facebook     twitter

gripe
eu-galego
EOXI
Sobre o aparcadoiro no hospital Álvaro Cunqueiro Imprimir
EOXI - Xeral
Luns, 14 Agosto 2017 08:40

Ante a noticia sobre as obras do aparcadoiro municipal no Hospital Álvaro Cunqueiro.


CIG-SAÚDE da comarca de Vigo solicitou o pasado 6 de febreiro ante a EOXI de Vigo información sobre os terreos anexos ao hospital e que na actualidade están sen urbanizar e algún incluso permanece valado. Na solicitude se incluía a posibilidade de utilizar eses terreos para ampliar as prazas de aparcamento existentes, creando unha alternativa gratuíta ao aparcadoiro, privado e de pago, que na actualidade ofrece en exclusiva a empresa propietaria do Hospital Álvaro Cunqueiro co consentimento da Consellería de Sanidade.


Ante esta solicitude, esta xerencia respóndenos alegando que isto non está contemplado nos usos atribuídos no PSIS (Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal) do Novo Hospital de Vigo, e por outra banda consideran que o número actual de prazas son suficientes polo que non está xustificado o uso destes terreos, sen precisar que as prazas actuais son todas de pago.


O Concello de Vigo, diante da falta de alternativa, decide unilateralmente a construcción dun parking municipal “gratuíto para os vigueses”. Dita actuación precisou dun “cambio de uso” dunha parcela anexa ao hospital, e está previsto un orzamento próximo aos 600.000 euros.


CIG-SAÚDE da comarca de Vigo considera que, sendo precisa unha alternativa gratuíta para a totalidade das usuarias e usuarios do Hospital Álvaro Cunqueiro, non debería ser o Concello de Vigo o que se vexa obrigado a dar esta alternativa investindo uns cartos da cidadanía de Vigo, incluso coa posibilidade de ser só gratuíta para estes, por ser esta innecesaria.


CIG-SAÚDE da comarca de Vigo considera que, para ter un aparcamento gratuíto para a totalidade das usuarias e usuarios do Hospital Álvaro Cunqueiro, o máis lóxico sería converter en gratuíto o aparcamento xa construído, que tería capacidade suficiente para dar resposta ás necesidades das usuarias e usuarios. Esta medida choca frontalmente co modelo de hospital-negocio co que se construí o Novo Hospital de Vigo por decisión do Partido Popular.


CIG-SAÚDE da comarca de Vigo entende que ten que ser a Xunta quen facilite a esta poboación a alternativa gratuíta ao aparcadoiro de pago, e para facelo xa dispón de terreos da súa propiedade anexos ao Novo Hospital.


Por todo isto esiximos, unha vez máis dende CIG-SAÚDE, que se habiliten os terreos xa en propiedade do SERGAS para unha alternativa gratuíta ao actual aparcamento privado e de pago

 
Novo documento sobre as vacacións 2017 da EOXI de Vigo Imprimir
EOXI - Xeral
Xoves, 09 Marzo 2017 11:33


Publicounse o martes 7 de marzo na Intranet a Resolución do 6 de marzo de 2017 da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións 2017 para o persoal do ámbito da Xerencia 


Estas instrución non están asinadas nin teñen o respaldo da CIG-Saúde a pesares das rectificacións recollidas, entre outras cousas por ser as terceiras consecutivas en tres anos ou por limitar excesivamente o dereito ao disfrute de permisos no Nadal ao persoal de PAC.

 

 

INSTRUCCIÓNS

 

 

 
Asembleas dereitos roubados Imprimir
EOXI - Xeral
Venres, 03 Marzo 2017 10:39

Asembleas-dereitos-roubados

 
Sectarismo nos correos corporativos da EOXI de Vigo Imprimir
EOXI - Xeral
Luns, 06 Febreiro 2017 13:04


CIG-Saúde denuncia que o pasado mércores 1 de febreiro recibimos polo correos corporativo da EOXI de Vigo un correo con propaganda de contido relixioso católico anunciando un acto que contiña diversos enlaces, un deles á páxina da Conferencia Episcopal.

