CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Vozeiro

Concentración contra a represión

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

cartaz24112014

Vozeiro especial Prevención de Riscos Laborais

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

CIG Saúde Ferrol DENUNCIA QUE SEGUIMOS SEN PLAN DE EMERXENCIA NO MARCIDE, NO NAVAL E SEN MEDIDAS DE EMERXENCIA NOS CENTROS DE PRIMARIA DA ÁREA SANITARIA DE FERROL


CIG Saúde Ferrol DENUNCIA QUE AS/OS TRABALLADORAS/ES DO SERVIZO DE URXENCIAS DO MARCIDE SON EXPOSTAS/OS A RADIACIÓNS IONIZANTES (RAIOS X)


CIG Saúde Ferrol DENUNCIA QUE A INVESTIGACIÓN E SEGUEMENTO DOS ACCIDENTES DE TRABALLO OCORRIDOS NA ÁREA SANITARIA DE FERROL NON SE AXUSTA A LEI


CIG Saúde Ferrol DENUNCIA E RECORDA A XERENCIA DE FERROL QUE A VIXILANCIA DA SAÚDE É UN DEBER EMPRESARIAL E QUE NON SE DEBE CARGAR ESE DEBER ÁS COSTAS DAS/OS TRABALLADORAS/ES DA ÁREA SANITARIA DE FERROL !!!!

 

 

Descarga aquí o vozeiro

Vozeiro Febreiro 2013

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

vozeirofebreiro2013

 

Levabamos un tempo sen sacar á rúa un vozeiro, con este número pretendemos comezar unha nova etapa na que publicaremos novamente números cunha periodicidade maior. Neste número informámosvos das vindeiras mobilizacións convocadas tanto na comarca como en toda Galiza. 

 

Ademais, dámosvos conta da situación das listaxes de contratacións, información sobre o despedimento dunha compañeira da limpeza do Marcide, etc.

 

 

 

 

Descarga, imprime e reparte o vozeiro

Outros virán que bon me farán! Novo vozeiro!

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

vozeirofeb2012

Publicamos hoxe un novo vozeiro. Desta volta incorporamos noticias que cremos importantes para o conxunto dos traballadores e traballadoras da nosa área, como poden ser temas relativos a mobilidade forzosa, a prevención de riscos, eleccións, cómputos de xornada ou formación.

 

Tamén dámosvos conta das vindeiras mobilizacións en solidariedade cos compañeiros e compañeiras despedidas en ASFEDRO, o luns día 6 ás 11:30 horas diante de ASFEDRO e o mércores día 8 ás 9 horas nos Xulgados de Ferrol coincidindo co xuízo a un dos compañeiros despedidos ou da mobilización do persoal de PAC´s o vindeiro martes día 7 ás 11 horas en Compostela diante do SERGAS.

 

Tamén falamos da situación na que se atopa o pago da atención continuada ao persoal que veu no último concurso de traslados. Podedes descargar aquí a solicitude para pedir que vos aboen a diferenza salarial entre a cantidade percibida en concepto de Atención Continuada no mes de vacacións e a que correspondería pola prorrata dos seis meses anteriores ao inicio do desfrute das vacacións. Tedes a información completa no vozeiro.

 

Descarga, imprime e reparte o vozeiro no teu centro de traballo

 

Vozeiro número 18, outubro de 2011

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Descarga, imprime e reparte o novo vozeiro no teu centro de traballo

 

CONTIDO DO NOVO VOZEIRO:

 

Outubro quente: Sí, existen alternativas!

Este mes de outubro foi bautizado como “outubro quente”. A situación actual de recortes de servizos públicos e perda de dereitos dos e das traballadoras aumenta o número de mobilizacións.

 

A CIG convoca a toda a cidadanía para o 23 de outubro en Santiago de Compostela a unha manifestación para amosar o rexeitamento ao modelo capitalista e a reclamar a aplicación de políticas alternativas que permitan encetar un novo modelo económico e social. A manifestación saíra ás 12:30 horas da Alameda baixo o lema “Sí, existen alternativas”.

 

S.O.S. Sanidade Pública convoca en toda Galiza diversas concentracións en contra da privatización da sanidade o vindeiro 27 de outubro. En Ferrol consistirá nunha concentración na Praza de Armas ás 20 horas.

