CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Noticias do sindicato

Asembleas para a afiliación

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

ASEMBLEA AFILIACIÓN PARA PERSOAL DO SERGAS

 

25 de marzo de 2014 ás 17:30 horas

Aula de Formación do Local Comarcal da CIG en Esteiro

 

Orde do día:

  • Acordo de vacacións

 

ASEMBLEA AFILIACIÓN PARA PERSOAL EVENTUAL DO SERGAS

 

1 de abril de 2014 ás 17:30 horas

Aula de Formación do Local Comarcal da CIG en Esteiro

 

Orde do día:

  • Contratacións

Asemblea para a afiliación

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

CIG SAÚDE INFORMA:

 

Convócase ASEMBLEA DE AFILIACIÓN

o vindeiro día 04 de novembro as 18 horas,

no salón de actos do Local da CIG en Esteiro,

co seguinte orde do día:

 

-        Proposta de Vindeiras Mobilizacións

 

AGARDAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN NESTA ASEMBLEA!!!

Resumo das Asembleas sobre o Persoal Non Sanitario

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Este pasado día 10 de xullo, CIG Saúde Ferrol, levou a cabo tres asembleas informativas sobre a dramática situación na que se atopa o Persoal Non Sanitario do SERGAS. Deixámosvos aquí, a modo de resumo, as diapositivas utilizadas durantes as asembleas.

 

Sitúate enriba das imaxes pequenas para ollar as distintas diapositivas

 

Video resumo da Xornada de Loita Comarcal

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Información sobre a Xornada de Loita Comarcal do vindeiro xoves 28 de xuño

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

HORARIO DA FOLGA

Para o conxunto do persoal do SERGAS da Área Sanitaria de Ferrol o horario da folga comeza ás 9:00 horas do 28 de xuño e remata ás 15:00 horas do día 28 de xuño.

 

TELÉFONOS DE INCIDENCIA

Durante toda a xornada de folga poderédesvos poñer en contacto para todo aquelo que necesitedes nos números 630.594.691, 647.938.026 ou 670.264.501.

 

MARCHA DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS

Saída ás 10:00 horas de diante do Hospital Arquitecto Marcide.

 

MANIFESTACIÓN COMARCAL

Con saída ás 12:30 horas da Praza do Inferniño en Ferrol.

 

SOBRE OS SERVIZOS MÍNIMOS DURANTE A XORNADA DE FOLGA

Recordamos que o PERSOAL DESIGNADO COMO SERVIZO MÍNIMO ten dereito a ser máximo e apoiar a folga, instando a algún máximo que non secunde a folga e acuda a traballar, que lle asine a solicitude de cambio. Toda a información sobre os mínimos podédela consultar nesta Folla Informativa .

 

CIG Saúde Ferrol informa que na Xuntanza Extraordinaria da Xunta de Persoal aprobouse o seguinte texto:

 

"A  Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol, reunida a día 26 de xuño de 2012, acordou o apoio á convocatoria de Folga Xeral e posterior manifestación, feita pola CIG para o vindeiro día 28 de xuño, Polo Futuro da Nosa Comarca.

 

Chamamos pois á participación de todos/as os/as traballadores/as, e cidadanía en xeral de Ferrolterra na devandita convocatoria, ao mesmo tempo que facemos público este posicionamento.

 

Ferrol, a 26 de xuño, de 2012 

Asdo.: A Presidenta da Xunta de Persoal"

 

Convocatoria de folga xeral

Descarga, imprime e reparte no teu centro de traballo a folla informativa sobre a xornada de loita

Petatinas apoio á folga

28 de xuño, Xornada de Loita Comarcal

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Xornada de loita en Ferrol o 28 de xuño na defensa da comarca porque “sen traballo, non hai presente nin futuro”


A CIG ten convocada folga de 09:00 a 15:00 horas con marchas de traballadores/as, asembleas e manifestación central ás 12:30 dende o Inferniño.

“Pola comarca. Sen traballo, nin presente, nin futuro”, é a consigna baixo a que se desenvolverá a xornada de folga xeral parcial convocada pola CIG de Ferrol para este xoves 28 de xuño. A xornada de loita realizarase entre as 09:00 horas e as 15:00 horas e afectará a todas as actividades desenvolvidas polos/as traballadores/as de empresas privadas e polos empregados/as do sector público dos concellos de Ferrol, Narón, Fene, San Sadurniño, As Somozas, Cedeira, As Pontes, Pontedeume, A Capela, Ares, Mugardos, Cabana, Moeche, Cerdido, Monfero, Miño, Mañon, Vilarmaior, Valdoviño, Neda, Ortigueira e Cariño.
 
