CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Mobilizacións desta fin de semana

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
Marcha contra a LOMCE-Santiago de Compostela. A CIG-Ensino participa na plataforma convocante. A marcha sairá as 10:30h do sábado 28 de setembro da rotonda do polígono do Tambre para chegar á praza de Praterías as 12h. Os buses sairán ás 9h da avenida de Esteiro diante do sindicato. O prezo é de 5€. Para anotarse chamade ao teléfono do Local Comarcal da CIG ao 981358750. Máis información.
 
 
Manifestación polo dereito ao aborto-Santiago de Compostela. A CIG tamén participa na plataforma convocante. A manifestación sairá as 17:30h deste sábado 28 de setembro da Estación dos Camiños de Ferro de Compostela. A plataforma solicita ás persoas que vaian asistir que leven prendas lilas e cacerolas. 
 
 
Manifestación nacional en demanda dunha nova política forestal e a profesionalización dos servizos de extinción-Santiago de Compostela. A manifestación saíra ás 12:00 horas do domingo 29 de setembro da Estación do Tren de Compostela. Máis información.
 
 
ACODE E PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS

Posición da CIG Saúde respecto dos Plans de Autoprotección dos Hospitais Naval e Marcide

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Logo de 2 anos de discusión veñen de aprobarse os documentos relativos ós plans de emerxencia interna ou Autoprotección de dous Hospitais da Comarca correspondentes ó Hospital Arquitecto Marcide e o Hospital Naval coa oposición de CIG SAÚDE e CC.OO.

Os plans aprobados na Xerencia de Ferrol foron alegados en profundidade por CIG SAÚDE en sucesivos Comités de Seguridade e Saúde, foro de representación dos traballadores/as, dende a responsabilidade e o rigor que merece un tema de importancia capital como é “un plan de emerxencia interna hospitalario”. Alegacións de importante calado que se realizaron para tentar subsanar as importantes deficiencias detectadas nas propostas de plans de emerxencia presentados no seo do Comité de Seguridade e Saúde.

As alegacións realizadas dende a CIG SAÚDE foron desestimadas e non incorporadas o que fai que a organización sindical se opoña á aprobación duns plans, que pretenden cumplir formalmente coa lexislación que se incumpreu ata o momento, pero que non nos preparan de cara a unha situación de emerxencia interna hospitalaria na comarca de Ferrolterra; un plans de emerxencia que non garanten un mínimo de seguridade para traballadoras e usuarias/os no caso dunha emerxencia, que por sorte non tivo lugar ata o día de hoxe pero que pode producirse en calquera momento.

Case dez anos esperando por uns plans de emerxencia interna, que foron aprobados por esta Xerencia con “deficiencias e múltiples xeneralidades”.

Entre outras cousas, os documentos aprobados, se caracterizan pola xeneralidade dos mesmos, inconcreción nas actuacións dos traballadores e traballadoras no caso dunha emerxencia; segundo a CIG SAÚDE, as deficiencias máis importantes, se atopan nunha mala configuración dos equipos de emerxencia, non se fixo un estudo xeral dos centros de traballo anotando as deficiencias estructurais que presentan por tratarse, na maioría dos casos de edificios antigos, non se comprobaron se os percorridos de evacuación e saídas de emerxencia cumpren ou non coa normativa que lles é de aplicación, non se identificaron correctamente as situacións de alto risco no caso de emerxencia, etc.

A CIG SAÚDE denunciou reiteradamente, perante a Inspección de Traballo e Seguridade Social, a falta de medidas de emerxencia e evacuación nos centros de traballo da Área Sanitaria de Ferrol, por considerar que se incumpría a normativa de riscos laborais e a específica de emerxencias. A denuncia abarcou tanto ós Hospitais Marcide, Naval, Novoa Santos coma os centros de Atención Primaria, que tampouco dispoñen de medidas de emerxencia implantadas . Como consecuencia, a Inspección de Traballo realizou a Área Sanitaria de Ferrol requerimento sobre a obriga de ter implantados os plans de emerxencia interna nos centros de traballo da Área
Sanitaria de Ferrol.

A CIG SAÚDE Ferrol denuncia e pon de manifesto que resulta inaudito que a Administración incorra neste tipo de prácticas, que desprezan os dereitos dos e das traballadoras e que supoñen un risco notable para o persoal do centro, para as do resto de empresas que operan no mesmo e para os usuarios e usuarias, sobre todo no caso de centros de importantes dimensións como son os dous principais hospitais da comarca de Ferrol do SERGAS.

A CIG SAÚDE, en cumprimento das obrigas para co/as traballadores/as e usuario/as, estudou e realizou aportacións de forma continuada para acadar uns plans de emerxencia interna, que realmente poidan tentar garantir o máximo posible unha correcta actuación ante unha situación de emerxencia interna hospitalaria; despois de tanto tempo a CIG SAÚDE lamenta que se aproben uns plans, deficientes para dar tan só, cumprimento normativo a unha obriga legal e que non se profundice seriamente na seguridade e saúde de traballadore/as sanitario/as e usuarios/as da comarca de Ferrol .


Ferrol, a 18 de setembro de 2013.
CIG Saúde Ferrol

Asemblea Informativa da CIG

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

ASEMBLEA INFORMATIVA DA CIG

 

PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA DA CIG POLO EMPREGO

 

12 DE SETEMBRO ÁS 10 HORAS NO CENTRO CÍVICO DE CARANZA

20 de xuño en Compostela, Concentración en fila...

