CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A CIG de Ferrol concentrouse diante dos xulgados contra a represión sindical

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

A mobilización convocouse en solidariedade cun compañeiro xulgado pola súa participación nunha protesta

A CIG de Ferrol realizaba unha concentración na mañá deste mércores en solidariedade e apoio ao compañeiro Rafael Aguirrebengoa, xulgado pola súa participación nunha protesta contra as políticas privatizadoras do PP, desenvolvida en febreiro de 2014, con motivo da visita da conselleira de Sanidade ao Hospital Arquitecto Marcide.

 

Con motivo do xuízo, a Unión Comarcal da CIG desenvolveu unha concentración ás portas dos xulgados de Ferrol baixo o lema “Represión sindical, terrorismo patronal”.

 

Cómpre lembrar que Aguirrebengoa, xunto con outro compañeiro, fora trasladado o pasado mes de febreiro á comisaría para a súa identificación –onde ambos os dous permaneceron retidos preto de catro horas-, logo de que os axentes procederan a tomar os datos a todas as persoas que estaban participando nunha protesta contra os recortes na sanidade pública ás portas do Hospital Arquitecto Marcide e que previamente foran desaloxadas do centro sanitario.

 

Cando ían ser xulgados por unha falta, a vista adiouse ao presentarase un parte de lesións a un policía; e mentres a Aguirrebengoa se lle mantivo o xuízo por faltas, o outro compañeiro vai ser xulgado por un delito, acusado de provocar as lesións a un axente. Unha circunstancia que, apuntaba o voceiro comarcal, Xesús A. López Pintos, semella pouco verosímil cando nas imaxes dun vídeo da protesta vese, precisamente, ao compañeiro coas mans nos petos sendo empurrado fóra do hospital por un policía.

 

No caso do xuízo a Aguirrebengoa celebrado hoxe, a propia fiscalía sumouse aos argumentos da defensa, no senso de que non cabe ningún tipo de sanción máis, tendo en conta que xa pasou retido na comisaría para a súa identificación máis de tres horas. “E aínda que os identificaron ao momento de chegar a comisaría, tivo que acudir un avogado da CIG ao lugar para que lles permitiran saír”, apuntou o voceiro comarcal.

 

Así as cousas, para a CIG de Ferrol estamos ante un novo caso de intento de criminalización e persecución da mobilización social, na liña das actuacións do Partido Popular “que pretende reprimir por esta vía todo tipo de resposta ás súas políticas de recorte de dereitos laborais, sociais e civís”. E é neste camiño no que hai que enmarcar a recentemente aprobada Lei de Seguridade Cidadá e a modificación do Código Penal.

 

Noticia en Avantar15-05-06_Concentracion_xulgados_Ferrol1.grande

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48