facebook     twitter

gripe
eu-galego
POVISA
Conflito de POVISA Imprimir
POVISA - Xeral
Martes, 15 Marzo 2011 07:47

CIG-Saúde reclámalle ao Sergas que remate coa inestabilidade laboral no hospital Povisa de Vigo

 

A central acusa a Consellería de Sanidade e empresa de usar os empregados/as como moeda de cambio no conflito pola renovación do convenio.


CIG-Saúde sospeita que detrás destas manobras da empresa se esconde a intención de vender o hospital a un grupo que xestione os servizos sanitarios ao estilo e modelo Alcira, POVISA aluga o espazo físico e o resto que o xestione a nova empresa. Para elo os propietarios de POVISA están saneando a empresa, reducindo o persoal e modificando as quendas de traballo para entregarlle á nova empresa con mellores condicións, todo isto seguramente con coñecemento do SERGAS, que non vería con malos ollos tal operación dada a súa política restritiva en materia sanitaria.

 

O SERGAS e POVISA seguramente teñen acordado o que van facer fai tempo, e todo responde a unha estratexia ben planificada por ambas partes, creando conflitos e tensión entre o persoal para así podelos someter coa chantaxe do medo. O PP e os dirixentes de POVISA son dous cans co mesmo collar que entre eles se entenden perfectamente aínda que fagan unha posta en escena intentando facer crer que teñen diferenzas, todo está ben apañado e seguramente que ata despois das eleccións municipais non sacarán os colmillos para culminar tal plan, ante todo non queren perder nin un so voto.

 

Seguramente que ante todo isto tamén hai algúns tontos útiles ( que non se enteran de moito) que lle seguen o xogo, defendendo os intereses da empresa e o SERGAS en contra dos intereses das traballadoras e traballadores,(que din representar) e que cada día ven como se precarizan mais as súas condicións laborais.

 

O tempo dará e quitará razóns, dende a CIG seguimos traballando, sen enganar a ninguén, para que as traballadoras e traballadores de POVISA teñan garantizado o seu posto de traballo e unhas mellores condición laborais.

 

2011 03 14 PovisaConvenio1

Os representantes da CIG no comité de empresa do hospital vigués Povisa compareceron hoxe xunto ao secretario comarcal da federación de Saúde para denunciar a utilización dos traballadores/as como moeda de cambio no conflito aberto entre o centro médico e o Sergas a causa da renovación do convenio. Dende a central nacionalista reclámanlle á Consellería de Sanidade que poña fin á estabilidade laboral e garanta unha asistencia sanitaria de calidade aos máis de 140.000 usuarios/as.

Os representantes da CIG no comité de empresa de Povisa instaron ás partes implicadas a “cumprir os acordos e os prazos de pagos” e definiron como “insostíbel” a situación creada no centro tralas ameazas da dirección de que non ía abonar as nóminas. Neste senso, consideran que o Sergas pon en perigo coa súa “incompetencia” tanto a asistencia sanitaria da área de Vigo como o futuro laboral de 1.500 empregados. “Non imos permitir a eliminación dun só dos postos de traballo que figuran no convenio nin que isto afecte á asistencia sanitaria”, advertiu o secretario comarcal de CIG-Saúde, Antonio Iglesias

 

Pola súa banda, María Jesús Neira, representante da CIG no comité de empresa, denunciou a situación de “medo e incerteza” que están a vivir os traballadores/as a causa da “guerra aberta” entre Povisa e o Sergas para a renovación do convenio. Criticou as ameazas de impago feitas pola dirección e adiantou que os rumores falan xa de que non queren abonar as nóminas de abril. “O que si nos confirmaron xa é que non nos van liquidar os atrasos do ano 2010”, explicou, ao tempo que puxo de manifesto a gravidade desta decisión “tendo en conta que eles mesmos recoñecen que Povisa é unha empresa solvente”. Censurou a actitude das dúas partes en conflito ao entender que o Sergas debe esixir que se cumpran os ratios de persoal e os prazos de pagamento, mentres que a Consellería de Sanidade debe de cumprir os compromisos adquiridos. “O único que fan é acusarse mutuamente de non quereren sentarse a negociar.

