CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Sanidade Privada

CIG Saúde gaña as eleccións sindicais no Hospital Xeral "Juan Cardona"

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter


O martes día 26 celebraronse as eleccións sindicais no Hospital Xeral “Juan Cardona” en Caranza(Ferrol).


Elixíanse 13 membros do Comité de Empresa: 7 no colexio de Técnicos e Administrativos é 6 no colexio de Especialistas e Non cualificados.

 

O resultado das eleccións foi o seguinte:

  • CIG-SAÚDE: 5     (3 en técnicos + 2 en especialistas)
  • UGT:              4      (3 en técnicos + 1 en especialistas)
  • USTG:              (1 en técnicos + 1 en especialistas)
  • CC.OO:          2    (                              2 en especialistas)

 

A participación do persoal do centro hospitalario foi moi considerable:

  • No colexio de técnicos: 60,25% (97 votos dun censo de 161)
  • No colexio de especialistas: 80,00% (120 votos dun censo de 150)

Sendo a participación media total do 69,80% (217 votos dun censo total de 311)

 

A xornada electoral celebrouse sen ninguna incidencia e dende CIG Saúde queremos agradecer e darlle as grazas a todo o persoal que participou democraticamente na elección dos compañeiros e compañeiras que os representarán no Comité de Empresa, votando as diferentes candidaturas.

Mobilizacións polos compañeiros despedidos en ASFEDRO

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
No mes de outubro tivo lugar o despedimento en ASFEDRO (Asociación Ferrolá Drogodependencias) de dous compañeiros. A traballadora, unha mestra, gañou en primeira instancia o xuízo. Lembrámosvos que estes despedimentos déronse despois de moito tempo de ter a estes traballadoras/es sen carga de traballo e feitos a un lado.
  
A Directiva de ASFEDRO decide facer os despedimentos no mes de Outubro, amparada nos recortes orzamentarios, que son certos, pero que non xustifican unha saida tan indigna das/os compañeiros con 20 anos de prestación de axuda á nosa mocidade. Os despedimentos tiveron outros motivos que nada tiñan que ver cos económicos ainda que se aproveitase a ocasión como se desprende da primeira sentencia.
  
FIXEMOS CONCENTRACIÓNS NO MES DE XANEIRO, CÓMO PROTESTA E EN APOIO DA COMPAÑEIRA DESPEDIDA; NO MESMO SENSO FAREMOS VARIAS CONCENTRACIÓNS EN PROTESTA POLO DESPEDIMENTO DO OUTRO COMPAÑEIRO EDUCADOR SOCIAL.
  • VENRES DÍA 3 DE FEBREIRO ÁS 11.30 HORAS NA Rúa Cádiz, s/n CARANZA.DIANTE DE ASFEDRO.
  • LUNS DÍA 6 DE FEBREIRO ÁS 11.30  HORAS NA Rúa Cádiz, s/n CARANZA.DIANTE DE ASFEDRO.
  • MÉRCORES DÍA 8 DE FEBREIRO 2012 ÁS 09.00 HORAS NOS XULGADOS DE FERROL.
 Pedimos a vosa colaboración, en apoio do compañeiro e denuncia dun inxusto despedimento.

Concentración diante dos xulgados en apoio aos traballadores despedidos en ASFEDRO

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Coincidindo co xuízo contra os traballadores despedidos en ASFEDRO, CIG Saúde convocou hoxe unha concentración para amosar a nosa solidariedade e exixirlle á Dirección da Asociación a readmisión dos traballadores/as de ASFEDRO.

Continúan as mobilizacións polos despedimentos en ASFEDRO

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Hoxe realizamos unha nova concentración diante de ASFEDRO en Caranza. Mañá a concentración será ás 9horas nos xulgados de Ferrol. Contamos coa vosa solidariedade e asistencia ao acto.

 

A CIG esixe a readmisión das/os traballadoras/es despedidas/os.

 

Información completa sobre os despedimentos

Primeira concentración en apoio ás traballadoras/es despedidos en ASFEDRO

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Hoxe pola mañá decorreu a primeira das concentracións convocadas pola CIG para protestar polos despedimentos selectivos de persoal da Asociación Ferrolá de Drogodependencias, mais coñecida por ASFEDRO.

 

Mañá martes ás 11:30 haberá unha nova concentración as portas da sede da Asociación en Caranza e o mércores, día do xuízo polos despedimentos, a concentración realizarase diante dos Xulgados de Ferrol ás 9 horas. Acode e amosa a túa solidariedade cos e coas compañeiras despedidas inxustamente.


A CIG esixe a readmisión das/os traballadoras/es despedidas/os.

Concentracións en protesta polos despedimentos en ASFEDRO

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

No mes de outubro tivo lugar o despedimento en ASFEDRO (Asociación Ferrolá de Drogodependencias) de varias traballadoras/es. Estes despedimentos producíronse despois de moito tempo de telos apartados e sen carga de traballo. A Directiva de ASFEDRO decidiu facer os despedimentos no mes de Outubro, amparada nos recortes orzamentarios, que son certos, pero que non xustifican unha saída tan indigna das/os compañeiros, algún, con máis de 20 anos na prestación de axuda á nosa mocidade. Os despedimentos tiveron outros motivos que nada tiñan que ver cos económicos aínda que se aproveitaron da ocasión.

 

Pedimos a vosa colaboración, a colaboración de todos e todas as traballadoras da sanidade así como dos veciños e das veciñas desta comarca. Pedímosvos, polo tanto, que acudades ás diversas CONCENTRACIÓNS EN PROTESTA POLOS DESPEDIMENTOS.


  • LUNS 9 DE XANEIRO 2012 ÁS 11.30 HORAS NA RÚA CÁDIZ, S/N CARANZA. DIANTE DE ASFEDRO.
  • MARTES 10 DE XANEIRO 2012 ÁS 11.30  HORAS NA RÚA CÁDIZ, S/N CARANZA. DIANTE DE ASFEDRO.
  • MÉRCORES 11 DE XANEIRO 2012 ÁS 09.00 HORAS NOS XULGADOS DE FERROL.


A CIG esixe a readmisión das/os traballadoras/es despedidas/os.

ASFEDRO

 

Máis...

CIG Saúde denuncia despedimentos improcedentes na Farmacia Arbizu

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 images7

 

CIG Saúde denuncia despedimentos improcedentes na Farmacia ARBIZU

 

 

  • DESPEDIU 5 EMPREGADO/AS EN NOVEMBRO
  • NON PAGOU AS INDEMNIZACIÓNS POR DESPEDIMENTO

ARBIZU ALEGA "NO TENGO DINERO"

 

ONDE METEU ARBIZU OS CARTOS QUE GAÑOU?

 

Comunicado da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol ao respecto do concerto do SERGAS co Hospital "Juan Cardona"

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ferrol diante do acordo tomado polo Consello da Xunta de Galicia esta semana no que se acorda prorrogar por un ano máis o concerto que o Servizo Galego de Saúde mantén co Hospital "Juan Cardona" queremos manifestar o seguinte:

Mentres a Xunta de Galicia suspende o compromiso coa Sanidade Pública de investir os 63 millóns de euros para a reforma do Hospital Naval que se faría en tres anos do 2009 ó 2011, nese mesmo período paga o "Juan Cardona" 40 millóns de euros ( máis de 13 millóns cada ano).

Máis...
 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48