CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

OPE e Traslados

SOLICITUDE INFORMACIÓN: COMISIÓNS DE SERVIZO

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Como consecuencia da resolución do último Concurso-Oposición moitas e moitos compañeiras/os están a solicitar Comisión de Servizo. 

Solicitada verbalmente por este motivo, reunión ó Director de Recursos Humanos en reiteradas ocasións e visto que a Dirección de RRHH e RRLL unha vez máis incumpre as súas promesas e obrigas de información as/os representantes das/os traballadoras/es:

en data 25/5/2011 a Central Sindical CIG-Saúde rexistra de forma escrita, solicitude para que a Dirección de RR.HH e RR.LL da Área Sanitaria de Ferrol manteña xuntanza  con tódalas organizacións sindicais con representación na Área Sanitaria aos efectos de tratar este tema ó igual que  se fixera ó remate dos anteriores procesos selectivos.

 

 

INFORMACIÓN OPE/TRASLADOS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
No momento da toma de posesión por OPE ou TRASLADO noutra Area Sanitaria distinta da que viñas desenvolvendo o teu traballo lembra que debes levar:                                              

                                                           FOTO, D.I E FOTOCOPIA DO MESMO, FOTOCOPIA CARTILLA DA SEGURIDADE SOCIAL , FOTOCOPIA COMPULSADA TITULACIÓN ESIXIDA, DATOS BANCARIOS.    

 

Se pola contra colles a túa praza na mesma área onde traballas non tes que levar nada máis que o D.I., dado que toda a documentación xa obra en poder do centro. Agás que cambies de categoría que deberás levar o D.I. e o título esixido.            

            Se colles praza na Area Sanitaria de Ferrol  e xa viñas traballando na mesma como interino e queres desfrutar as vacacións non esquezas nese mesmo momento recordarlles que desexas o desfrute delas, fronte á súa liquidación.         

             

 

            Un saúdo e FELICIDADES a todos/as os/as que gañáchedes a vosa praza

                                                                                                                       

                                               

                                                                                                                         

                                                                         

Nota de prensa para denunciar o confusionismo que o SERGAS está a crear ao respecto da OPE, os traslados e as eleccións

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Dende CIG-Saúde queremos denunciar o confusionismo que o Sergas está creando ao respecto da incorporación das persoas que aprobaron a oposición e que acadaron praza no concurso de traslados.

 

O Sergas plantexa que en determinadas categorías o atraso que se está producindo é debido ás ELECCIÓNS SINDICAIS que se van a celebrar no mes de maio.

 

CIG-Saúde DESMINTE de xeito categórico que as Eleccións Sindicais incidan de maneira algunha no proceso de incorporación das persoas que acadaron praza na oposición ou nos traslados.

 

Lembramoslle ao Sergas que xa daban datas de incorporación nos últimos meses do ano 2010, e que sucesivamente foron incrementando ditos prazos por motivos que non teñen nada que ver coas Eleccións Sindicais, máis ben terían que ver con movementos internos dos responsables que levaban á organización do proceso.

 

Dende CIG-Saúde facemoslle un chamamento ao Sergas para que non volva a vincular atrasos con Eleccións Sindicais, e aproveitamos para esixirlles unha pronta resolución dos procesos pendentes, que saquen as persoas que están esperando un destino da dúbida permanente á que están sometidos.

 

Tamén lle solicitamos a publicación OFICIAL dun calendario coas datas previstas de incorporación tanto de Oposición como de Traslados, datas que acalen os rumores permanentes que se xeneran.

Concentración OPE Medicos

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
MedicosOPEConcentracion

CONCENTRACIÓN VENRES 11 ÁS 12 HORAS
DIANTE DO FONTENLA MARISTANY

 ESIXIMOS OFERTA DO 100% DAS PRAZAS! 

O SERGAS pretende ofertar para médicos de familia só as prazas de máis difícil cobertura, é dicir, aquelas que non quere ninguén. A xente que acada unha praza despois de superar con esforzo un proceso selectivo merece unha oferta de prazas acaída, e poder escoller a que mellor se axuste ás súas necesidades.


Cartaz concentración: descarga, imprime e reparte no teu centro de traballo
Carta da Secretaria Nacional de CIG Saúde ao Director de RRHH do SERGAS

Sobre vacacións e incorporacións

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Estánnos a chegar varias consultas sobre vacacións e incorporacións na nosa área. Falado o tema coa Dirección de RRHH, esta nos indica:

* O persoal interino ou con praza fixa na Área Sanitaria de Ferrol que tome posesión por OPE ou traslado nesta área se lle respectara o desfrute das vacacións


*
O persoal interino ou con praza fixa na nosa área que tome posesión por OPE noutra área sanitaria pode desfrutar a parte correspondente das vacacións na nosa área ou se lle liquidará a parte proporcional destas antes de incorporarse na nova área.

