Resumo informativo Mobilidade Interna CHUVI 2018 Imprimir
Traslados - Mobilidade Interna
Luns, 16 Xullo 2018 06:33
REQUISITOS E CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

a) Persoal fixo do CHUVI

b) Estar en situación de activo ou asimilada na correspondente categoría.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

DATA INICIAL: 16 de xullo de 2018

DATA FINAL: 18 de setembro de 2018 as 15 horas
traslados-chuvi
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

1. Formulario de inscrición

Cumprimentarase a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/expedient-e/procesos/mobilidade
interna voluntaria), e imprimirase para a súa posterior presentación.

2. Modelo de elección de postos (Anexo II, da categoría correspondente).

O modelo está dispoñible na Intranet e nas oficinas de persoal. Se cumprimentará a man o modelo da
correspondente categoría, indicando necesariamente: Nome e Apelidos completos, DNI, e orden de
preferencia dos postos solicitados (1º, 2º, 3º,...). Poden solicitarse un ou máis postos.

O formulario de inscrición así como o modelo de selección dos postos solicitados deberán ser presentados conxuntamente
dentro do prazo indicado, nos rexistros da EOXI ou noutros admitidos pola lei de procedemento administrativo. 
Serán excluídas as solicitudes que presenten emendas ou datos incompletos ou inexactos.

MÉRITOS AVALIABLES

En aplicación do baremo de méritos incluído na convocatoria, só se avalían os servizos prestados na que se
teñan causado
ata a data inmediatamente anterior á publicación da Resolución da convocatoria (ou sexa, ata o día 12 de xullo de 2018).

Tales méritos deberán estar necesariamente mecanizados en FIDES, para o que poderán rexistrarse e acreditarse ata o momento
de finalización do prazo de presentación de solicitudes (ata o día 18 de setembro).

CATEGORIAS CONVOCADAS

Enfermeira/o, Enfermeira/o Especialista en Saúde Mental, Fisioterapeuta, Logopeda, Terapeuta Ocupacional, TSID e TCAE.
Grupo Auxiliar da Función Administrativa e Celador/a.

OUTRAS NORMAS A TER EN CONTA

Os postos adxudicados nesta convocatoria serán irrenunciables.
O persoal que veña desenvolvendo as súas funcións, por motivos de saúde, nun dos postos ofertados,
estará obrigado a participar solicitando a lo menos, o correspondente posto.
A incorporación nos destinos adxudicados será progresiva e nun prazo non superior a seis meses.

Convocatoria e bases

SOLICITUDES DE POSTOS:

Celador/a
Auxiliares administrativas/os
TCAE


Enfermeiras/os

Enfermeiras/os en saúde mental


TSID


Logopeda


Terapeute ocupacional

Fisioterapeuta