facebook     twitter

gripe
eu-galego
POVISA
O comité de Povisa denuncia na Inspección que a empresa contratou persoal para substituír a traballadores/as en folga Imprimir
POVISA - Xeral
Xoves, 20 Marzo 2014 07:49

O paro indefinido convocado contra a perda de dereitos laborais quedará aprazado hoxe ás 22.00 horas até que a autoridade laboral non se pronuncia sobre os servizos mínimos.

 

O comité de folga do hospital vigués Povisa mantivo o mércores 19 de marzo unha xuntanza coa Inspección de Traballo para denunciar que a dirección da empresa contratou persoal para substituír a traballadores/as en folga. O paro indefinido convocado contra a perda de dereitos laborais quedará aprazado hoxe ás 22.00 horas até que a autoridade laboral non se pronuncia sobre os servizos mínimos.

2014 03 19 ProtestaPovisaSMAC06

(Galería de imaxes)

 

 

Un nutrido grupo de empregados/as do centro médico desprazouse a primeira hora da mañá até a sede do SMAC en Vigo, onde ía ter lugar o acto de conciliación da primeira das denuncias presentadas contra a última modificación substancial das condicións de traballo imposta pola empresa. 


 

A continuación trasladáronse á Inspección de Traballo, situada na parte dianteira do inmoble, co obxectivo de manter unha xuntanza cos seus responsábeis. Segundo explica a presidenta do comité de Povisa, María Xesús Neira, da CIG, o xefe da autoridade laboral non se atopaba neses momentos no edificio, polo que finalmente foron recibidos por unha inspectora.


“Explicámoslle o que sucedeu onte, cando a dirección contratou cinco persoas para substituír os membros do comité de folga que solicitaron non seren incluídos nos servizos mínimos, e trasladámoslle o que nos dixo o inspector que enviaron ao centro médico, que a empresa tiña dereito a facelo, cando a propia Lei de Folga deixa moi claro que non se pode contratar persoal para substituír a folguistas”.


Ao mesmo tempo, expresáronlle o seu malestar polos constantes incumprimentos dos servizos mínimos por parte da empresa e pola falta de resposta da autoridade laboral ás denuncias, o que motivou a decisión de aprazar a folga. “Deixámoslle moi claro que estamos fartas/os e que se non toman medidas imos presentar unha denuncia contra a Inspección de Traballo en Madrid”.


Ao remate da xuntanza, a representante da Inspección comprometeuse a trasladarlle ao xefe do organismo as queixas achegadas polo comité de folga e a darlles unha resposta nos vindeiros días.


Por outra banda, membros do comité de folga mantiveron hoxe unha xuntanza coa voceira municipal e con deputadas autonómicas do BNG a petición da formación frentista para abordar o conflito laboral existente en Povisa.

 
O luns 17 de marzo comeza a folga indefinida convocada en Povisa contra a perda de dereitos laborais e de calidade asistencial Imprimir
POVISA - Xeral
Luns, 17 Marzo 2014 09:42
A decisión adoptouse en asemblea despois de que a empresa anunciase 13 novos despidos ao rematar sen acordo a negociación da modificación das condicións de traballo
Este luns día 17 dará comeza unha nova folga indefinida no hospital vigués Povisa para rexeitar a constante perda de dereitos laborais por parte do cadro de persoal e a rebaixa da calidade asistencial no centro médico que está a afectar xa a pacientes e usuarios/as. A decisión foi adoptada en asemblea despois de que a empresa anunciase 13 novos despedimentos ao rematar sen acordo a negociación da modificación substancial das condicións de traballo.
2014 03 14 AnuncioFolgaPovisaVigo

 

Os sindicatos presentes no comité CIG, CGT, UGT e SGPS (CCOO e Omega decidiron non convocar nin apoiar a folga) compareceron para explicar motivos detalles da convocatoria de paro indefinido que dará comezo a partir das 0 horas do luns día 17 de marzo. 


Entre eles citaron a constante perda de dereitos laborais, o que está a repercutir negativamente na calidade da asistencial. “Non podemos seguir tolerando a perda das nosas condicións laborais (xornada, promoción interna...), os incumprimentos das sentenzas por parte da empresa, as conxelacións salariais dende o ano 2010 ou as reducións de xornada obrigatorias”, indican.


Neste senso, aseguran que o cadro de persoal leva anos desenvolvendo o seu labor “baixo a coacción e a ameaza de despedimentos que finalmente se foron cumprindo, como foi o caso de Consuelo Martínez, das 15 persoas que traballaban no arquivo ou das 27 limpadoras/es; e agora poñen enriba da mesa 13 novos despidos como represalia por non ter aceptado a modificación das condicións laborais”.