 

Finalmente, anunciaron que convocaran mobilizacións no caso de que non se garanta a asistencia sanitaria de calidade aos 143.000 usuarios/as nin os 1.500 postos de traballo. Desconfían que a intención da compañía é deixar o cadro de persoal nos niveles de decembro de 2000, cando prestaban servizo un total de 1205 persoas “fronte aos 1500 empregados/as rexistrados a decembro do ano pasado”. Nesta liña, xa alertaron dos despedimentos que se están a producir e que supuxeron a por exemplo redución de tres enfermeiros/as en Urxencias ou a eliminación de persoal en medicina nuclear.

 
POVISA non quere pagar as nóminas do persoal Imprimir
POVISA - Xeral
Martes, 01 Marzo 2011 11:00

povisa2En reiteradas ocasións nos meses pasados solicitamos da Xerenta do SERGAS, Rocío Mosquera, unha reunión para falar do persoal de Povisa, da situación desta empresa privada que presta servizos para a pública e da súa imbricación na área sanitaria de Vigo. Rexeitouse tal reunión en varias ocasións, expresamente ou simplemente co silencio.

 

Hoxe almorzamos coa noticia de que Povisa anunciou que non vai pagar as nóminas do persoal, alegando que o SERGAS lle debe cartos, nunha débeda recoñecida polo propio SERGAS, que di que Povisa non entregou a documentación requerida para facer efectivo o pago. Situación que deriva do toma e daca que o SERGAS e Povisa traen sobre o concerto desta última co ente público. Quen paga a situación? Os traballadores e traballadoras, unha vez máis.

 

Desde CIG-Saúde levamos varios meses insistindo na necesidade de sentarse a falar deste tema, e o SERGAS simplemente fai ouvidos xordos. Agora mesmo, vimos de enviar un novo requerimento dunha reunión  urxente para falar de Povisa e da súa situación.

 
Concentración diante de POVISA Imprimir
POVISA - Xeral
Mércores, 23 Xuño 2010 10:18

povisa-represion

 

O xoves 24 de xuño entre as 11:30 e as 12:30 celebrarase unha concentración diante do hospital de POVISA contra a represión sindical. Lembramos que a presidenta do comité de POVISA e delegada de CIG-Saúde Consuelo Martínez foi despedida polo conflito que houbo na negociación do convenio colectivo en maio do 2009 defendendo os intereses das traballadoras e traballadores.

 

NON Á REPRESION SINDICAL EN POVISA

 
Manifestación contra a represión sindical en POVISA Imprimir
POVISA - Xeral
Xoves, 03 Xuño 2010 12:03

Mani-povisa-3-06-10

 

 

Centos de persoas participaron o xoves 3 de xuño ás 11h nunha manifestación contra a represión sindical en POVISA e o despedimento da sindicalista da CIG Consuelo Martínez. A manifestación partiu da praza dos cabalos e tras dar un par de voltas ao  redor  do hospital de POVISA continuou ata a Praza da Independencia onde se leo un comunicado por parte do Secretario Xeral da CIG Suso Seixo.

 

Berros contra a represión sindical e pola readmisión de Consuelo Martínez, delegada da CIG en POVISA e portavoz do Comité de folga durante a mobilización que tivo lugar en maio do 2009 pola negociación do convenio colectivo.

 

A delegada da CIG fora  portavoz do Comité de folga, protagonista dun novo caso claro de represión sindical en Vigo por parte de POVISA.

 
Despido nulo da compañeira despedida de POVISA Imprimir
POVISA - Xeral
Mércores, 11 Novembro 2009 12:09

chelo

 

A Sentenza da sala nº 5 do xulgado do Social de Vigo fallou a favor do recurso da CIG na defensa da compañeira Consuelo Martínez que fora despedida de POVISA pola folga do mes de maio de 2009.

O despedimento foi considerado NULO polo que a empresa ten que readmitir á traballadora.

A delegada da CIG fora  portavoz do Comité de folga, protagonista dun novo caso claro de represión sindical en Vigo por parte de POVISA.

Parabéns para a nosa compañeira CHELO.

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>