 

Ademais, na nosa comarca, o vindeiro 6 de novembro ás 12 do mediodía e con saída da Praza do Inferniño haberá una manifestación en Defensa do Naval e do emprego convocada pola CIG, CCOO, UXT e USTG.

 

Eleccións á Xunta de Persoal

Despois das eleccións do pasado 5 de maio aos órganos de representación do conxunto de traballadores e traballadoras da área sanitaria, temos novos cargos, Nuria González (CESM-OMEGA) como Presidenta e Adela Fernández (CSI.F) como Secretaria da Xunta de Persoal.

 

CIG Saúde estará representada nesta nova etapa  por Merche Díaz, Ana Arto, Juan Carlos Pita e Fran Iglesias como delegados eleitos. Ademáis, contaremos con Sandra Martínez, Azucena Sordo e Julia Lorenzo como membros da Sección Sindical.

 

Non dubidedes en contar con nós para todo aquelo que precisedes.

 

Nova estrutura da Área Sanitaria

Publicada no DOG a ORDE do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a nova estrutura organizativa de xestión integrada de Ferrol e se delegan competencias nos órganos directivos. Con esta orde, entre outras, modifícase a nomenclatura de distintas direccións e subdireccións.

 

Acomodos internos:

A día de hoxe, o proceso de acomodos internos do ano pasado segue en proceso sen que a Dirección de Área lle dea remate. Ademais, a Dirección segue sen darnos información  de cómo está actualmente o proceso.

 

  • En Atención primaria, lembramos que os acomodos son abertos e permanentes e que polo tanto estas prazas non deberían de ser cubertas por Comisións de Servizo como se está a facer.
  • Agora mesmo está en proceso unha oferta de prazas para PSX.

 

Denuncia:

CIG Saúde quere denunciar unha vez máis a política de non contratación de persoal que está a aplicar esta Dirección de Área aproveitándose de:

 

  • Mobilidades forzosas dun servizo a outro para tapar ausencias de persoal
  • A falta de carteleiras,  sobretodo de servizos múltiples, para mover ao persoal de quenda e dun servizo a outro.

 

Supertacañones

Quen non se lembra do entrañable concurso un, dous, tres?

 

Quen non se sentou o venres á noite coa familia, diante do televisor, para ver este concurso?

 

Moi ben, pois agora propóñovos na área xogar ao mesmo. Temos aos "Supertacañones" que ben se poderían chamar por casualidade "Don Lois", "Don Xavier" e "Don Quique", temos unha primeira pregunta que podería ser tamén por casualidade:

 

Porque necesitamos traballar, díganme prazas de longa duración desta Área sanitaria que estean sen cubrir, como por exemplo, unha praza de enfermaría no C.S. de Mugardos? Un dous tres responda outra vez:

 

1. unha enfermeira para Mugardos,

2. unha TCAE en toco,

3. unha enfermeira en Cariño,

4. un celador en Serantes,

5. unha enfermeira en Serantes,

6. unha enfermeira en Ortigueira,

7. unha auxiliar administrativo en Compras,

8. unha enfermeira en Caranza,

 

... tolón, tolón, tolón.

 

Expediente-e

A Área Sanitaria dispón dun Punto de Apoio ó Expedient-e, que se ocupa da xestión da información e asesoramento en relación con este novo expediente electrónico.

 

No caso de precisar asesoramento na xestión do expedient-e, podedes solicitar unha CITA PREVIA co Formulario de petición de Cita Previa  que tedes na nosa páxina web www.cig-saude.org/ferrol e que está tamén á vosa disposición tanto na Intranet como no PAT (Punto de Atención o Traballador). Debedes facer chegar esta solicitude cuberta ó PAT, ben persoalmente ou ben a través do enderezo electrónico:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 

A Área porase en contacto con vós para darvos unha cita .

 

Este Punto de Apoio atópase no andar baixo do Hospital Arquitecto Marcide, ó carón da Dirección de Área, preto do PAT, que está no mesmo corredor.

 

Para calquera dúbida que teñades podedes poñervos en contacto co Punto de Apoio o Expedient-e a través da Centraliña da Área (981334000), extensión 267152.

 

Tamén podedes poñervos en contacto con nós a través dos teléfonos do sindicato.

Redución de xornada por coidado de fillos, ...

