CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Atención Especializada

Eleccións ao Comité de Empresa do servizo de Limpeza do CHAMPNS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Onte celebraronse as eleccións ao Comité de Empresa do Servizo de Limpeza do CHAMPNS. O resultado foi:

  • CIG 41 votos e 3 delegadas
  • COG 37 votos e 3 delegadas
  • UGT 19 votos e 2 delegadas
  • USTG 12 votos e 1 delegada

Desde CIG Saúde dámoslle a noraboa ás compañeiras que se presentaron pola CIG e a conxunto de traballadoras pola alta participación nas eleccións.

CIG Saúde esixe que o servizo de mantemento do Naval se cubra con persoal estatutario

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
Despois da integración do Hospital Naval na estrutura do Servizo Galego de Saúde, en novembro de 2008, procédese a licitación do contrato para os traballos de mantemento das instalacións deste hospital. A resolución da Dirección de Área do día 22 de xullo de 2009 resolveu a adxudicación definitiva á empresa EULEN, establecendo que o prazo de execución destes traballos terá unha duración dun ano cunha prórroga non superior o período inicial fixado, polo que vencería o próximo 22 de xullo de 2011.

Dado que este hospital agora forma parte da rede de centros da Área Sanitaria Pública, e ao existir un servizo propio de mantemento encargado destes traballos nos outros hospitais do complexo, esiximos da Dirección de Área que ao vencemento deste contrato se pasen a realizar estas tarefas por este mesmo persoal do servizo de mantemento da Área Sanitaria, dimensionar os equipos en función das necesidades a través dos métodos regulados de selección temporal e definitiva rexido polos principios de publicidade, mérito e capacidade.

Como xa indicamos no 1º parágrafo vai producirse o vencemento do prazo do contrato, e a intención da Dirección é volver licitar o concurso para que empresas privadas opten a seguir facendo estes traballos, en lugar de que o persoal estatutario ocupe os postos de traballo que lle corresponden, sobre todo cando había un compromiso de reverter estes traballos ao sistema sanitario público. Unha vez mais vemos que se volven incumprir compromisos e acordos existentes. No sentido desta reivindicación, 35 traballadores cursaron por escrito, no presente mes, á Dirección da Área Sanitaria de Ferrol a solicitude de reversión ao sistema público, da carga de traballo no servizo de mantemento do Hospital Naval de Ferrol na Área Sanitaria de Ferrol.

Dende CIG-Saúde, seguimos crendo e defendendo o emprego público de calidade, co investimento necesario en medios técnicos e humanos e sen enganos ao persoal que paga unhas taxas para a súa inclusión nunhas listas de contratación onde están á disposición do Sergas as 24 horas do día, para o fin comprobar, como a Dirección de Área confía o mantemento a empresas privadas que non está demostrado sexan máis eficientes nin eficaces.

Ferrol, a 17 de xuño de 2011.

CIG Saúde denuncia o peche de camas nos hospitais públicos de Ferrol durante as vacacións

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Un ano máis, asistimos ao peche de camas na Área Sanitaria de Ferrol. Este ano péchanse as camas de medicina interna do Hospital Naval dende o mes de xuño ata o mes de setembro (4 meses) como xa se fixo o pasado ano e se leva feito de xeito progresivo dende hai moitos anos. A este feito anual consolidado, temos que sumar o peche das camas de pediatría da terceira planta do Marcide ate o mes de setembro (previsións), sen que a Dirección de Área teña posto en coñecemento da representación do persoal os motivos do peche de ambas unidades nin as condicións de traballo que o persoal afectado pola mobilidade forzosa, terá que afrontar.

Comezamos co peche de camas no verán en diferentes plantas de xeito rotatorio coa desculpa de adecentar as mesmas. Non é o caso deste ano, pois non se van acometer reformas nin nas unidades que se pechan nin nas que precisan de arranxos urxentes como son as de Medicina Interna do Hospital Marcide, onde o persoal  e usuarios/as están a padecer  o calvario de instalacións e mobiliario en desuso noutros hospitais dende hai moitos anos.

Mentres tanto, as usuarias e usuarios amoréanse en urxencias agardando máis de 24 horas por unha cama, como aconteceu esta semana, e que moito nos tememos será a estampa do verán, pero iso non será impedimento para seguir coas plantas pechadas, pois o importante é que cadren as estatísticas, a calidade asistencial é algo secundario.

Se o pasado ano a contratación de efectivos para o verán foi escasa este será menor, pois xa temos unidades pechadas e este persoal  substituirá ás compañeiras e compañeiros doutras unidades e servizos. Tampouco se reforzarán os servizos de saúde das zonas costeiras que todos os anos ven aumentada a súa demanda polo incremento de poboación que cada verán se achega as nosas fermosas praias.

CIG-SAÚDE, defendemos a asistencia sanitaria pública e de calidade, con investimento  en medios técnicos e humanos co fin de dar unha asistencia sanitaria acorde ás necesidades da poboación da área, sen falacias estatísticas nin despilfarro do diñeiro público.

 

Ferrol, a 10 de xuño de 2011.

CIG Saúde opónse ao peche da 3ª planta do Novoa Santos durante os meses de verán

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

A Dirección de Área aprobou onte en Comisión de Área o peche da terceira planta do Hospital Profesor Novoa Santos durante os meses de xuño a setembro, ámbolos dous incluídos. Desde a Dirección de Área atribúen este peche á baixada asistencial e ás obras de reforma da cuberta.

 

Con este peche, o persoal que alí traballa será recolocado no resto do Complexo Hospitalario e pasarán a facer as substitucións por vacacións do resto de compañeiros e compañeiras, co conseguinte aforro para a administración e coa conseguinte baixada no volúme de contratacións durante este verán. A día de hoxe o persoal de enfermaría xa sabe o seu destino e se está a negociar a recolocación das auxiliares de enfermaría.

 

CIG Saúde Ferrol opónse a este peche e aposta polas substitucións con persoal das listas de contratación

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48