facebook     twitter

gripe
eu-galego

Explicación da foto denuncia

Este apartado está feito para denunciar por medio de fotografías os feitos que sexan susceptibles de denuncia, para elo contamos coa colaboración do persoal, enviándonos as fotos para publicalas na nosa páxina web xunto coa explicación oportuna do feito denunciado.

Foto denuncia
Coidados paliativos vía telefónica Imprimir
Foto denuncia - Xeral
Venres, 14 Marzo 2014 08:54

cabina 

 

O CHUVI funciona... Como vemos na imaxe o mantemento integral da saúde dos equipos de comunicación  no Hospital Xeral están a salvo logo da vendaxe de primeiros auxilios á que foi sometido este equipo de pago. Para que logo digan que o SERGAS carece de mecanismos eficaces de intervención…

 

Este rehabilitado aparato se atopa na segunda planta do Hospital Xeral.

Se sospeita que o intervencionista reparador foi un tal Mario Bros

 
Chove e chove e volve a chover... Imprimir
Foto denuncia - Xeral
Mércores, 05 Febreiro 2014 09:49

 

Chove sobre mollado, no Hospital do Meixoeiro cada día aparecen mais focos de humidades e goteiras, agora tamén gotea no almacén dos quirófanos como podemos ver nas imaxes. Nun área tan sensible como o quirófano deberíanse tomar medidas inmediatas para solucionar este problema. Parece que o SERGAS non ten moita presa e intención de arranxar estes problemas de “naufraxio” que padece este hospital.

 

 

Parece ser que fixeron unha “reparación”… na habitación 320 para ser dada de alta e ser ocupada de novo, pintouse, selláronse as fugas e ocupouse con doentes pola mañá, pola tarde tívose que evacuar de novo a habitación porque as augas volveron ao seu cauce …

Goteiras-quirofano


 

Neste momento mais de 25 camas seguen pechadas por abandono intencionado por parte do SERGAS. Pero para que reparar habendo camas na sanidade privada.

 

Os parches non resolven o problema de base. Señores do SERGAS  deixen de racanear en problemas básicos e deixen de gastar miles de euros en salarios innecesarios a enchufados que tiveron cargos no SERGAS con anterioridade, pero de isto xa falaremos noutra ocasión. 

 
A seguridade ante todo... Imprimir
Foto denuncia - Xeral
Venres, 17 Xaneiro 2014 09:22

 

Agora como lle suprimiron o autobus para o persoal do Rebullón dende o 1 de xaneiro porque supuña un "despilfarro" engadir unha parada mais do autobus intercentro (pequena distancia dende o Meixoeiro ao Rebullón). Lembremos que este centro pertence ao municipio de Mos e o Vitrasa non chega ata alí.


Mentras Don Super Mario (Xerente) non lle importa pagar mais de 300 mil euros ao ano para algún persoal enchufado sen dedicación concreta pero que por ter cargos anteriormente se lle regala estas "pequenas" remuneracións. 


Os recortes na sanidade pública chega ao enxeño de "optimizar" recursos.


Para mostra estes asentos nuha sala de espera no Hospital do Rebullón.

 

Sala-espera-Rebullon


Amárrense que veñen curvaaaaasssss.....

 


Sobran as palabras.

 
Mais que goteiras no H. Meixoeiro Imprimir
Foto denuncia - Xeral
Xoves, 09 Xaneiro 2014 08:56



Goteras-Meixo  



Xa se converteu nun clásico as incesantes goteiras no Hospital do Meixoeiro. Os recortes impostos pola Xerencia noutros aspectos laborais e asistenciais parecen non afectar aos manantiais que regan diversas dependencias do Hospital, mantendo o seu cauce… habitual. Na entrada principal podemos observar a novedosa e vanguardista tecnoloxía para subsanar estas incidencias que Don Mario Bros encárgase de reparar. Ánimo Super Mario, ti podes.

 
Semipintado no hospital Meixoeiro Imprimir
Foto denuncia - Xeral
Xoves, 09 Maio 2013 11:11


SemipintadoMeixoParece ser que escasea a pintura, no hospital do Meixoeiro vemos como lle fixeron un lavado de cara á entrada principal, no resto do hospital parece ser que non lle debe facer falta tal brancura. Negras sombras penden sobre o resto do hospital. 

 

Meixopintura

 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>