Monsenor-Rubial

Nos preguntamos se o correo corporativo do SERGAS é para distribuír correos de contido relixioso ou outros contidos de información de organizacións como Vigo Cuidate (vinculadas ou próximas ao partido popular. Si realmente se utiliza esta vía de comunicación para ese tipo de organizacións ou similares reclamamos que tamén se divulgue informacións de outras organizacións que si teñen que ver   co mundo da sanidade pública como son SOS sanidade pública ou Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública, etc. Tamén cremos que deberíanse enviar correos con información da Xunta de Persoal e a Comisión de Centro (máximos órganos de representación das traballadoras e traballadores da EOXI de Vigo). Como exemplo á censura que esta dirección exerce lembramos que a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo foi galardoada coa distinción de Vigueses Distinguidos outorgada polo Concello de Vigo pola súa defensa da sanidade pública e que non foi enviado un correo corporativo ao persoal comunicándolle dita distinción.

 

Tamén lembramos que o xerente, de forma sectaria, actuou como axente político do PP ao negarse a facilitar un lugar na entrada do hospital para colocar o galardón entregado polo Concello de Vigo como Vigueses Distinguidos á Xunta de Persoal como representantes das mais de seis mil traballadoras e traballadores da EOXI de Vigo.

 

Solicitamos que a xerencia da EOXI de Vigo modifique estas actuacións que consideramos de carácter totalmente sectario e se sume á pluralidade de forma totalmente democrática.

 
CIG-Saúde solicita información sobre a situación na que se atopa o proceso de apertura da gardería do H. Álvaro Cunqueiro. Imprimir
EOXI - Xeral
Venres, 27 Xaneiro 2017 07:23

 

En xaneiro do 2015, con anterioridade á apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro, CIG-SAÚDE remitiu ao responsable da UTE propietaria do Hospital, mais a Xerencia da EOXI un escrito coas inquedanzas das traballadoras e traballadores sobre unha serie de servizos que todo centro de traballo de dimensións similares ás que nos afectan debería ter á disposición do persoal, entre eles o Servizo de Gardería.

 

Non obtivemos resposta a aquel escrito e a maioría destes temas seguen sen arransarxe.

 

A gardería non chegou aínda a pórse en marcha. Aproxímanse as datas nas que as nais e pais temos que solicitar praza e seguimos sen ter noticias sobre este servizo que se nos prometeu ía ter un Hospital tan “novo, moderno e punteiro”.

 

Por todo isto reiteramos unha vez máis a inquedanza que produce este tema e solicitamos información sobre a situación na que se atopa na actualidade o proceso de apertura da gardería que ten que dar servizo a máis de 3000 profesionais e un alto número de usuarios. Descoñecemos o motivo polo cal outros servizos, que tamén dependen da concesionaria, xa están abertos e a pleno funcionamento (aparcadoiro, perruquería, florería, quiosco,…) e outros tan importantes como a gardería seguimos sen ter noticias deles.

 

No escrito remitido en xaneiro do 2015, esixiamos que os criterios, tanto económicos como de acceso á gardería, sexan os mesmos que os que a Xunta regula para as dependentes da administración:

 

“No ámbito sociolaboral é de alta prioridade a conciliación laboral. Por tal motivo parécenos de suma importancia a existencia dun servizo de Gardería y Ludoteca no ámbito do NHV.

 

Esiximos a UTE que os criterios económicos de ingreso sexan semellantes aos criterios de admisión establecidos pola Xunta para as Garderías do seu ámbito. Sendo coñecedores da intención de ofertar un desconto dun 30% na contía mensual para os traballadores do NHV, entendemos que, con este desconto, ás contías sexan equivalente as reguladas pola Xunta.

 

Sobra esixir que prevaleza a preferencia de ingreso para fillos/as dos traballadores fronte a outros usuarios, dada a ubicación alonxada do mesmo con respecto ao centro urbano.

 

Parécenos de suma importancia que o servizo de Gardería oferte un horario amplo, cubrindo as diferentes quendas de traballo (mañá, tarde, noite) e que non se reduza tan so a quenda de mañá.”

 

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>