facebook     twitter

gripe
eu-galego
Privada
Novo convenio de Hospitalización e Internamento Imprimir
Privada - Xeral
Mércores, 18 Xullo 2018 10:28

Convenio-digno

CIG-Saúde asina o novo convenio de Hospitalización e Internamento da provincia de Pontevedra.

 

O novo convenio, con vixencia até o ano 2019, foi asinado o martes 17 de xullo de 2018 polas tres centrais sindicais presentes na mesa de negociación: CIG-Saúde, CCOO e UGT.

 

A negociación deste convenio iniciouse o 3 de novembro de 2016 tras ter rematado a súa vixencia o ano 2013, estando desde entón paralizada calquera subida na súa táboa salarial.

 

Despois dun longo e difícil período de negociación foi a convocatoria dunha folga no sector o que permitiu desbloquear a situación e chegar a un acordo que permite compensar as perdas retributivas destes anos, pero aínda mantén unha débeda importante coas traballadoras e traballadores do sector en aspectos sociais e de melloras retributivas que nesta negociación non se conseguiron incorporar ao convenio.

 

No acordo se recolle unha subida salarial total durante o período de vixencia do 5%, con subida do 0,50% nas táboas salariais para o ano 2016 a partires das cales se aplicarán as seguintes subidas, do 1,25% para o ano 2017, do 1,50% para o 2018 e do 1,75% para o 2019, con revisión segundo o valor do IPC para os dous últimos anos.

 

Entre as melloras figura que a xornada anual será de 1770 horas de traballo máximo efectivo, que será mellorada polo cambio de consideración progresiva dos días de libre disposición, pasando a ser retribuídos e non recuperables, así no 2018  haberá 1 LD retribuído e non recuperable e 2 recuperables, no 2019 haberá 2 LD retribuídos e non recuperables e 1 recuperable, e xa no 2020 os tres días serán retribuídos e non recuperables, polo que a xornada das persoas que disfruten os 3 LDs será de 1749 horas/ano.

 

No apartado de licenzas e permisos se incorporan melloras para as nais e pais con fillas/os que precisen asistencia sanitaria.

 

Para tratar de evitar a demora na negociación do próximo convenio temos acordado iniciar as negociacións en outubro de 2019 e, no caso de non ter rematada a negociación do convenio, a partires do 1 de xaneiro do 2020 estará garantida a subida salarial segundo a evolución do IPC até a sinatura dun novo convenio.

 

Desde CIG-Saúde poñemos en valor o apoio das traballadoras e traballadores durante esta negociación e agardamos que na próxima manteñamos ese apoio para conseguir as melloras sociais e retributivas que nesta negociación non se conseguiron incorporar ao convenio.

 
Negociación convenio sanidade privada Imprimir
Privada - Xeral
Venres, 23 Marzo 2018 11:04

CIG, CCOO e UGT comunicamos a suspensión da convocatoria de folga dos días 26 e 27 de marzo na sanidade privada tras chegar a un acordo sobre as bases para asinar un novo convenio colectivo con vixencia até o ano 2019.


As Organizacións Sindicais presentes na mesa de negociación do convenio colectivo de hospitalización e internamento da provincia de Pontevedra (UGT, CCOO e CIG), despois das reunións negociadoras mantidas na mañá de onte e da Asemblea de traballadoras e traballadoras celebrada pola tarde, comunicamos a suspensión da convocatoria de folga convocada para os días 26 e 27 de marzo tras chegar a un acordo sobre as bases para asinar un novo convenio colectivo con vixencia até o ano 2019.


O acordo contempla unha subida salarial total durante o período de vixencia do 5%, con subida do 1,75% para o pasado ano 2017, do 1,50% para o 2018 e do 1,75% para o 2019, con revisión segundo o valor do IPC para os dous últimos anos. Tamén se acordou que, no caso de non ter rematada a negociación do convenio a partires do 1 de xaneiro do 2020, estará garantida a subida salarial segundo a evolución do IPC até a sinatura dun novo convenio.


Sobre os tres días de libre disposición, recollidos xa no convenio, acordouse cambiar a súa consideración para que pasaran a ser permisos retribuídos e non recuperables, polo que a xornada anual efectiva para as traballadoras e traballadores pasa de 1.770 a 1.749 horas.


No apartado de permisos e licencias acordouse unha nova redacción para clarificar os permisos retribuídos e non recuperables no caso de nais e pais que teñan que acompañar a unha filla ou fillo menor de idade a unha consulta médica, este permiso será retribuído e non recuperable, en todo caso, para acudir a unha consulta urxente, e até un máximo de 20 horas/ano por filla ou fillo para acudir a unha consulta de especialista. Tamén se incorporan 2 días, como permiso retribuído e non recuperable, para a traballadora ou traballador que teña que acudir cunha filla ou fillo menor de idade a unha consulta fora da comunidade autónoma.


Despois dunha longa negociación da renovación dun convenio colectivo paralizado desde o ano 2014, este acordo permite compensar as perdas retributivas destes anos, pero aínda mantén unha débeda importante coas traballadoras e traballadores do sector en aspectos sociais e de melloras retributivas que nesta negociación non se conseguiron incorporar ao convenio.


As negociacións para o novo convenio do ano 2020 comezarán o 1 de outubro de 2019 e agardamos que, coa determinación e a forza mostrada polas traballadoras e traballadores, consigamos as melloras sociais e retributivas pendentes.

 
Convenio Sanidade Privada Imprimir
Privada - Xeral
Venres, 16 Marzo 2018 12:38

ASEMBLEA DE TRABALLADORAS/ES DO SECTOR DE CLÍNICAS PRIVADA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA  14 de Marzo de 2018

 

ACORDOS:

PROPOÑER UNHA CONTRAOFERTA GLOBAL E COMO TAL DEBE SER INTERPRETADA, CONSISTENTE EN:

 

 

A) Aceptar o 0,50% no 2016 que sumaríase ao 1,25% do 2017 coa correspondente PAGA DE ATRASOS do 0,50+1,25%

 

B) Subidas salariais do 2% no 2018 e 2% no 2019 con revisión do I.P.C. se algún destes anos supera o 2% asinado. A patronal ofrece o 1,5%.

 

C) REDUCIÓN DE XORNADA ANUAL en 21 horas. A patronal ofrece 7 horas.

 

D) PLUS DE TOXICIDADE para traballadoras/es e servizos subliñados na nosa proposta inicial.

 

E) Redacción consensuada no dereito das nais e pais a acompañar ás súas fillas e fillos a pediatras e especialistas.

 

 

Os sindicatos desconvocaríamos a FOLGA do día 21 se existe unha convocatoria da patronal e resposta a nosa contraproposta,

e manteríamos a convocatoria de folga do 26 e 27 de marzo.

 
Asemblea O Castro Imprimir
Privada - Xeral
Martes, 05 Decembro 2017 17:39

IMG-20171205-WA0007

 
Eleccións Centro Médico O Castro Imprimir
Privada - Xeral
Luns, 04 Decembro 2017 19:58


O próximo martes 12 de decembro vanse celebrar elección sindicais no  Centro Médico O Castro, CIG-Saúde tivo un papel fundamental na estabilidade do persoal logo das dificulatdes que atravesou este centro sanitario. É hora de decidir quenes van representar ás traballadoras e traballadores para os vindeiros anos, onde tomaranse decisións importante cara ao futuro do Centro. CIG-Saúde significa FORZA E COMPROMISO. Non comprometamos o futuro con decisións que logo debiliten os intereses das traballadoras e traballadores.

APOIA A CANDIDATURA DE CIG-Saúde


Eleccions-O-Castro-17

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>