INFORMACION MULLERES XESTANTES

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Información de interese para tódalas traballadoras eventuais que se atopen en situación de suspensión de contrato por risco durante o embarazo / lactancia  ( con prestación do I.N.S.S ) e que acadaran praza froito do concurso oposición 2008/2009.

Nas “INSTRUCCIÓNS 2011, DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE EN RELACIÓN COAS INCORPORACIONS E CESAMENTOS DE PERSOAL COMO CONSECUENCIA DOS PROCESOS SELECTIVOS” dí o seguinte:

“ A toma de posesión implica a efectiva incorporación ao desempeño da praza...

As persoas en situación de incapacidade temporal, incapacidade permanente e licenza por maternidade/ paternidade deberán solicitar unha prórroga na incorporación…

O cese do persoal que viña prestando servizos con anterioridade á toma de posesión da praza, deberá cesar, alomenos, o día anterior ao da toma de posesión…

As persoas con licenza de maternidade ás que lles sexa prorrogado o prazo de toma de posesión, non poderán ser cesadas no centro no que viñan prestando os seus servizos… os efectos administrativos serán do primeiro día hábil do prazo de toma de posesión…”

A traballadora xestante que se atope en situación de suspensión de contrato por risco durante o embarazo ou lactancia,  con prestación do I.N.S.S, aos efectos:

1) Ten dereito a incorporarse á súa praza no primeiro día hábil do prazo de toma de posesión, e polo tanto cesar no seu contrato vixente (dado que non está en situación de incapacidade temporal ou permanente, nin de permiso ou licenza por maternidade).

2) Tamén é posible que poida solicitar unha prórroga na incorporación, e que esta lle sexa concedida.

Se tivese lugar esta concesión de prórroga na incorporación , a solicitante debe saber que os “efectos administrativos dende o primeiro día hábil de toma de posesión” tan só se recoñecen nos casos de permiso maternal. Isto quere dicir que o tempo  e outros efectos administrativos como persoal fixo en determinada categoría de Área/Xerencia, non comezarían a contar  ao igual que no caso dunha muller con permiso maternal ( 1º día hábil de toma posesión). É dicir, tería menos tempo traballado como persoal fixo a tódolos efectos administrativos-

Remítese esta información a efectos de que as traballadoras nesta situación, teñan unha información o máis axustada posible en prol dos seus intereses e dereitos, agás que dende a Consellería  de Sanidade  se diten instrucións que amparen unha protección maior desta situación.  

PUBLICACIÓNS TRASLADOS E OPE 2 DECEMBRO

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
Publicado hoxe en DOG,  2 decembro 2010.
 
Resolución provisional do concurso de traslados das categorías de:
 
farmacéutico de atención primaria,
médico de atención primaria,
odontólogo/a de atención primaria,
pediatra atención primaria
 
O prazo de reclamacións é de 15 días hábiles contados dende o día 3 decembro 2010.
 
 
 
Resolución de baremación definitiva da fase de concurso, no proceso selectivo da categoría de:
 
facultativo especialista de área de psiquiatría.
 
O prazo de presentación de documentación é de 15 días hábiles contados dende o día 3 decembro 2010.
 
 
 
 

Publicacións OPE/TRASLADOS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

CIG-SAÚDE INFORMA

Achegamos varías publicacións do DOG de hoxe ( 23/11/10) relativas a ope e persoal emérito.

Publicar no anexo I desta resolución as puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso obtidas polos/as aspirantes das categorías de:

celador/a

pinche

técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico

técnico/a especialista en radioterapia

telefonista e terapeuta ocupacional

Resolución provisoria do concurso de traslados para a provisión de prazas pertencentes a diversas categorías do Servizo Galego de Saúde convocado por Resolución do 22 de xullo de

2010, adxudicando a puntuación provisoria acadada e, se é o caso, o destino, tamén dun xeito provisorio, sen que este supoña ningún dereito ou expectativa até que sexa publicada posteriormente a resolución

definitiva: electricista, enfermaría (ATS/DUE) e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

As correspondentes listaxes de adxudicación atópanse expostas nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, así como nos diferentes centros de xestión de

atención primaria e especializada deste e na páxina web www.sergas.es

 

TAMÉN PODEDES TER MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA DA CIG-SAÚDE.

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48