Mentres non empece a funcionar o novo pacto é voluntario coller un contrato de redución de xornada, e tamén queremos desmentir o que algún membro da Dirección de Enfermaría dí sobre a puntuación nas listaxes: se solicitas unha redución de xornada para coidado de fillos, etc. puntuarache o tempo íntegro; pero a quen fai a cobertura so lle puntuará, nas novas listaxes, a parte proporcional correspondente á redución.

 

Incumprimentos nos contratos de Pull   

Durante estes últimos meses vimos observando como desde a Dirección vénse contratando a persoal das listaxes pull para máis de 10 días, chegando aos 12 ou 13, mentres outro persoal so chega aos 6 ou 7. Isto significa un incumprimento do pacto actual de contratacións, denunciado ante a Dirección pola CIG Saúde, esta contesta que o fai por necesidades de servizo. E nós preguntámonos, cales son esas necesidades?Actualmente a dirección que máis se aproveita deste incumprimento é a Dirección de Enfermaría.

 

CIG Saúde exíxelle á Dirección de Área que poña fin a estes métodos.

 

Cómputos de xornada

Outro problema que estamos atopando ultimamente, e que ven relacionado coa Dirección de Área, é cando algún/ha compañeira solicita un cómputo de xornada. Este, no caso en que se lle facilite ven ou moi tarde ou con moito exceso no cálculo. Incluso existe algunha dirección que nin tan sequera os facilita ao persoal, e como non, encabeza o ranking a Dirección de Enfermaría.

 

CIG Saúde exíxille a Dirección de Área celeridade e claridade á hora da confección destes cómputos que son un dereito dos e das traballadoras do SERGAS.

Recortes no servizo de transporte de enfermos en ambulancia

A Consellería de Sanidade pretende introducir no transporte de enfermos en ambulancia coa xustificación da crise económica, os seguintes recortes:

 

  • Eliminación do técnico-axudante nas ambulancias medicalizadas.
  • Supresión do uso universalizado das ambulancias sanitarias.
  • Eliminación da obrigatoriedade de pago por parte do Sergas destes servizos , o que supón o copago dos mesmos
  • Supresión das ambulancias asistenciais do 061 en Baiona, Ponteareas, Marín e A Mariña luguesa, e dunha das ambulancias medicalizadas en Vigo.

 

Este conxunto de decisións supoñen un paso máis na estratexia da Xunta de Galicia de desmantelamento dos servizos sanitarios , terán graves consecuencias para a rapidez e seguridade da atención das urxencias, a calidade da mesma e o dereito á asistencia universal e gratuíta dos cidadáns e cidadás de Galicia.

 

Privatización do Servizo de Mantemento do Naval

Despois da integración do Hospital Naval na estrutura do Servizo Galego de Saúde, en novembro de 2008, procedeuse a licitación do contrato para os traballos de mantemento das instalacións deste hospital. A resolución da Dirección de Área do día 22 de xullo de 2009 resolveu a adxudicación definitiva á empresa EULEN, establecendo que o prazo de execución destes traballos terá unha duración dun ano cunha prórroga non superior o período inicial fixado, polo que venceu o 22 de xullo de 2011.

 

Dado que este hospital agora forma parte da rede de centros da Área Sanitaria Pública, e ao existir un servizo propio de mantemento encargado destes traballos nos outros hospitais do complexo, esixímoslle á Dirección de Área que ao vencemento deste contrato se pasasen a realizar estas tarefas por este mesmo persoal do servizo de mantemento da Área Sanitaria, dimensionar os equipos en función das necesidades a través dos métodos regulados de selección temporal e definitiva, rexido polos principios de publicidade, mérito e capacidade.

 

A intención da Dirección é que empresas privadas opten a seguir facendo estes traballos, en lugar de que o persoal estatutario ocupe os postos de traballo que lle corresponden, sobre todo cando había un compromiso de reverter estes traballos ao sistema sanitario público. Unha vez mais vemos que se volven incumprir compromisos e acordos existentes. No sentido desta reivindicación, 35 traballadores cursaron por escrito, no mes de xuño, á Dirección da Área Sanitaria de Ferrol a solicitude de reversión ao sistema público, da carga de traballo no servizo de mantemento do Hospital Naval.

 

Dende CIG-Saúde, seguimos crendo e defendendo o emprego público de calidade, co investimento necesario en medios técnicos e humanos e sen enganos ao persoal que paga unhas taxas para a súa inclusión nunhas listas de contratación onde están á disposición do Sergas as 24 horas do día, para o fin comprobar, como a Dirección de Área confía o mantemento a empresas privadas que non está demostrado sexan máis eficientes nin eficaces.

