Actualización dos posibles destinos no concurso de traslados aberto e permanente nas categorías de celador/a e PSX Imprimir
Traslados - Traslados Externos
Venres, 29 Decembro 2017 08:52

 

O venres 29 de decembro publicouse en DOG a RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se actualiza a relación de potenciais destinos do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos, convocado mediante a Resolución do 29 de novembro de 2017.

Traslados

Está publicada unha actualización da relación de potenciais destinos do concurso de traslados aberto e permanente de persoal de xestión e servizos, que afecta exclusivamente ás categorías de celador e persoal de servizos xerais.


Na categoría de celador/a, inclúense prazas en PACS en diversas localidades.

 

Na categoría de PSX, inclúese un centro de saúde.

 

Os/as aspirantes destas categorías que tivesen formalizado e presentado por rexistro electrónico o seu formulario de participación no concurso de traslados e desexen efectuar unha modificación do mesmo para incorporar algún dos destinos que se adicionan, deberán efectuar esta modificación a través de Fides/expedient-e. Para iso, o/a profesional deberá acceder ao seu formulario de inscrición, xa formalizado, efectuar sobre o mesmo os cambios na selección de prazas que estime oportunos e presentar o formulario de participación coas modificacións efectuadas, por rexistro electrónico.

 

Aqueles/as profesionais destas categorías que, tendo presentado a súa solicitude de participación no concurso non desexen efectuar ningunha modificación no/s destino/s seleccionado/s, non terán que realizar ningunha actuación.

 

Con carácter excepcional, para as categorías de celador/a e persoal de servizos xerais, e exclusivamente para o primeiro ciclo de adxudicación, admitiranse as solicitudes de participación e petición de destinos que consten rexistradas en Fides/expedient-e e formalmente presentadas ata o 31 de xaneiro de 2018.