Ao mesmo tempo, denuncian que a dirección de Povisa logrou reducirlle a xornada laboral a 550 traballadores/as (do total de 1350 empregados/as) de servizos como quirófano, UCI, radioterapia, consultas, hospitalización ou administración. “Esta decisión provoca que haxa menos persoal en determinadas horas do día, como son de 8.00 a 10.00, de 14.00 a 16.00 e de 21.00 a 23.00 horas”.

 
O Sergas blinda a Povisa de recortes durante os próximos dez anos Imprimir
POVISA - Xeral
Xoves, 02 Xaneiro 2014 08:03

 

O convenio da Consellería de Sanidade co hospital privado de Vigo aumenta un 4,4% o pagamento por tarxeta sanitaria.

 povisa

Fronte aos continuos recortes na sanidade pública, Povisa, ese experimento de privatización sanitaria que custa máis de 70 millóns de euros anuais ás arcas autonómicas, ten o futuro blindado. O acordo alcanzado a pasada semana entre o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o centro hospitalario de Vigo incrementa os ingresos que recibirá o Grupo Nosa Terra 2000, ao que pertence, mentres reduce en 4.000 persoas a poboación que deberá atender. O resultado é un aumento do 1,3% da factura final e do 4,4% dos seus ingresos por paciente. Povisa blíndase ademais ante eventuais recortes futuros ao garantirse unha actualización mínima da súa tarifa dun 85% do IPC durante os próximos 10 anos.

 

Nin o Sergas nin Povisa facilitan o preacordo anunciado o pasado venres e que será asinado e entrará en vigor no próximo trimestre. Pero polos datos adiantados conclúese que dos 74 millóns de euros que a clínica facturou ao Sergas este ano se pasará en 2014 a 75 millóns, o que supón un incremento do 1,3%. O prezo que a sanidade pública aboa á empresa por cada tarxeta sanitaria será de 540 euros, 23 euros máis (4,4%) que se se fai o cálculo do que custa na actualidade. Todo isto, tomando como referencia datos oficiosos, xa que nin a Consellería de Sanidade nin Povisa dan publicidade aos oficiais.O novo concerto terá unha vixencia de oito anos prorrogables por outros dous. Fronte ao sistema actual, no que Povisa factura pola actividade que realiza, pasa a cobrar só polos pacientes que o teñan asignado como hospital de referencia, cun límite de 139.000, o que dá un total máximo de 75.060.000 euros anuais. O que oSergas non aclara é como fará para reducir en 4.000 o número de tarxetas sanitarios asignados. "A Administración ten mecanismos para conseguilo, sinala a xerente do Sergas, Neves Domínguez.

 

"É un caso claro de como os recortes afectan á sanidade pública, pero non á privatizada", denuncia Manuel Martín, voceiro de SOSSanidade Pública. "Nun contexto de constante redución do gasto en sanidade, a unha empresa privada increméntaselle a factura a cambio de atender a menos poboación, o que significa menos gasto, e ademais garánteselle que seguirá allea aos recortes durante unha década", denuncia. Os 540 euros por tarxeta sanitaria pactados constitúen unha cifra "moi elevada" en comparación cos en torno a 1.000 euros que se calcula que gasta o Sergas no sistema xeral, se se ten en conta que a cantidade pactada co policlínico vigués exclúe gasto farmacéutico, atención primaria e servizos como pediatría, obstetricia, psiquiatría, cirurxía cardíaca e cirurxía torácica.Os colectivos de defensa da sanidade pública consideran este "trato de favor" a unha empresa privada unha explicación da enorme lista de espera que arrastra Povisa, onde hai máis do dobre de pacientes pendentes de ser operados (5.468 persoas) que en 2009, e onde ascirugías se demoran unha media de 209 días, a maior espera de todo o sistema sanitario galego. "É unha copia do sistema de Alzira, e cos mesmos resultados", denuncia Martín.