A xornada de loita terá como eixo visíbel central a manifestación convocada para ás 12:30 horas, dende o Inferniño. Porén, previamente haberá marchas de traballadores e traballadoras dende os principais polígonos industrias e centros de traballo para visibilizar nas rúas as reivindicacións da central sindical e animar a toda a cidadanía á participar da mobilización. Estas marchas están organizadas en tres itinerarios principais que confluíran no Inferniño antes da saída da manifestación:
  • Itinerario 1:

- 09:30 horas no Concello de Fene (sumaríase a xente procedente de Vilar do Colo).

-10:00 horas paso por San Valentín, diante de Navantia.

-11:00 horas na rotonda do Alcampo. Asemblea

  • Itinerario 2:

- 09:30 horas saída do Polígono das Lagoas

- 10:00 horas no Concello de Narón

- 11:00 horas na Rotonda de Alcampo. Asemblea

  • Itinerario 3:

- 09:15 horas saído do Polígono Río do Pozo.

- 10:00 horas en Leixa (diante da Residencia Arquitecto Marcide). Asemblea.


Situación de crise en todos os sectores produtivos


Dende a CIG de Ferrol sinalan que sobran os motivos para participar nesta xornada de loita, xa que, as graves consecuencias que a conxuntura económica e social actual ten contra os intereses da maioría social, esta situación vese incrementada na comarca porque “dende hai máis de 25 anos véñense tomando decisións políticas lesivas para os nosos sectores estratéxicos”.


A comarca de Ferrolterra rexistra xa máis de 20.000 desempregados e desempregadas -cifra que prosegue en aumento-; ao tempo que avanzan os peches de empresas, os concursos de acredores ou os procesos de regulación de emprego. De feito, a central sindical calcula que o 80% das empresas instaladas na comarca xa sufriron algunha destas situacións.  Fronte a iso, a CIG reclama “a necesidade imperiosa de poñer en marcha políticas activas de emprego e inversión pública nesta comarca”.


Aos peches de empresas e regulacións de emprego hai que engadir a gravísima crise que atravesan sectores estratéxicos para a economía da comarca. Tal é o caso do naval, sen carga de traballo, sen garantías por parte do Goberno do PP de que se construirá o novo dique flotante e coa lousa do veto político á construción naval civil. “De non darse unha solución urxente, as consecuencias serán incalculábeis e irreversíbeis para todos os sectores: comercio, hostalería, etc. estamos a falar de 4.500 empregos directos, e todos os que se xeran de xeito indirecto”.


Do mesmo xeito, os sectores primarios padecen unha situación de esmorecemento continuo , tanto no agro como no mar. O primeiro en proceso de desaparición –parello ao despoboamento do rural- e a ría –destacada fonte de traballo- cada día está máis degradada para a pesca e o marisqueo. A este panorama súmanse a supresión e privatización de servizos públicos esenciais, como a sanidade, o ensino ou os servizos sociais.


Así o advirte a CIG de Ferrol nos dípticos que durante estas últimas semanas distribuíu nos centros de traballo e nas rúas para animar á participar da xornada de loita e concienciar da necesidade de seguir na resposta social como única vía para conseguir un cambio de políticas e avanzar cara a un novo modelo económico e social.


Díptico con toda a información sobre a xornada de loita


Asemblea Informativa de CIG Saúde [Video][28 de xuño de 2012, Xornada de Loita Comarcal]

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter



Asemblea Informativa de CIG Saúde celebrada o 21 de xuño no Hospital Arquitecto Marcide con motivo da Xornada de Loita Comarcal convocada pola Confederacion Intersindical Galega (CIG) e que terá lugar na Comarca de Ferrol o día 28 de xuño de 2012 contra a "dramática situación" económica e laboral que padece a bisbarra. Fala Lois Méndez da Executiva Federal de CIG Saúde.

 

 

POLO FUTURO DA NOSA COMARCA !!!


28 DE XUÑO, XORNADA DE LOITA COMARCAL !!!

 

 

FOLGA XERAL DE 9 A 15 HORAS


MARCHAS DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS
DESDE OS POLÍGONOS


MANIFESTACIÓN CON SAÍDA DO INFERNIÑO ÁS 12:30 HORAS

 

 

SECUNDA A FOLGA XERAL

 

E PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS !!!

Asembleas Informativas sobre a Xornada de Loita Comarcal do vindeiro 28 de xuño

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

 

 

Polo futuro da nosa comarca

28 de xuño, Xornada de Loita

 

 

ASEMBLEAS INFORMATIVAS


 Xoves, 21 de xuño

 

No Salón de Actos do Hospital Arquitecto Marcide:

 

- Ás 11 horas

- Ás 17 horas

 

No Salón de Actos do Hospital Naval:

 

- Ás 13 horas

- Ás 19 horas

 

 


Acude e participa!!!


 

octavilla28062012

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48