcada pola absoluta falta de información sobre o plan funcional do Novo Hospital e a perda de recursos e potencialidades da área sanitaria de Vigo, co obxectivo de favorecer os intereses da empresa concesionaria do Novo Hospital. Cando chegou xa dixo que viña a executar a política que lle marcaran desde a Consellería, en ningún momento apareceu como defensor de máis recursos para a área sanitaria.

 

A poucos meses do traslado non temos información de que persoas van a mudar de posto de traballo nin de como van quedar situados na reordenación da área sanitaria trala apertura do novo hospital. Nin temos a foto inicial da que partimos nin a final á que temos que chegar, nin sabemos os criterios cos que se efectuará o traslado.

 

Entre outras"virtudes"... o secretismo e oscurantismo foi a súa forma de xestión. 

 

Sobre os rumores da candidata para substituílo, Ana Sánchez, preocúpanos que se trate dunha persoa contratada, a través de Galaria, que co seu traballo está a garantir os beneficios da empresa concesionaria do Novo Hospital, e que ademais ven de ocupar cargos na Sanidade Pública Madrileña, precisamente cando se puxo en marcha a súa privatización.

 

CIG-Saúde solicita ao SERGAS que publique de inmediato a dotación de servizos e o cadro de persoal do novo hospital de Vigo.

 
Transporte para o novo hospital de Vigo Imprimir
EOXI - Xeral
Venres, 10 Abril 2015 12:17

CIG-Saúde mantivo o mércores 8 de abril unha xuntanza coa Concellería de Transporte para abordar un tema de grande interese público como é o TRANSPORTE PÚBLICO a o Novo Hospital de Vigo.

 

A reunión estaba solicitada e concedida co Concelleiro David Regades, responsable dos temas de transporte, alí fomos informados que non podía estar presente e fomos atendidos por unha Técnico da Concellería.

 

O noso obxectivo era manifestar a nosa preocupación pola falta de información sobre a organización do transporte ao Novo Hospital de Vigo, tendo en conta a súa próxima apertura.

 

 Bus

Desde CIG-Saúde constatamos que a día de hoxe, a realidade é a carencia de planificación.


Desde a Concellería informóusenos dunha reunión mantida co SERGAS no mes de xaneiro, para ter información sobre as necesidades de transporte xeradas polos cambios organizativos e de centros  na Área Sanitaria de Vigo. Esta información pasouse á empresa concesionaria do transporte, que quedou en elaborar un plan.

 

CIG-Saúde expresou a súa vontade de aportar toda a información necesaria para a mellor organización do transporte.

 

Desde a Concellería quedouse en que nos informarían cando xa tiveran algo planificado.

 

CIG-Saúde SEGUIRÁ A ESIXIR UNHA REDE TRANSPORTE PÚBLICA  PARA O NHV AXEITADA ÁS NECESIDADES DAS E DOS TRABALLADORES E DA CIDADANÍA.

 

 
Rede de transporte público para o novo hospital de Vigo Imprimir
EOXI - Xeral
Martes, 24 Marzo 2015 14:25

 

CIG-Saúde demanda das autoridades competentes, tanto dos Concellos da área sanitaria como da Xunta, que planifique e poña en marcha unha rede de transporte público para o Novo Hospital de Vigo.


Esta rede de transporte ten que supoñer unha alternativa real ao uso de vehículo propio, tanto en número de liñas como en horarios que teñan en conta  as quendas de entrada e saída das traballadoras e traballadores e as necesidades das e dos pacientes e dos seus familiares, incluíndo días laborables e festivos.

 

Transporte-publico-NHV

Do mesmo xeito este transporte debe ter unha coordinación axeitada entre os diversos tipos de transportes públicos da área sanitaria, tendo en conta que o NHV vai dar servizo a usuarias e usuarios procedentes de lugares moi distantes. Esta rede de transporte público ten que ser a verdadeira alternativa ao transporte privado e ao que iso supón, contaminación, gasto en combustible e o pagamento do aparcadoiro no Novo Hospital.

 

Desde CIG-Saúde solicitouse información en decembro do 2014, tanto do Concello de Vigo como da Xunta de Galiza, para coñecer a planificación realizada tanto no transporte público urbano como no do conxunto da área sanitaria e non tivemos resposta.

 

CIG-Saúde DENUNCIA a falta de información e o uso do silencio como ferramenta no que compete ao TRANSPORTE PÚBLICO ao Novo Hospital de Vigo.

 

 

Escrito dirixido á Delegada da Xunta en Vigo

 

 

Escrito Dirixido ao Concello de Vigo

 

 

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>