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

AS LISTAS DE CONTRATACIÓN:

 

A COLA DO PARO DO SERGAS

 

CONCENTRACIÓN EN COMPOSTELA


XOVES 20 DE XUÑO ÁS 11 HORAS

 

ENTRADA DO EDIFICIO DO SERGAS



Descarga, imprime e reparte o cartaz da concentración no teu centro de traballo

Milleiros de persoas confirman nas rúas o éxito rotundo da Folga Xeral Comarcal de Ferrolterra

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Desde CIG Saúde Ferrol queremos agredecer o seu esforzo a todos e a todas as traballadoras da comarca que no día de onte apoiaron e secundaron a folga xeral comarcal así como aqueles que viñeron desde outras comarcas a apoiarnos e participar nos piquetes informativos e na manifestación, así como a todos aqueles traballadores e traballadoras que en solidariedade coa nosa comarca e a nosa loita e en defensa das súas propias comarcas se manifestaron en Santiago, Pontevedra, Vigo ou Ribeira.

 

 13-06-12_FolgaComarcalFerrol_0029a.grande

Unha maré humana –arredor de 120.000 persoas, segundo os cálculos das organizacións sindicais- recorreron onte as rúas de Ferrol, nunha das manifestacións máis multitudinarias que se lembran na comarca nos últimos tempos. A reivindicación: solucións urxentes que poñan freo á sangría de destrución de emprego, de desmantelamento dos sectores produtivos básicos, de recorte de servizos públicos, do despoboamento imparábel que sufre Ferrolterra. Demandas plasmadas no marco da convocatoria dunha exitosa xornada de Folga Xeral, que tivo un seguimento de practicamente o 100% na maioría dos sectores e paralizou a toda a comarca.

Mércores 12 de xuño, FOLGA XERAL COMARCAL

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter


HORARIO DA FOLGA

Para o conxunto do persoal do SERGAS o horario da folga comeza ás 22 horas do 11 de xuño e remata ás 8 horas do día 13 de xuño.

 

TELÉFONOS DE INCIDENCIA

Durante toda a xornada de folga poderédesvos poñer en contacto para todo aquelo que necesitedes nos números 630.594.691, 647.938.026 ou 670.264.501.

 

MANIFESTACIÓN COMARCAL UNITARIA

Con saída ás 12:00 horas da Praza do Inferniño en Ferrol.


DESCARGA:

 



FERROLTERRA ESIXE SOLUCIÓNS

 

Nas comarcas de Ferrolterra o desemprego medra por enriba do resto do Estado e de Galiza, un 16% no último ano, a perda de poboación nos últimos anos supera as 12.000 persoas e a media de idade en Ferrol xa supera a do resto das cidades galegas.

 

Tódolos planos postos en marcha polas distintas administracións non foron quen de paliar este drama, bascamente por non ter afrontado unha verdadeira diversificación industrial.

 

As nosas comarcas están a padecer un illamento en canto a infraestruturas que supón un enorme lastre para o seu desenrolo.

 

O sector máis importante da comarca, do cal dependen 17.000 familias, o naval, segue sen ter contratos e está abocado a paralización absoluta.

 

Os nosos sectores produtivos básicos esmorecen e mesmo algún deles morre, como o marisqueiro, pola dilación no cumprimento de normativas da UE en canto a saneamento da ría.

 

ÚNETE Á FOLGA XERAL COMARCAL



 

Comunicado da Xunta de Persoal diante da convocatoria Folga Xeral na comarca de ferrolterra do dia 12 de xuño de 2013.

 

Nas comarcas de Ferrolterra o desemprego medra por enriba do resto do Estado e de Galiza, un 16% no último ano, a perda de poboación nos últimos anos supera as 12.000 persoas e a media de idade en Ferrol xa supera a do resto das cidades galegas.


Tódolos planos postos en marcha polas distintas administracións  non foron quen de paliar este drama, básicamente por non ter afrontado unha verdadeira diversificación industrial.


As nosas Comarcas están a padecer un illamento en canto a infraestructuras que supón un enorme lastre para o seu desenrolo.


O único e máis importante sector económico da comarca do cal dependen 17.000 familias, o naval, segue sen ter contratos e está abocado a paralización absoluta. Os nosos sectores produtivos básicos esmorecen e mesmo algún deles como o marisqueiro, pola dilación no cumprimento de normativas da EU, en canto o saneamento da Ría.


O desmantelamento das Administracións  Públicas na nosa comarca e evidente, coa  conseguinte perda de postos de traballo .No sector sociosanitario as empresas que prestan servizos básicos a persoas con problemas de integración social, están abocadas a desaparición.


Diante desta situación de drama social que están a vivir as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, demandados das institucións da Xunta de Galiza e do estado Español  a posta en marcha de políticas activas de emprego, que poidan paliar esta situación que se está a converter en irreversible.


QUEREMOS AMOSAR O NOSO APOIO Á XORNADA DE FOLGA ASÍ CÓMO TAMÉN FACEMOS UN CHAMAMENTO AS/OS TRABALLADORAS/ES DA COMARCA A SECUNDAR E APOIAR A XORNADA DE FOLGA  DO VINDEIRO 12 DE XUÑO.

 

Ferrol, a 7 de xuño de 2013.


Asemblea Informativa sobre a Folga Xeral Comarcal

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

ASEMBLEA INFORMATIVA

SOBRE A FOLGA XERAL COMARCAL

 

10 DE XUÑO DE 2013

 

 

ÁS 11 HORAS NO SALÓN DE ACTOS DO HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE

 

ÁS 14 HORAS NO SALÓN DE ACTOS DO HOSPITAL NAVAL 

 

asembleas

 

 

 

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48