CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Outras novas

Peche no Consultorio da Graña

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Desde o pasado mércores día 29, veciños e veciñas do barrio da Graña de Ferrol están pechados no Consultorio para reclamarlle ao SERGAS que cubra a praza do médico e que non o peche. O SERGAS aproveita unha sentenza xudicial para facer un novo recorte nas prestacións asistencias desta Área Sanitaria e pechar así o Consultorio no canto de dotalo cos profesionais precisos para darlle a prestación necesaria ás parroquias afectadas.

 

Acode ao consultorio e apoia aos veciños da Graña, Brión, A Cabana e San Felipe.
Pola dotación do Consultorio con todo o persoal necesario !!!

Asembleas Informativas: Contra o saqueo da Clase Traballadora, recortes e reforma laboral: Organización e Loita Obreira.

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

ASEMBLEAS INFORMATIVAS:

 

CONTRA O SAQUEO Á CLASE TRABALLADORA,

RECORTES E REFORMA LABORAL: ORGANIZACIÓN E LOITA OBREIRA.

 

  • SALON ACTOS HOSPITAL NAVAL: DÍA 6 MARZO ás 13 H. e ás 20 H.
  • SALON ACTOS HOSPITAL A. MARCIDE: DÍA 6 MARZO ás 17 H.
  • TERCEIRA PLANTA HOSPITAL XERAL J. CARDONA: DÍA 7 MARZO ás 14:30 H.
  • S. ACTOS CIG (ESTEIRO): ASEMBLEA DE PARAD@S: DÍA 7 MARZO ás 17 H.
  • CENTRO MÉDICO AS PIAS (GANDARA): DÍA 9 MARZO ás 16:30 H.

 Banner_10marzo_2012

 

Outros actos de interese convocados pola CIG:

 

MOBILÍZATE O DÍA 8 DE MARZO:

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.

ACTOS 8 DE MARZO: CONCENTRACIÓN EDIFICIO DA XUNTA: 12:30 H.

 

 

MOBILÍZATE O 10 DE MARZO:

DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA NA PREPARACIÓN DA FOLGA XERAL.

ACTOS 10 DE MARZO:

  • OFRENDA FLORAL MONUMENTO 10 DE MARZO: 11:00 H.
  • MANIFESTACIÓN CON SAÍDA DA CIG (ESTEIRO): 12:00 H.

Nova concentración contra os recortes da Xunta de Galicia

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

As OOSS, que convocaron, manifestan a súa satisfación pola resposta dos empregados públicos que son unha crara expresión de rexeitamento das medidas que o Goberno impón unilateralmente, e que esixe que abandone as practicas que ven facendo dende a imposición e establecer marcos de negociación como mecanismo normal de actuación nas relación laborais.

CONCENTRACIÓN

  • Maña, xoves dia 1 de marzo de 2012, as 11:30
  • Diante da entrada principal do H. Arquitecto Marcide e no resto de centros de traballo

 

CCOO

CIG

CSI·F

UGT

STAJ

SAE

SATSE

 

Máis...

Concentracións para esixirlle á Xunta de Galicia a retirada da Lei de Medidas para o Emprego Público

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

 

HOXE HAI DÚAS CONCENTRACIÓNS PROGRAMADAS

PARA ESIXIRLLE Á XUNTA DE GALICIA A RETIRADA

DO PROXECTO DE LEI DE MEDIDAS NO EMPREGO PÚBLICO:

 

  • ÁS 10 HORAS DIANTE DO PARLAMENTO DE GALICIA

 

  • ÁS 11 HORAS NO ARQUITECTO MARCIDE E EN TODOS OS CENTROS DE TRABALLO

 

Se por necesidades do servizo non podes acudir á manifestación de Santiago colga no teu posto de traballo este cartaz ou estoutro.

 

ACODE ÁS CONCENTRACIÓNS

A TÚA PRESENZA É FUNDAMENTAL

Asemblea Permanente no CHAMNS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

A Asemblea convocada hoxe ás 12 horas no Salón de Actos do Arquitecto Marcide

decidiu darlle o carácter de permanente á propia asemblea.

 

Para as 17 horas está programado un novo pleno da mesma.

 

 

 

POLA RETIRADA DO PROXECTO DE LEI

DE MEDIAS NO EMPREGO PÚBLICO

 

 

 

- - - -- - - -- - - -- - - -- - - -- - - -- - - -- - - -- - - -- - - -- - - -- - - -- - - -- - - -- - - -- - - -- - -

 

MARTES, 28 DE FEBREIRO DE 2012, 10:00 H

CONCENTRACIÓN DIANTE DO PARLAMENTO DE GALICIA

POLA RETIRADA DO PROXECTO DE LEI DE MEDIAS NO EMPREGO PÚBLICO

 

Por necesidades do servizo non podes acudir?

Colga no teu posto de traballo este cartaz... ou estoutro .

Ferrol, como no resto das cidades da Galiza, mobilizou-se en defensa dos Servizos Públicos e contra os recortes dos dereitos d@s empregad@s públic@s

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Ás 7 da tarde deste Xoves 23 de febreiro de 2012, a Praza Amada Garcia de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, enchía-se de bandeiras multicolores dos sindicatos da administración pública que de xeito unitario estanse mobilizando contra as Medidas de (contra)reforma da administración pública galega, aprobadas polo goberno dereitista de Alberto Nuñez Feijóo. Medidas de (Contra)reforma chea de recortes en dereitos, en calidade de vida, ... que recortan postos de traballo, que empeoran as condicións laborais e en consecuencia recortan as prestacións de servizos á cidadanía,  dependencia, sanidade e ensino...

 

Pouco despois das 7 da tarde partía a multitudinaria manifestación cuxa composición maioritaria era de empregad@s public@s, de todos os sectores, ensino, sanidade, servizos sociais, dependencia, administración, ... Foi unha manifestación longa por todo o casco histórico da cidade, para rematar no mesmo lugar desde onde partiu. Unha vez concentrad@s pasou-se á lectura dun comunicado unitario, precedido dunhas palabras de solidariedade co movimento estudantil de Valencia que estes días foi vítima dunha brutal e desproporcionada represión policial.

 

VIDEOS:
Concentración na Praza Amada Garciahttp://youtu.be/jysPFOW1Z8E
Manifetación pola rúas do casco vello de Ferrolhttp://youtu.be/N7x02BYmfBc
Comunicado Final na Praza Amada Garciahttp://youtu.be/oGf3LUw7JkQ



Galería Fotográfica da Mobilización de Ferrol
Fonte das fotos Susete'70



Artigo extraído da web do Colectivo Ártabra21

Recollida de sinaturas no Marcide

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Durante toda a mañá de hoxe, CIG Saúde Ferrol como membros da Xunta de Persoal estará recollendo sinaturas en prol da ILP en defensa da Sanidade Pública que leva adiante a Plataforma S.O.S. Sanidade Pública. Moitos foron xa os pacientes e compañeiros e compañeiras que se achegaron pola mesa que está situada no Hall de entrada ao Hospital Arquitecto Marcide.

 

 

Aínda estás a tempo! Pasa e asina en prol da Sanidade Pública!

Ai si me opero

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48