CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A CIG de Ferrol concentrouse ás portas do xulgado en solidariedade e apoio a dous compañeiros

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Tiveron que acudir a declarar pola súa participación nunha mobilización contra as políticas de recortes do PP

 

A CIG de Ferrol desenvolveu este luns unha concentración en apoio e solidariedade aos dous compañeiros que tiveron que acudir ao xulgado para declarar pola súa participación nunha protesta contra as políticas privatizadoras do PP, realizada o pasado mes de febreiro, con motivo da visita da conselleira de Sanidade ao Hospital Arquitecto Marcide.

 

Os dous compañeiros da CIG tiveron que acudir a declarar este luns ao xulgado de instrución número 1 de Ferrol acusados de desordes públicos “xa que o que estaba tipificado nun principio como falta –e que ía resolverse nun xuízo rápido- converteuse nun delito logo de que aparecera unha denuncia por lesións a un policía”, denuncia o co-responsábel comarcal da CIG Ferrol, Manel Grandal.



Para a CIG Ferrol estamos ante un novo caso de criminalización e persecución da mobilización social, na liña das actuacións do Partido Popular “que pretende reprimir por esta vía todo tipo de resposta ás súas políticas de recorte de dereitos laborais, sociais e civís”. E neste camiño, apunta Grandal, é no que hai que entender tamén a reforma da Lei de Seguridade Cidadá e do Código Penal promovidas polo PP.

 

Cómpre lembrar que os dous membros da CIG foran trasladados o pasado mes de febreiro á comisaría para a súa identificación –onde permaneceron retidos preto de catro horas-, logo de que os axentes procederan a tomar os datos a todas as persoas que estaban participando nunha protesta contra os recortes na sanidade pública ás portas do Hospital Arquitecto Marcide e que previamente foran desaloxadas do centro sanitario.


Nova relacionada

Trasladan a dous membros da CIG a comisaría para a súa identificación

 

 

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48