CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Outras novas

25 de abril, manifestación en Santiago contra a privatización dos Servizos Públicos

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
Este domingo, día 25 de abril, haberá unha manifestación en Santiago para protestar contra a privatización dos Servizos Públicos. A manifestación partirá ás doce da mañá da alameda compostelana. Haberá servizo de autobuses. Os autobuses sairán do Local Comarcal da CIG en Esteiro ás 10:30 horas. Podédesvos anotar chamando ao Local Comarcal ao 981358750.
 
A aposta pola privatización e mercantilización de todo tipo de servizos públicos implica diminuír a calidade do servizo ou prestación e precarizar e reducir o emprego. A empresa privada pretende o máximo beneficio co mínimo custe, a conta do rebaixe da calidade do servizo da redución do persoal, de baixos salarios, contratos temporais e precariedade laboral  dos seus traballadores e traballadoras. Non hai mellor proposta para defender o público fronte ao privado que ampliar a xestión directa dos servizos e non recorrer a órganos ou empresas con menos garantías para prestar o servizo e con traballadores/as que teñen os seus dereitos laborais reducidos.  
  

 

Máis...

16 de abril, manifestación en Pontevedra

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Este venres, día 16 de abril, celebrarase unha nova manifestación en contra da privatización do hospital de Pontevedra con saída ás 20 horas da Ferraría. Se queredes asisitir, a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol pon a disposición de traballadores e usuari@s un autobus con saída do Marcide ás 17:30 horas. Para anotarvos ao bús, chamade a vosa sección sindical(CIG 981334566).

 

CONTRA A PRIVATIZACIÓN DO HOSPITAL
CONTRA A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA
 
ACUDE Á MANIFESTACIÓN!!!

Milleiros de persoas maniféstanse en Ferrol contra a privatización da sanidade pública

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
I1133A Plataforma, da que forma parte a CIG, denuncia o "grave deterioro" ao que o goberno do PP está sometendo á sanidade e a falla de compromiso coa comarca
Milleiros persoas secundaron a manifestación convocada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, da que forma parte a CIG, en contra da privatización da sanidade. A marcha, enmarcada no amplo calendario de mobilizacións que se están a desenvolver por todo o País contra a política privatizadora do goberno do PP, saíu ás doce do mediodía dende a Praza de España e rematou hora e media despois na Praza de Armas, onde se deu lectura ao manifesto da Plataforma.

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, integrada por máis de 40 organizacións e colectivos, entre os que se atopa a CIG, acordou convocar a manifestación do domingo, 11 de abril, “diante do grave deterioro ao que se está sometendo á Sanidade Pública, á falla de compromiso que con esta Área que ten a Xunta de Galiza e ante as medidas privatizadoras do Partido Popular respecto da Sanidade Pública”.

A manifestación, na que participaron perto de 10.000 persoas, é un contundente reflexo do descontento e o rexeitamento da cidadanía galega ás medidas privatizadoras que está a adoptar o goberno da Xunta, non só no eido da sanidade, senón en todos aqueles servizos que deberían estar reservados ao ámbito público.

Máis...

Domingo 11 de abril, manifestación comarcal en contra da privatización da Sanidade Pública

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, da que forma parte a CIG e a CIG Saúde, diante do grave deterioro ó que se está sometendo á Sanidade Pública, á falla de compromiso que con esta Área que ten a Xunta de Galicia e ante as medidas privatizadoras do Partido Popular respecto da Sanidade Pública, convoca para o vindeiro día 11 de abril unha Manifestación Comarcal, a cal agardamos que reflexe na rúa o descontento e o rexeitamento destas medidas por parte do conxunto da cidadanía da comarca. A manifestación partirá ás 12 do mediodía do Ambulatorio Fontenla Maristany.
cartelPNGimprimir

A día de hoxe a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol esta composta por máis de 40 entidades entre as que se atopa a CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA(CIG) e segue aberta a novas incorporacións. Podedes ler o ideario da plataforma na sección MANIFESTO do blog da plataforma.

 

 http://plataformadspferrol.blogspot.com

 

ACUDIDE!!!

 

XOGÁMONOS MOITO!!!

 

A SAÚDE NON É UN NEGOCIO

Actos da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol para hoxe

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
ORTIGUEIRA
Modificase o día do acto e pasa a ser hoxe, xoves día 8 de abril, ás 20 horas no Teatro(Planta baixa do Concello)

Interveñen:
  • Julia Fuentes, responsable da Federación de Servizos Públicos (FSP)-UGT na comarca de Ferrol
  • Alicia Romero, Secretaria Comarcal da Federación de Sanidade de CCOO
  • Presenta e modera Lola Garcia, enfermeira do Centro de Saúde de Ortigueira

ARES
Hoxe, xoves día 8 de abril, ás 20 horas na Casa da Cultura(Praza da Igrexia)

Interveñen:
  • Lois Méndez, da Federación de Saúde da CIG
  • Carlos Piñeiro, presidente de Amicor e médico de familia no C.S. de Narón.
  • Presenta e modera.: Mª. Victoria Montenegro, concelleira de sanidade

http://plataformadspferrol.blogspot.com

Hoxe 7 de abril, acto de presentación da Plataforma en defensa da Sanidade Pública en As Pontes

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Hoxe 7 de abril, haberá un novo acto de presentación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, esta vez en As Pontes. O acto comezará as 20:30 horas na Casa Dopeso(Rúa Rosalía de Castro nº21-Casa da Cultura).

Intervirán:

  • Lois Méndez por CIG
  • Julia Fuentes de UGT
  • Jose Alén, concelleiro de Sanidade de As Pontes

Xoves 8 de abril, concentración solidaria

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

O vindeiro xoves día 8 de abril ás 9:45 horas haberá unha concentración en defensa e en solidariedade por Socorro Pena, compañeira despedida da Empresa Geriatros. A concentración realizarase diante da sede do SMAC de Ferrol(Rúa Real nº1).

Novos actos de presentación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

MUGARDOS

Día 6 de abril ás 19 horas no Salón de Plenos do Concello

Interveñen:

  • Lola Gonzalez de CCOO
  • Lois Méndez de CIG Saúde
  • Presenta o acto Xoán Rubia, enfermeiro do Centro de Saúde de Mugardos

ORTIGUEIRA

Día 9 de abril ás 20 horas no Teatro(Planta baixa do Concello)

Interveñen:

  • Julia Fuentes de UGT
  • Lois Méndez de CIG Saúde
  • Alicia Romero de CCOO

MANIFESTACIÓN COMARCAL

Lembramos que a Plataforma ten convocada para o vindeiro día 11 de abril unha gran manifestación comarcal con saída ás 12 horas do Centro de Saúde Fontenla Maristany para amosaro reixetamento ás políticas sanitarias actuais que merman e privatizan a sanidade pública con todo o que iso conleva.

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48