facebook     twitter

gripe
eu-galego
Atención Primaria
CIG-Saúde retoma as mobilizacións no conxunto da Atención Primaria Imprimir
Atención Primaria - Xeral
Xoves, 16 Maio 2019 06:28

 

Ante os diferentes incumprimentos por parte da Consellería de Sanidade dos compromisos e acordos tomados o día 8 de abril a CIG-Saúde retoma as mobilizacións na Atención Primaria desde xa e que proximamente serán concretadas en común con tódolos colectivos afectados. Así mesmo a CIG-Saúde apoia todas as mobilizacións en Atención Primaria no camiño dunha solución global e para todos os colectivos.

 

Con este obxectivo e neste contexto de mobilización,  CIG-Saúde en Vigo apoia a folga do 21 e 22 de maio mentres se retoma o calendario de mobilizacións para conseguir unha solución global para toda a Atención Primaria.

 

O actual Xerente da EOXI de Vigo está inhabilitado para a negociación deste conflito, polo que a súa dimisión ou cese é o primeiro paso necesario para intentar superalo.

 

A situación na que se atopa a Atención Primaria da área sanitaria de Vigo precisa que se tomen medidas urxentes. As presentadas na última Mesa Sectorial están moi lonxe de ser as que a nosa atención primaria precisa.

 

A complexidade da situación actual, marcada pola cronicidade e o envellecemento, xunto coas limitacións do cadro de persoal para dar unha resposta de calidade, precisa da elaboración urxente dun Plano de Ordenación de Recursos Humanos que identifique as necesidades, tanto de prazas de nova creación como de prazas que será necesario substituír nos próximos anos como consecuencia do elevado número de xubilacións previstas. Este plano de ordenación de RRHH debe contemplar as medidas que é necesario por en marcha para dar resposta a esas necesidades.

 

Para que a Atención Primaria recupere peso no conxunto da sanidade pública esiximos a creación da Xerencia de Atención Primaria, para, entre outras cousas, ter unha interlocución en pe de igualdade coa Atención Hospitalaria que permita establecer un marco de relación bidireccional en beneficio dos profesionais e dos pacientes. E mentres isto non sucede, demandamos que se poñan en marcha as medidas acordadas por profesionais dos dous ámbitos recollidas no Plan Estratéxico.

 

As solucións que necesita a Atención Primaria precisan dunha visión global e multidisciplinar que recupere o traballo en equipo e permita o adecuado desenvolvemento profesional de tódalas persoas que traballan en Atención Primaria, para isto é preciso revisar as carteiras de servizos de cada categoría profesional e adaptar os ratios ás novas necesidades.

 
CIG-Saúde denuncia que a “soberbia” do PP e de Feijóo impide solucionar a problemática de Atención Primaria Imprimir
Atención Primaria - Xeral
Luns, 15 Abril 2019 09:00

Considera que "fixeron saltar polos aires" o acordo asinado o pasado 10 de abril.


O pasado luns 8 de abril asinábase o acordo de negociación de todos os temas que se viñan denunciando, desde hai anos, referidos o deterioro de Atención Primaria. Un acordo polo que o SERGAS se comprometía, a través da Directora de Recursos Humanos -designada por eles-, a negociar en dúas mesas as demandas presentadas polo comité de folga. "Transcorridas menos de 24 horas xa fixeron saltar todo polos aires", denuncia a secretaria nacional de CIG-SaúdeMaría Xosé Abuín.

 

Abuín explica que tan só un día despois da sinatura deste acordo desde o Presidente da Xunta, até o Xerente do SERGAS, pasando polo portavoz de Sanidade no Parlamento e mesmo o propio conselleiro de Sanidade, en comparecencia parlamentaria, retiraron publicamente o apoio ao acordo asinado no ámbito de negociación. "O PP non só desautoriza así á Directora de Recursos Humanos, senón que constata a súa indecencia política e o escaso, por non dicir nulo valor dos seus compromisos, que xa non se sustentan sequera en campaña electoral", denuncia a secretaria nacional de CIG-Saúde.

