CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Noticias de Área

Concentracións contra o Anteproxecto de Lei de medidas no emprego público e a Reforma Laboral

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

 

 

ESIXIMOS a inmediata retirada deste

Anteproxecto de Lei de medidas no emprego público.

 

Concentracións en tódolos centros de traballo,

o xoves 16 de febreiro de 2012

 

 

Previsiblemente as concentracións maioritarias por número de traballadoras/es e/ou sectores Públicos Galegos, serán no:

 

Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Ferrol) ás 12:00.

 

Hospital Arquitecto Marcide (Ferrol) ás 11:30.

 

Xulgados de Ferrol ás 10:00.

 

 

 

CONVOCAN: CIG, CC.OO, UGT, CSIF

Súmanse: SATSE,SAE


 


 

 

Diante da brutal agresión que para a clase traballadora supón

a Reforma Laboral aprobada polo PP

 

 

CONCENTRACIÓN O XOVES DÍA 16 DE FEBREIRO

ÁS 20,00 H. NA PRAZA DO HIMNO GALEGO

 

CONTRA A REFORMA LABORAL, NON Á ESCRAVITUDE.


 

CONVOCA CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA (CIG)


Asemblea Informativa de CIG Saúde

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

ASEMBLEA INFORMATIVA CIG-SAÚDE

 

ORDE DO DÍA:

  • Recorte dereitos laborais e sociais na sanidade pública
  • OPE e Traslados?

 

DÍA 9 DE FEBREIRO DE 2012

 

 

Sesións de Mañá:

- As 11:00 h. salón de actos do HOSPITAL A. MARCIDE.

- As 13:30 h. salón de actos do HOSPITAL NAVAL.

 

Sesións de Tarde:

- As 17:00 h. salón de actos do HOSPITAL A. MARCIDE.

- As 19:00 h. salón de actos do HOSPITAL NAVAL.

 

CIG Saúde gaña as eleccións no 061 da nosa Área Sanitaria

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

CIG-Saúde gañou onte as eleccións a delegado de persoal do 061 na Área Sanitaria de Ferrol. Cun 69,23% de participación, CIG-Saúde obtivo 5 votos fronte aos 4 da candidatura de CESM Galicia-O'MEGA e conseguiu o único delegado en xogo. Así Carlos Fernández, como delegado de CIG, representará ao conxunto de traballadores e traballadoras do 061 en Ferrol.

 

Máis resultados[+]

Ángel Facio, novo Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Noticia extraída de sergas.es:


angelfacioSantiago, 19 de xaneiro de 2012.- A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, presidirá mañá no Hospital Arquitecto Marcide a toma de posesión de Ángel Facio Villanueva como xerente de Xestión Integrada de Ferrol.

 

Facio (1965) é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela; e ata a actualidade desenvolvía o seu labor profesional como como subdirector de Planificación e Ordenación Asistencial da Dirección de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

 

Anteriormente exercera como director de Procesos Médicos da Área Sanitaria de Ferrol e subdirector médico do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide – Novoa Santos, entre outros postos.

 

Resoltas varias prazas de postos de xefatura e coordinación de servizos

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública (LD-01/2011) para a provisión, polo sistema de libre designación, de diversos postos de xefatura de servizo (Ortigueira e San Sadurniño) e unidade de atención primaria (Cariño).

Descargar PDF

 

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública (LD - 02/2011) para a provisión, polo sistema de libre designación, de diversos postos de coordinador/a de servizo (Caranza, Narón, San Sadurniño e Serantes).

Descargar PDF

Luis Verde Remeseiro, novo Xerente de Xestión Integrada do CHUS de Santiago

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

20_1O SERGAS confirma a nova de que Luis Verde Remeseiro deixa de ser o Xerente de Xestión de Integrada da nosa área para selo da Área de Santiago. Segundo informa El Correo Gallego, José Rey Aneiros, ata o de agora Director de Procesos Asistencias, será o substituto en funcións de Luis Verde.

 

Noticia tomada da web do SERGAS:

 

Santiago, 9 de xaneiro de 2012.- A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, presidirá mañá no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago a toma de posesión de Luis Verde Remeseiro como xerente de Xestión Integrada de Santiago. Luis Verde substitúe a Rosa Bermejo, que deixa a petición propia, por motivos persoais, o cargo que viña exercendo dende 2009. Verde (1960) é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1984); e dende 2009 desenvolvía o seu labor profesional como xerente de Xestión Integrada de Ferrol. Anteriormente xa desempeñara cargos xerenciais, posto que exercera de director-xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol dende xaneiro de 1998 ata febreiro de 2005. Así mesmo, tras a constitución da Área Sanitaria de Ferrol, seguiu como responsable da Atención Primaria na área coruñesa ata setembro de 2005.

Asemblea aberta sobre a Taxa de Reposición e os Orzamentos 2012

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

ASEMBLEA ABERTA INFORMATIVA

 

 

CONVOCA CIG-SAÚDE

 

LUNS 19 DE DECEMBRO DE 2011 ÁS 13H

NO SALÓN DE ACTOS DO ARQUITECTO MARCIDE

 

ORDE DO DÍA:

Taxa de reposición e repercusións nas OPEs, TRASLADOS, CONTRATACIÓNS.

Orzamentos 2012: a consolidación dos recortes nos servizos públicos

e a precarización das condicións laborais.

 

Agardamos a vosa presenza.

Novas xefaturas e coordinadores/as na nosa Área

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2011, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefe de equipo de persoal de xestión e servizos. Descargar PDF

 

ANUNCIO do 7 de setembro de 2011, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á resolución LD-02/2011, do 7 de setembro de 2011, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se convocan, para a súa provisión polo sistema de libre designación, diversos postos de coordinador/a de servizo (Caranza, Narón, San Sadurniño e Serantes). Descargar PDF

 

ANUNCIO do 7 de setembro de 2011, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á Resolución LD-01/2011, do 7 de setembro de 2011, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se convocan, para a súa provisión polo sistema de libre designación, diversos postos de xefatura de servizo (Ortigueira e San Sadurniño) e unidade de atención primaria (Cariño). Descargar PDF

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48