 

A xerente do Sergas cre en cambio que o novo sistema, vinculado á poboación en lugar de á actividade, servirá de incentivo paraPovisa. "O hospital sabe que se a atención que ofrece é deficiente, perderá tarxetas sanitarias e polo tanto financiamento. Así que o que lle convén é prestar o mellor servizo para que os habitantes deVigo non pidan o cambio", sostén Nieves Domínguez.De acordo co novo modelo, Povisa deixará de ser hospital de referencia polo domicilio do paciente (na actualidade, concellos doMorrazo e do Val Miñor e determinadas zonas de Vigo), para funcionar como de adscrición voluntaria. Segundo o Sergas, a posibilidade dun abandono masivo do hospital só debería preocupar á propia dirección de Povisa. Non obstante, os sindicatos cren que aconsellería blindou un mínimo de 120.000 pacientes, ao introducir unha cláusula no convenio que compromete o cobramento por esa cantidade de tarxetas sanitarias no caso de que sexa a Administración a que retira os pacientes. "O que vai acontecer ao final é que vai ser o hospital o que poida elixir pacientes, e non os pacientes os que elixan hospital, o convenio deixa abertas unha morea de maneiras de conseguilo, denuncian os responsables de SOS Sanidade Pública.O preacordo deixa numerosos interrogantes abertos. Por exemplo, como absorberá o resto da área sanitaria de Vigo a eses polo menos 4.000 pacientes que deberán deixar a adscrición a Povisa. O como encaixa a explicación de que o sistema actual non garda relación ningunha co número de pacientes coa noticia, coñecida en novembro, de que o Sergas indemnizará o hospital con 15 millóns por unha débeda contraída entre 2001 e 2004 por atender a 11.000 persoas máis das previstas, de acordo cunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

 

 

" Que pretenden? Que peche o policlínico? "


A Xunta felicítase porque as novas condicións "dan viabilidade a unha empresa que atende á poboación"

O denominado concerto especial con Povisa naceu en 1993 ante a notoria imposibilidade da Xunta de cubrir a poboación de Vigo e o seu ámbito cos seus propios recursos. Tras oito anos de vixencia e tres de prórroga do último acordo, a pregunta é por que se renova por ata 10 anos cando está en construción o novo hospital de Vigo. " Que gañabamos non renovándoo? Povisa xa está a prestar un servizo", responde a xerente do Servizo Galego de Saúde, NevesDomínguez.


Domínguez apela a un acordo pola saúde asinado en 2006, durante o Goberno bipartito de Emilio Pérez Touriño, para asegurar que "todo o mundo está de acordo en que debe manterse o concerto co hospital privado". "Que a poboación elixa se quere ser atendida en Povisa ou non, iso é o importante", precisa a xerente do Sergas, que se felicita por "dar viabilidade a unha empresa que atendeu á poboación de Vigo". E engade: " Que se pretende? Que peche Povisa? Eu o que quero é a mellor atención".


Neves Domínguez nega que o novo concerto supoña un incremento dos ingresos de Povisa, aínda que asegura descoñecer a canto ascendeu a factura dos últimos anos: "Non" sei "a cifra, pero non supón máis custo; ao revés, o que vai supoñer é maior calidade". Ademais, a consellería resérvase a posibilidade de penalizar ao centro privado se non cumpre "estándares de calidade". "A dirección do hospital será a primeira interesada en que non creza a lista de espera", opina.


Os sindicatos aseguran que o concerto prexudicará aos traballadores, aos que a empresa xa quixo reducir o salario este ano nunha media de 500 euros mensuais, o que motivou unha folga indefinida que só concluíu despois de que os xulgados impedisen levar a cabo a rebaixa. "Calquera cantidade que perdan sacaránnolas do salario a nós", afirma unha voceira sindical. Os traballadores aseguran que os quirófanos de Povisa traballan o 50% para aforrar en gasto de persoal, ao entender a empresa que xa cumpre coas obrigas do concerto aínda en vigor. Nin o Sergas ninPovisa desmentiron esa baixa operatividade cirúrxica do centro hospitalario.

 

 

 

Noticia recollida do diario El Pais.

 

 
FESTIVAL POPULAR SOLIDARIO Imprimir
POVISA - Xeral
Xoves, 03 Outubro 2013 07:51

O SÁBADO, DÍA 5 DE OUTUBRO, terá lugar no Parque de Castrelos un FESTIVAL POPULAR SOLIDARIO organizado polo colectivo de traballadores de POVISA.

Festival-POVISA

Consistirá en :


- ACTUACIÓNS MUSICAIS: Diversos grupos de POP, ROCK, FOLK.

- RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA A ONG-AFAN-BANCO DE ALIMENTOS.

- MERCADILLO POPULAR

- GASTRONOMÍA


ENTRADA: LIBRE


Invitamos a todos/as á participación.

 
Sentenza favorable ao Comité de persoal de POVISA Imprimir
POVISA - Xeral
Venres, 30 Agosto 2013 11:34

O Comité de POVISA gañou o xuízo contra a dirección do centro por terlle imposto o convenio provincial aos traballadores/as unha vez que expirou o acordo laboral propio.