 

María Xosé Abuín lembra as manifestacións públicas de uns e outros e denuncia que mesmo chegaran a cualificar a plataforma de Primaria como un "chiringuito"; que manifestaran que xa tiñan asinado todo cos Colexios Profesionais e outros colectivos; que o conselleiro chegara a afirmar que o modelo de Primaria do PP xa era un modelo de éxito que non precisaba máis orzamento e que só ía dedicar 17,3 millóns de euros en dous anos; que a solución pasaba por facer campañas de información á cidadanía e por aumentar máis tecnoloxía na Atención Primaria. "Isto quere dicir, nin máis nin menos, que o que pretenden é ampliar o negocio, que agora está nos hospitais, tamén á primaria, e que o único que farán, en todo caso, será redefinir algúns temas".

 

A secretaria Nacional de CIG-Saúde considera "inadmisible" que xa antes de iniciarse a negociación do estudo de necesidades de persoal na atención primaria, que é un dos compromiso recollidos na acta, xa o conselleiro adiante en sede parlamentaria que non teñen a máis mínima intención de dotar o servizo de máis medios humanos, nin materiais, nin máis orzamento. Nin sequera de dotar á Primaria de capacidade resolutiva ou a creación dunha Xerencia. "Antes de cuantificar as necesidades reais xa anuncian o ridículo orzamento que van investir, o que é a proba máis evidente de que a súa intención era e é non facer nada", denuncia Abuín.

 

Desde CIG-Saúde "lamentamos o erro cometido ao confiar en que a consellaría de Sanidade e Feijóo ían cumprir o que a Directora de Recursos Humanos, que adoita respectar os compromisos que adquire e que dela dependen, nos estaba a transmitir. Estaba sendo utilizada e eles non tiveron sequera a decencia de asistir a ningunha reunión coa Plataforma".


CIG-Saúde lamenta, xa que logo, ter desconvocado a folga e terlle dado ese voto de confianza ao goberno do PP, que "sabemos que non é digno de tal", afirma Abuín, quen anuncia que "imos convocar unha reunión da plataforma en breve para propor retomar a folga no mes de maio se o día 26 o SERGAS non trae á mesa sectorial as propostas para desenvolver os acordos acadados o 10 de abril. Estamos dispostas a incrementar a mobilización a todos os niveis".

 
CIG-SAÚDE manifesta que a desconvocatoria de folga de Atención Primaria non pon fin ao conflito nin á negociación. Imprimir
Atención Primaria - Xeral
Martes, 09 Abril 2019 06:21


Desconvocatoria-190408-mgm

Tal e como se acordou ao remate da xuntanza, esa primeira mesa sectorial, será convocada para o día 26 de abril.
A secretaria nacional de CIG-SaúdeMaría Xosé Abuín valora que este acordo pon de manifesto o recoñecemento por parte da consellaría de Sanidade da necesidade de crear este órgano de participación para analizar e pór solución ás necesidades da Atención Primaria. "Agardamos que haxa boa fe por parte da consellaría de Sanidade e que as conclusións deste Consello Técnico sexa cumpridas na súa totalidade e co correspondente orzamento para darlles cumprimento".
Máis unha vez, a CIG-Saúde lamenta que sexa necesario recorrer a medidas de presión como a convocatoria dunha folga para que o SERGAS acepte crear un marco de negociación para solucionar os problema de Atención Primaria.
En todo caso a CIG-Saúde advirte que se esa "boa fe" non se traduce en feitos "retomaremos as medidas de presión sen descartar ningunha".


 Acta desconvocatoria da folga

 
Mobilidade interna provisional atención primaria de Vigo Imprimir
Atención Primaria - Xeral
Luns, 25 Febreiro 2019 07:23

 

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais, dende o día 25 de febreiro ata o día 11 de marzo de 2019, ambos inclusive.

 

Resolución 

 

Acordo

 

 
ONSULTA PACS EN GUERRA Imprimir
Atención Primaria - Xeral
Xoves, 14 Febreiro 2019 11:54

votacin-PAC_18_02

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>