CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Manifestación xoves 27 de febreiro ás 20 horas

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

A Alianza Social Galega convoca mobilizacións “Por outra saída da crise” para o vindeiro xoves 27 de febreiro.

 

A Alianza Social Galega composta por sindicatos, partidos políticos, asociacións sociais, veciñais, culturais, etc, convoca protestas o xoves 27 de febreiro en varias localidades galegas baixo o lema “Por outra saída da crise”, buscando unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais que impoñen os gobernos galego e español.

 

En Ferrol a manifestación sairá da Praza de España ás 20 horas.


Mani-alianza-social

Os representantes da Alianza Social Galega subliñaron que nunha conxuntura con 271.500 persoas en situación de desemprego e case co 45% que carecen de coberturas, o Goberno da Xunta presenta un Orzamento que non contén medida ningunha para reactivar a actividade económica e o emprego.

 

Denunciaron que os gobernos de Rajoy e Feijoo impoñen cada día novos e constantes recortes, entre os que salienta unha reforma laboral estéril e moi prexudicial para os traballadores, cun novo paquete de medidas que flexibiliza e desregula o contrato a tempo parcial; recortes nas pensións; retrocesos no ensino público; agresións á sanidade pública; paralización e marcha atrás na aplicación da Lei de Dependencia; privatización dos servizos públicos municipais; un ataque aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres; a implantación dun estado policial coa reforma da Lei de seguridade cidadá e do Código penal; a reforma da Lei hipotecaria, insuficiente e que non contén solucións estruturais; un conxunto de políticas que van cara a desertización do rural e destrución do medio; e o progresivo desmantelamento da política pública de cooperación ao desenvolvemento.

 

Ante esta crítica situación, a Alianza Social Galega fixo un chamamento ao conxunto da sociedade para que saia á rúa masivamente a manifestar a súa oposición a estas políticas e a reclamar outras máis xustas e solidarias que beneficien ao conxunto das galegas e galegos e non só a aqueles que provocaron a crise.

Novas concentracións no Marcide e no Naval contra as privatizacións

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

XOVES 27 DE FEBREIRO

 

CONCENTRACIÓNS CONTRA AS PRIVATIZACIÓNS NO SERGAS

 

Na entrada do Hospital Arquitecto Marcide ás 11 horas

Na entrada de Consultas do Hospital Naval ás 12 horas

 

XUNTAS PODEMOS

 

NIN UNHA PRIVATIZACIÓN MÁIS

 

Xunta de Persoal da ASF

Galería Concentracións contra as privatizacións no SERGAS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Arquitecto Marcide

 

 

Hospital Naval

Concentracións no Marcide e no Naval contra as privatizacións

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

XOVES 20 DE FEBREIRO

CONCENTRACIÓNS CONTRA AS PRIVATIZACIÓNS NO SERGAS

 

Na entrada do Hospital Arquitecto Marcide ás 11 horas

Na entrada de Consultas do Hospital Naval ás 12 horas

 

XUNTAS PODEMOS

 

NIN UNHA PRIVATIZACIÓN MÁIS

 

Xunta de Persoal da ASF

Galería da concentración contra as privatizacións no SERGAS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Importante mobilización de traballadoras na concentración de hoxe na entrada do Hospital Arquitecto Marcide convocada pola Xunta de Persoal da ASF en contra das privatizacións no Servizo Galego de Saúde.

 

 

PAREMOS AS PRIVATIZACIÓNS

NIN UNHA PRIVATIZACIÓN MÁIS

XUNTAS PODEMOS !!!

Concentración contra as privatizacións no SERGAS: Non á privatización do servizo de esterilización

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

A Xunta de Persoal da ASF, da que forma parte a CIG, convoca a TODAS as traballadoras á CONCENTRACIÓN  que terá lugar o vindeiro xoves 13 de febreiro as 11 da mañá na entrada do Hospital Arquitecto Marcide, contra as privatizacións no servizo público de Saúde.


Hoxe é o servizo de esterilización.

 

Mañá pode ser o teu.


UNETE!!!

DEIXATE VER!!!

 

PAREMOS AS PRIVATIZACIÓNS


XUNTAS PODEMOS !!!

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48