 

Central de chamadas

Desde fai uns días funciona na área a Central de chamadas para cita previa en atención primaria.

 

O teléfono  asociado ao 902 é o 981 952 950.

 

Coa central, a Administración pretende ir automatizando as chamadas, de maneira que o paciente sexa atendido por unha central e non por unha persoa, grazas a un sistema de recoñecemento de voz. Así consta no contrato xa adxudicado polo Sergas, que di que é necesario «reducir o número de persoas que deban ser atendidas persoalmente por operadores». Ademais, quere que estea operativo as 24 horas do día, xa que agora só se pode solicitar unha consulta co médico de cabeceira entre as 8 e as 21 horas, de luns a venres.

 

Media xornada

Últimamente, en atención primaria, estase a contratar persoal a media xornada para facer o traballo polo que debería de estar contratado a xornada completa coa conseguinte precarización do traballo e baixada da calidade asistencial.

 

Existe a prevención de riscos laborais na nosa Área Sanitaria?

 

  • A reunión do Comité de Seguridade e Saúde do mes de xuño segue sen convocarse e xa estamos en outubro
  • Non se substitúe ao persoal da unidade. Durante bastantes días estivemos cun só técnico e non se contratou a ningún substituto
  • Seguimos con recoñecementos médicos realizados e asinados por un médico que non é especialista en medicina do traballo, co cal, carecen de validez como tal
  • Adaptacións de posto de traballo que tardan ata anos en darlles solución
  • Onde están os Plans de Emerxencia ou as medidas de emerxencia dos nosos hospitais e centros de saúde que é obrigatorio telos
  • Onde está a formación e a información aos traballadores e traballadoras da Área?

 

Incumprimentos de acordos de Atención Primara e PAC´s

CIG-Saúde non denunciou os Acordos de Atención Primaria (de PAC e de Ordinaria) porque de facelo habería que iniciar unha nova negociación, e entendemos que non se dan as condicións para mellorar os aspectos básicos do acordo existente: xornada, retribucións e cadro de persoal. O SERGAS xa considera demasiado baixa a xornada acadada no acordo vixente (1.430 hs) polo que custaría traballo non só mellorala, senón incluso mantela nun novo acordo. As retribucións están conxeladas, cando non recortadas, polo que as posibilidades de incrementalas son nulas. Os cadros de persoal consolidados polos acordos, que se ofertaron na pasada OPE e Traslados, incrementaríanse de modificarse as regras de voluntariedade, pero tendo en conta a actual taxa de reposición do 10% non sería posible.

 

Non denunciar os Acordos non quere dicir que aceptemos o xeito co que está a aplicalos a Administración. CIG-Saúde reclama do SERGAS o cumprimento dos Acordos de Atención Primaria, de PAC e de Ordinaria, especialmente nos seguintes aspectos:

 

1.- Cómputo de xornada. O SERGAS está a aplicar criterios restritivos que penalizan, no computo de xornada, aos traballadores que teñan unha IT ou un permiso retribuído.

 

2.- Confección de calendarios. Reclamamos calendarios anuais coa participación das e dos traballadores, que separe a xornada ordinaria da complementaria e que respecte a xornada ordinaria do persoal de PAC e tódolos seus permisos.

 

3.- Cumprimento da Acta do 16 de xuño. Na aplicación en cada área reclamaremos que de quedar horas suficientes (1623 hs/anuais) se proceda á creación dun vinculo estable (obra e servizo) contratando persoal das listas de contratacións antes de ofertalas á voluntariedade.

 

4.- Contratación de persoal das listas. Reclamamos que se cumpra o apartado do acordo que establece que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacións.

 

Descarga, imprime e reparte o novo vozeiro no teu centro de traballo

Quen queres que te siga a defender? Nos témolo claro. E ti?

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

portadavozeiroabril2011Vimos de editar o novo vozeiro, abril de 2011. Neste número facemos un breve resumo da nosa actividade sindical durante os 4 últimos anos a través dos órganos de representación sindical cos que conta a área, Xunta de Persoal, Comisións de especializada e primaria, así como do Comité de Saúde Laboral. Explicamos o noso modelo de sindicalismo participativo. Tamén dámosvos conta das nosas propostas de mínimos para os vindeiros anos na nosa área sanitaria.

