CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Contratacións

Asemblea Afiliación Persoal Eventual

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

ASEMBLEA AFILIACIÓN

 

PERSOAL EVENTUAL

 

Orde do día: Contratacións

 

15 de outubro ás 17:30 horas

 

Na Aula de Formación do Local Comarcal da CIG (Esteiro)

 

É importante a vosa asistencia !!!

Concentración en apoio á compañeira despedida do Servizo de Limpeza do Marcide

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

CONCENTRACIÓN 


 

 REXEITANDO O DESPEDIMENTO DUNHA COMPAÑEIRA DO SERVIZO DE LIMPEZA DO MARCIDE


XOVES 14 DE MARZO DE 2013 ÁS 12:30 HORAS

NA ENTRADA DO HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE

 

NON AO DESPEDIMENTO!!!!!!

 


ACUDE!!!!!

DEFENDE AS COMPAÑEIRAS/OS!!!!!

INFORMACIÓN DA CONSELLERÍA DE SANIDADE SOBRE INSCRIPCIÓN EN LISTAXES DE CONTRATACIÓNS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Información recibida da Consellería de Sanidade en relación a inscripcións nas listaxes de contratacións.

"Lles informamos que a partir do día 16 de Novembro as persoas que cursaron solicitude de inscripción nas   listaxes de contratacións, poderán consultar o estado da validación da súa inscrición, no apartado de procesos correspondente a selección temporal ou promoción profesional, según sexa.

Poderán saber en tempo real se a súa solicitude foi validada ou ben rexeitada.

De rexeitarse algunha solicitude polas causas previstas relacionadas coas taxas ou por defectos nos formularios, poden subsanarse dentro do prazo de solicitude.

Posteriormente, coa publicación das listas provisionais se abrirá un novo prazo de subsanación de erros, pero non comprenderá a subsanación por impago de taxas.

A validación da inscrición, será visible en tempo real polas persoas interesadas, polo tanto de non ter aboado as taxas o ter outro defecto nas mesmas ou no modelo, poden estar informadas e subsanar dentro do prazo de solicitude.

A validación da inscrición realizarase por orde de rexistro de entrada de ditas solicitudes nas unidades de validación polo que as persoas que entreguen as solicitudes con antelación poden subsanar os erros."

Contratacións: En novembro abrirase a inscrición nas listaxes de Técnicos Superiores

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

En novembro abrirase o prazo para a inscrición nas vinculacións temporais das categorías de persoal Técnico Superior e mais concretamente:

 

                1.-Categorías que se convocan:

                .- Técnico Superior en Anatomía Patolóxica.

                .-              “                         Radioterapia.

                .-              “                         Hixiene Bucodental.

                .-              “                         Imaxe para o diagnóstico (TER).

                .-              “                         Laboratorio e Diagnóstico Clínico.

 

                2.- Presentación e Cómputo dos Méritos:

Os méritos deberán rexistrarse antes do 30 de novembro de 2011.

Os méritos  computados serán os causados ata o 15 de novembro de 2011.

 

                3.-  Publicación no DOG e prazo de inscrición.

 Publicarase no DOG o venres 28 de outubro.

 O prazo de inscrición será do 2 de novembro de 2011 ata o 30 de novembro de 2011.

 

4.- Xeración das listaxes.

   Pendente de confirmar.

 

5.- Solicitudes de Inscrición:

 Será obrigatoria para todo o persoal que queira figurar nas listaxes.

 A solicitude formalizarase a través do currículo profesional habilitado electronicamente na páxina web do SERGAS, no apartado correspondente FIDES/expediente-e, no apartado procesos.

Expedient-e: Solicitude de asesoramento

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Para calquera dúbida respecto ao Expedient-e, a Área Sanitaria dispón dun Punto de Apoio ó Expedient-e, que se ocupa da xestión da información e asesoramento en relación con este novo expediente electrónico.

No caso de precisar asesoramento na xestión do expedient-e, podedes solicitar unha CITA PREVIA co Formulario de petición de Cita Previa  que se vos adxunta e que está tamén á vosa disposición tanto na Intranet como no PAT. Debedes facer chegar esta solicitude cuberta ó PAT, ben persoalmente ou ben a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . A Área porase en contacto para darvos unha cita para acudir ó Punto de Apoio ó Expedient-e, que é onde se facilita o asesoramento na xestión.

Este Punto de Apoio, atópase no andar baixo do Hospital Arquitecto Marcide, ó carón da Dirección de Área, preto do Punto de Atención ó Traballador (PAT) que está no mesmo corredor.  Se tedes algunha dúbida cando o actualicedes, podedes poñervos en contacto co Punto de Apoio ó Expedient-e chamando á Centraliña da Área (981334000) e pedindo que vos pasen coa extensión 267152. En todo caso, se tedes algunha dúbida, podedes poñervos en contacto con nos chamando aos nosos teléfonos do Sindicato.

Descargar formulario de cita previa co PAE

ASEMBLEA AFILIACIÖN

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

cun_megafono
ASEMBLEA AFILIACIÓN CIG-SAÚDE

 

 

XOVES DÍA 4 DE AGOSTO DE 2011

 

ÁS 10 HORAS

 

SALÓN DE ACTOS HOSPITAL MARCIDE

 

 

ORDE DO DÍA:

 

  • EXPEDIENT-E
  • LISTAS CONTRATACIÓN SERGAS
  • NOVO PACTO CONTRATACIÓNS

Listas Contratacións SERGAS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Se estás interesada/o en seguir formando parte ou anotarte por primeira vez nas listas de contratación do SERGAS, desde o 21 de xullo podes introducir ou actualizar os méritos profesionais a través de Internet, na plataforma Expedient-e (http://fides.sergas.es).

 

Probablemente, a partir do mes de setembro abrirase unha convocatoria para inscribirnos a través do Expedient-e nas listaxes de contratación que desexemos.


O proceso de aportación de méritos e inscrición en listas poderase facer de forma continuada ata 15 días antes da publicación das novas listas. A previsión de publicación de listas que da o SERGAS é o 31 de Outubro de 2011.

 

Tedes toda a normativa oficial sobre o Expedient-e na nosa web www.cig-saude.org/ferrol e ademais deixámosvos de seguido un resumo ou podedes descargalo aquí .

 

Máis...

OFERTAS VÍNCULOS LONGA DURACIÓN PARA FACULTATIVOS ESPECIALISTAS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

DOG 23 de maio: Anuncios de convocatorias de vinculacións temporais de FEAS en distintas xerencias.

ANUNCIO do 12 de abril de 2011, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convocan, para vinculación temporal, por concurso de méritos, prazas de diversas especialidades de persoal licenciado sanitario.

ANUNCIO do 20 de abril de 2011, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, polo que se publica a resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal mediante nomeamento temporal de substitución do titular con dereito a reserva de praza, a cobertura dunha praza de facultativo especialista de área.

ANUNCIO do 6 de abril de 2011, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal de interinidade, unha praza de facultativo especialista da Área de Pneumoloxía.

ANUNCIO do 4 de abril de 2011, da Xerencia do Hospital do Salnés, pola que se procede a dar publicidade á resolución 7/2011 da mesma data pola que se convoca para vinculación temporal mediante nomeamento eventual de substitución, por concurso de méritos, unha praza reservada na categoría de facultativo especialista da Área de Oftalmoloxía.

ANUNCIO do 1 de abril de 2011, da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal mediante nomeamento estatutario temporal de persoal interino, por concurso de méritos, unha praza de facultativo especialista da Área de Oncoloxía.

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48