CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Puntos da orde da asemblea de hoxe sobre contratacións

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

573-70301-a-convocatoriaHoxe tivemos unha asemblea para a afiliación sobre o novo pacto de contratacións. Deixámosvos aquí os puntos da orde do día que foron tratados. Tan só é unha enumeración dos puntos da orde do día, nin é a posición da CIG Saúde nin son as respostas da afiliación, simplemente é unha información orientativa da situación actual.

 

ASEMBLEA INFORMATIVA PACTO DE CONTRATACIÓNS

 

O 26 de Febreiro coa proposta xeral de novo pacto de contratacións enriba da mesa, se sentan as bases en relación a liñas xerais:

 

* Listaxe única (aprobados e suspensos).

 

* Baremo ( 60% nota proporcional exame ope) / 40% resto méritos (experiencia profesional, formación). Non reflexan a puntuación por pool/ o tope de tempo no concepto de experiencia profesional a baremar sería de 8 anos e 10 meses.

 

* Xeración e publicación de listaxes: con carácter xeral as listas xeraranse a data 31 de outubro de cada ano. Ao remate de cada proceso selectivo, coa publicación no DOG dos nomeamentos, efectuarase una nova xeración de listas, sempre que medie un período mínimo de  tres meses entre a data de finalización do proceso selectivo e a data de xeración de listas, previsa anteriormente ( 31 de outubro). De mediar un prazo inferior, efectuarase unha única xeración de listaxes que incorporará os resultados de OPE.

 

* No apartado de réxime transitorio: oposición frontal á nosa petición de que o novo baremo que se negocie seña de aplicación para a OPE 2010 e se realice convocatoria de listaxes co baremo vixente para actualización de méritos coa OPE 2006.

 

A administración prantexa que a plataforma dixital que están a deseñar se atopa bastante avanzada polo que accederían a una nova convocatoria de listaxes tan só con baremo novo, negando a posibilidade de convocatoria de listaxes co baremo do pacto actual.

 

O 27 de Abril a administración realiza unha nova proposta en canto a normativa de pacto de contratacións, sobre a que desexamos facer análise, dunha serie de puntos.

  1. Apartado  de promoción interna: a administración realiza unha proposta referindo o ámbito de aplicación de éstas ó área ou ámbito territorial ( que resulte) e xa non por centro. Posibilitando unha primeira renuncia para chamamentos fora da localidade donde reside o traballador.
  2. Segue mantendo a imposibilidade de anotarse en listaxes durante tempo indefinido, nos casos de expulsión de listaxes, sin apertura de expediente.
  3. Listaxes compatibles, manteñen a este nivel as compatibilidades entre as categorías do mesmo ámbito funcional ata o de agora vixentes.
  4.  Eliminan as convocatorias automáticas e posibilitan as convocatorias por indispoñibilidade.
  5. O cambio de área tan só será realizado con cada xeración de listaxes (tanto en listaxes de libre cómo nas listaxes de promoción interna).
  6. Listaxes especiais: proposta con aumento de categorías e ámbito de listaxes. Prioridade para contratacións nas áreas especiais, sen limitación da preferencia de contratos cunha duración máxima de 2 meses. Se engade unha formación regrada de mínimo 40h para cumplir requisitos de acceso a estas listaxes.
  7. Compatibilidade de listaxes especiais.
 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48