Descargar vozeiro abril 2011

Deixámosvos tamén o díptico especial que fixemos con motivo das eleccións sindicais do vindeiro 5 de maio.
Descargar díptico eleccións

Vozeiro marzo 2011

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
vozeiromarzo2011Xa tendes á vosa disposición o vozeiro número 16, de marzo deste ano. Neste abordamos as mobilizacións dos pasados días 8 e 10 de marzo, ademais de darvos boa conta do programa formativo da CIG para os vindeiros meses. Xunto a el, achegámosvos o resumo da xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde da Área Sanitaria do pasado día 3 de marzo.

Descargar vozeiro
Descargar resumo CSS

Vozeiro febreiro 2011: Érase unha vez ... nun país do noroeste, nunha empresa chamada CHAMPIÑÓN

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
vozeiroFebreiro2011_2
Era un luns de moita choiva, e coma tódolos luns, os encargados e encargadas da empresa reuníronse ao redor dunha pequena lareira para planificar o traballo. Era unha tarefa moi pesada sobre todo porque unha familia de traballadores chamada “representantes” daba demasiado a lata. Estes eran moi “cansinos” e os/as encargadas/os nunca tiveran unha familia tan reivindicativa, tan “protestona”. Sentáronse un a un ao redor da lareira e comezaron a falar, analizando caso por caso, e planificando estratexias de actuación para acadar os obxectivos marcados, tal que así descorreron as conversas…continúa a ler este bonito relato curto.

Vozeiro decembro 2010

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

decembro2010
Para rematar o ano publicamos un novo vozeiro no que chamamos ás e os traballadores a organizarse fronte ao capital e as políticas destrutivas dos partidos dos respectivos gobernos de Madrid e Santiago. Tamén damos boa conta das últimas mobilizacións levadas a cabo pola CIG na comarca e no resto do país, explicamos como está o tema da redución de prestacións do servizo de ambulancias e da folga dos compañeiros das ambulancias EMERSAN e na última folla facemos un pequeno resumo do último ano da Dirección de Área e lle propoñemos un novo caso ao Director de Recursos Humanos.

Ademais, xunto co vozeiro, repartimos unha folla informativa na que tratamos a situación dos permisos e cómputos de xornada na nosa Área, explicamos como a Consellería pretendía protexer a saúde das xestantes e por último, facemos un resumo das negociacións sobre o novo pacto de contratacións.

Vozeiro nº 13, novembro de 2010

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

novembro2010
No vozeiro deste mes damos conta, entre outros temas, da xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde do pasado día 28 de outubro, das últimas mobilizacións, da Lotaría de Nadal ...


Descargar vozeiro



Cambio última hora: a concentración polo Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres cambia de lugar, pasando a celebrarse á mesma hora diante do edificio administrativo da Xunta

Vozeiro outubro 2010

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

outubro2010Publicado o vozeiro correspondente ao mes de outubro de 2010. Nesta ocasión tratamos os seguintes temas de importancia: 

  • Acomodos internos 2010
  • Respecto das prazas do Hospital Naval
  • Motivos de CIG Saúde Ferrol para dar o voto desfavorábel aos acomodos
  • Permisos e licenzas na Área Sanitaria
  • ¿Qué pretende a administración da Área Sanitaria con estas propostas de permisos e licenzas?
  • Inversión da Consellería en I+D
  • Decretos de Xestión de Área Integrada e Plan de RR.HH.: unha gran farsa!!
  • Mobilizacións polos recortes sociais e laborais
  • Manifestación SOS Sanidade Pública, 21 de novembro ás 12 horas desde a Alameda de Santiago

Ademais, xunto a este, repartimos un panfleto coa posición da CIG con respecto dos proxectos de lei dos orzamentos do estado e da Xunta de Galiza.

 

Descargar vozeiro

Descargar panfleto sobre os orzamentos

 

Vozeiro Especial: 29 Setembro, Folga Xeral!!

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

vozeiroespecialfolga29sNa rúa un vozeiro especial sobre a Folga Xeral do vindeiro día 29 de setembro. Neste número damos conta dos horarios, dos teléfonos para posibles incidencias, o porqué da folga, etc... Tamén axuntamos ao vozeiro dous artigos, un de Manuel Mera titulado "Razóns pra folga" e outro de Vicenç Navarro titulado "Motivos para a folga xeral".