Mercadio-povisa

O venres 30 de agosto no exterior do centro se realizaba un mercadiño solidario para recadar fondos para paliar  os descontos dos folguistas. Ao mesmo tempo o Comité estaba reunido coa Dirección de POVISA para negociar se se ampliaban os servizos mínimos nos quirófanos, o Comité comunicoulle á empresa que non aceptaba dita ampliación, acto seguido entrou na sala o director de POVISA preguntando se chegaran a un acordo e manifestando que xa non facía falta porque os traballadores/as  gañaran o xuízo. A media mañá o comité saíu ao exterior do centro para comunicarlle ao persoal concentrado a noticia, que foi recibida con xúbilo, aplausos e moitas bágoas de emoción.

 

Os Traballadores/as de POVISA manteñen unha folga indefinida desde o pasado día 19 de agosto xa que a empresa, unha vez rachada a negociación do convenio colectivo, pretendía impor grandes regresións salariais e en dereitos consolidados. Por mor da reforma laboral, e unha vez expirado o acordo, a dirección impuxo unilateralmente o convenio provincial, que supón entre o 40 e o 52% de mermas salariais, así como a supresión da maior parte de cláusulas propias que contiña o acordo de empresa, coa conseguinte involución en todos os sentidos.

 

A presidenta do Comité Mª Xesús Neira dirixiuse ao persoal concentrado para agradecerlle o esforzo realizado durante estes días de folga, facendo especial fincapé na unidade do Comité e dos traballadores/as, sen todo iso  non se conseguirían os obxectivos, xuntos si se pode.

 

 

Mentres tanto, a Consellaría de Sanidade, e nomeadamente a Conselleira, mantense totalmente á marxe, como se unha boa parte da poboación de Vigo non estivera adscrita (obrigatoriamente) ao centro hospitalario privado, como se o tema non fora con ela. Desidia, deixadez de funcións, desentendemento das súas obrigas... así responde a señora Conselleira ante unha situación grave como esta que está a afectar á asistencia sanitaria que se presta neste centro con concerto singular, tal e como se denuncia hoxe na prensa (ver aquí aquí).

 

Está por ver agora cómo se reconduce a situación.

 

Esta folga foi exemplar e moi ben levada polos traballadores/as con todo tipo de actos reivindicativos e con gran participación e concienciación do persoal de POVISA.

 

Galería de imaxes do mercadiño solidario: CIG-SAUDE

 

Parabéns a todas/os e a seguir loitando polos intereses da clase traballadora.

 

 


Apoio da Asociación Galega para Defensa da Sanidade Pública

 

 

Por outra banda, a Asociación Galega para Defensa da Sanidade Pública fixo público un comunicado de apoio á loita dos traballadores/as de Povisa tras as últimas denuncias de pacientes afectados/as polo conflito laboral:

1. A folga ten unha motivación moi clara no recorte  salarial do 40% e nos cambios nas condicións de laborais do persoal do centro , pese a que non se produciu ningunha rebaixa económica no concerto singular que este percibe do Sergas.

2. Consideramos inaceptable que o Sergas se inhiba deste problema alegando que Povisa é un  centro “concertado pero privado”. Povisa é un centro ao que se asignou a asistencia de 140.000 habitantes do área, e polo que a responsabilidade última desta situación é da Consellería de Sanidade e da Xunta de Galicia.

3. Tampouco é de recibo que os pacientes paguen coa súa saúde os problemas de natureza política e empresarial dun concerto singular que é o máis elevado de todo o Estado español (75 millóns de euros anuais).

4. A folga indefinida convocada por un persoal ao que se lle pretende rebaixar brutalmente as súas condicións laborais (para que a empresa obteña maiores beneficios) repercute nunha poboación que recibe menores prestacións sanitarias que a atendida polos hospitais públicos e soporta unha lista de espera de 171 días que duplica a do resto de Galicia que ten 68.

5. É evidente que a Administración non só non ten ningunha vontade de resolver este problema, denunciado reiteradamente pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e a cidadanía afectada, senón que pretende perpetuala reducindo as camas, o equipamento e a superficie do novo hospital privado de Vigo para así manter o concerto singular con Povisa (e abaratar os custos da obra á empresa concesionaria privada adxudicataria).

6. Esiximos á Consellería de Sanidade que interveña urxentemente para poñer fin a un conflito desencadeado por unha política de recorte brutal das condicións laborais da empresa (que están pagando os cidadáns adscritos o centro) e poña en marcha os acordos alcanzados fai catro anos por todas as partes para a unificación hospitalaria do todo a área sanitaria sen danar os lexítimos intereses dos traballadores/as de Povisa. 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>