CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Calendario Laboral 2017

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
  • Calendario Laboral Galiza 2017. DECRETO 76/2016, do 9 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2017. Descargar PDF
  • Calendario Laboral Estado 2017. Resolución de 4 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Emprego, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2017. PDF (BOE-A-2016-9244 - 4 páxs. - 301 KB) 

CALENDARIO LABORAL 2017

Podes descargar aquí o calendario coa táboa para levar as contas dos días.

Resultados Eleccións Sindicais 2015. Contigo a Sanidade Pública ten futuro !!!

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter


CIG-Saúde ven de acadar 57 delegadas sindicais nas eleccións celebradas o mércores 6 de maio no ámbito do SERGAS, resultando primeira forza sindical na Mesa Sectorial do SERGAS.

 

Queremos agradecer o apoio recibido, que nos dá forza para continuar traballando e loitando por unha Sanidade Pública Galega de calidade e por unhas condicións de traballo dignas para o seu persoal.

CORAZN

Grazas. Seguimos traballando.



Contigo a Sanidade Pública ten futuro!



Na nosa Área, grazas ao voso apoio conseguimos subir en votos e en número de delegadas ata chegar ás cinco delegadas. Preme enriba das imaxes para ver os resultados:

 


A CIG de Ferrol concentrouse diante dos xulgados contra a represión sindical

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

A mobilización convocouse en solidariedade cun compañeiro xulgado pola súa participación nunha protesta

A CIG de Ferrol realizaba unha concentración na mañá deste mércores en solidariedade e apoio ao compañeiro Rafael Aguirrebengoa, xulgado pola súa participación nunha protesta contra as políticas privatizadoras do PP, desenvolvida en febreiro de 2014, con motivo da visita da conselleira de Sanidade ao Hospital Arquitecto Marcide.

 

Con motivo do xuízo, a Unión Comarcal da CIG desenvolveu unha concentración ás portas dos xulgados de Ferrol baixo o lema “Represión sindical, terrorismo patronal”.

 

Cómpre lembrar que Aguirrebengoa, xunto con outro compañeiro, fora trasladado o pasado mes de febreiro á comisaría para a súa identificación –onde ambos os dous permaneceron retidos preto de catro horas-, logo de que os axentes procederan a tomar os datos a todas as persoas que estaban participando nunha protesta contra os recortes na sanidade pública ás portas do Hospital Arquitecto Marcide e que previamente foran desaloxadas do centro sanitario.

 

Cando ían ser xulgados por unha falta, a vista adiouse ao presentarase un parte de lesións a un policía; e mentres a Aguirrebengoa se lle mantivo o xuízo por faltas, o outro compañeiro vai ser xulgado por un delito, acusado de provocar as lesións a un axente. Unha circunstancia que, apuntaba o voceiro comarcal, Xesús A. López Pintos, semella pouco verosímil cando nas imaxes dun vídeo da protesta vese, precisamente, ao compañeiro coas mans nos petos sendo empurrado fóra do hospital por un policía.

 

No caso do xuízo a Aguirrebengoa celebrado hoxe, a propia fiscalía sumouse aos argumentos da defensa, no senso de que non cabe ningún tipo de sanción máis, tendo en conta que xa pasou retido na comisaría para a súa identificación máis de tres horas. “E aínda que os identificaron ao momento de chegar a comisaría, tivo que acudir un avogado da CIG ao lugar para que lles permitiran saír”, apuntou o voceiro comarcal.

 

Así as cousas, para a CIG de Ferrol estamos ante un novo caso de intento de criminalización e persecución da mobilización social, na liña das actuacións do Partido Popular “que pretende reprimir por esta vía todo tipo de resposta ás súas políticas de recorte de dereitos laborais, sociais e civís”. E é neste camiño no que hai que enmarcar a recentemente aprobada Lei de Seguridade Cidadá e a modificación do Código Penal.

 

Noticia en Avantar15-05-06_Concentracion_xulgados_Ferrol1.grande

1º de maio: Contra a pobreza, emprego e Salarios Dignos

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter



MANIFESTACIÓN EN FERROL

CON SAÍDA ÁS 12 HORAS

DO LOCAL COMARCAL DA CIG



primeiro_maio_2015_cig

6 de maio, eleccións sindicais: Vota CIG Saúde

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

O día 6 de maio, coma cada catro anos, volvémonos someter á vosa avaliación. Nestes anos tivemos erros e acertos, pero sempre intentamos desenvolver o noso traballo con Compromiso, Rigor, Seriedade e Transparencia, dedicando unha parte importante do noso traballo á defensa da Sanidade Pública. Isto fixo que a Administración nos definise como un dos maiores perigos sociais ao que se enfrontan. Non nos puideron calar, e non conseguirán calarnos. O teu apoio é importante para que poidamos continuar con esta loita.

 

 

O de 6 maio, vota

 

 

CIG Saúde

 

 

Tedes toda a información das eleccións sindicais 2015 na web 

 

eleccions2015.cig-saude.info

 

 


 

Candidatura

Ver candidatura

 


 

Spot

 


 

Boletín

ferrol__Páxina_1

  Descargar Boletín Electoral (pdf)

 


 

Cartaz

logoCIGfotos

Ver a tamaño orixinal

 

 

 


 



eleccions2015.cig-saude.info

 

 

 

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48