 

Descargar vozeiro especial "29 Setembro, Folga Xeral!!"

Descargar artigos

Novo vozeiro, "Cantadas verán 2010"

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
vozeirosetembro2010Xa podedes descargar o novo vozeiro "Cantadas verán 2010" dedicado en exclusiva á xestión dos recursos humanos durante o periodo vacacional.

"... no período de vacacións tamén é cando a administración amosa as súas artes máis sibilinas na xestión dos recursos humanos, aproveitándose do descoñecemento que o persoal eventual ten sobre os seus dereitos, agochada detrás da laxitude que o calor e o verán acostuman a traer consigo, coma se neste período todo valese e nada fose realmente importante, xogando ao "si cuela, cuela" co persoal desta área..."

Vozeiro nº10, xullo de 2010

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

vozeiroxullo2010Vimos de publicar o noso décimo vozeiro. Neste número tratamos catro temas de especial importancia para @s traballador@s:

 

+ Os acomodos internos

+ As contratacións

+ A austeridade de gastos

+ Os dous novos decretazos contra @s traballador@s. Sobre este punto, entregamos tamén un caderno especial coa posición da CIG ao respecto deles.

 

Descargar vozeiro nº10, xullo de 2010

 

Descargar caderno especial novos decretazos

Vozeiro Especial Saúde Laboral

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Podedes descargar o novo número do noso vozeiro, un especial adicado integramente á Saúde Laboral. Neste número repasamos o que fixo a nova dirección en materia de Prevención na nosa Área a través dun resumo no que damos conta unha a unha todas actuacións da dirección, tamén repasamos as distintas unidades de prevención que hai tanto na administración como na Confederación Intersindical Galega, así como facemos unha avaliación, como CIG Saúde Ferrol, do que nos parece esta xestión da Prevención de Riscos Laborais por parte da actual Dirección de Área.

 

Descargar Vozeiro Especial Saúde Laboral

Descargar Actuacións da Dirección en materia de Prevención

 

Ademáis, lembrámosvos que xa podedes descargar o resumo da última reunión do Comité de Seguridade e Saúde da Área do pasado 16 de xuño.

Vozeiro especial "Recortes Salariais"

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

especialmaioHoxe publicamos un novo vozeiro adicado integramente ás medidas regresivas aplicadas polo goberno de Madrid. Lembramos nel que o conxunto de traballadores da Sanidade sufrimos nos últimos meses unha dobre baixada de salario, xa que non debemos esquecer que desde o goberno da Xunta non se respectaron os acordos asinados polo anterior goberno. Tamén damos conta das distintas mobilizacións realizadas así como das futuras.

 

Descargar vozeiro especial "Recortes Salariais"

Vozeiro maio 2010

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

vozeiron9Publicamos hoxe un novo vozeiro, o número nove. Neste número damos conta sobre a situación da OPE e os Traslados, informamos sobre as mobilizacións do primeiro de maio e sobre outros temas de interese para o conxunto dos traballadores. Ademáis, axuntamos un especial titulado "Pola substitución con contratación"; especial de sumo interese para os traballadores.

 

Vozeiro nº8, abril de 2010

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

vozeiroabril2010Xa podedes descargar o noso novo vozeiro. Este mes damos conta do sucedido, entre outros temas, no V Congreso Nacional da CIG Saúde, celebrado os pasados días 13 e 14 de marzo en Ourense, así como tamén do éxito da manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da  Sanidade Pública de Ferrol celebrada o pasado 11 de abril polas rúas de Ferrol.

 

Descargar vozeiro nº8

Vozeiro

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
DESCARGA O NOSO VOZEIRO:

Deixámosvos aquí o novo vozeiro. Este mes de xaneiro tratamos diversos temas como a Privatización do novo Hospital de Vigo ou o vindeiro Vº Congreso Nacional de CIG Saúde.

Vozeiro nº7: xaneiro de 2010

Especial folga 16 de decembro de 2009

Vozeiro nº6: decembro de 2009

Vozeiro nº5: outubro de 2009

Vozeiro nº4: xullo de 2009

Vozeiro nº3: xuño 2009

Vozeiro nº2: maio de 2009
Vozeiro nº1: xaneiro de 2009

 

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48