CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Saúde Laboral

Posición da CIG Saúde respecto dos Plans de Autoprotección dos Hospitais Naval e Marcide

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Logo de 2 anos de discusión veñen de aprobarse os documentos relativos ós plans de emerxencia interna ou Autoprotección de dous Hospitais da Comarca correspondentes ó Hospital Arquitecto Marcide e o Hospital Naval coa oposición de CIG SAÚDE e CC.OO.

Os plans aprobados na Xerencia de Ferrol foron alegados en profundidade por CIG SAÚDE en sucesivos Comités de Seguridade e Saúde, foro de representación dos traballadores/as, dende a responsabilidade e o rigor que merece un tema de importancia capital como é “un plan de emerxencia interna hospitalario”. Alegacións de importante calado que se realizaron para tentar subsanar as importantes deficiencias detectadas nas propostas de plans de emerxencia presentados no seo do Comité de Seguridade e Saúde.

As alegacións realizadas dende a CIG SAÚDE foron desestimadas e non incorporadas o que fai que a organización sindical se opoña á aprobación duns plans, que pretenden cumplir formalmente coa lexislación que se incumpreu ata o momento, pero que non nos preparan de cara a unha situación de emerxencia interna hospitalaria na comarca de Ferrolterra; un plans de emerxencia que non garanten un mínimo de seguridade para traballadoras e usuarias/os no caso dunha emerxencia, que por sorte non tivo lugar ata o día de hoxe pero que pode producirse en calquera momento.

Case dez anos esperando por uns plans de emerxencia interna, que foron aprobados por esta Xerencia con “deficiencias e múltiples xeneralidades”.

Entre outras cousas, os documentos aprobados, se caracterizan pola xeneralidade dos mesmos, inconcreción nas actuacións dos traballadores e traballadoras no caso dunha emerxencia; segundo a CIG SAÚDE, as deficiencias máis importantes, se atopan nunha mala configuración dos equipos de emerxencia, non se fixo un estudo xeral dos centros de traballo anotando as deficiencias estructurais que presentan por tratarse, na maioría dos casos de edificios antigos, non se comprobaron se os percorridos de evacuación e saídas de emerxencia cumpren ou non coa normativa que lles é de aplicación, non se identificaron correctamente as situacións de alto risco no caso de emerxencia, etc.

A CIG SAÚDE denunciou reiteradamente, perante a Inspección de Traballo e Seguridade Social, a falta de medidas de emerxencia e evacuación nos centros de traballo da Área Sanitaria de Ferrol, por considerar que se incumpría a normativa de riscos laborais e a específica de emerxencias. A denuncia abarcou tanto ós Hospitais Marcide, Naval, Novoa Santos coma os centros de Atención Primaria, que tampouco dispoñen de medidas de emerxencia implantadas . Como consecuencia, a Inspección de Traballo realizou a Área Sanitaria de Ferrol requerimento sobre a obriga de ter implantados os plans de emerxencia interna nos centros de traballo da Área
Sanitaria de Ferrol.

A CIG SAÚDE Ferrol denuncia e pon de manifesto que resulta inaudito que a Administración incorra neste tipo de prácticas, que desprezan os dereitos dos e das traballadoras e que supoñen un risco notable para o persoal do centro, para as do resto de empresas que operan no mesmo e para os usuarios e usuarias, sobre todo no caso de centros de importantes dimensións como son os dous principais hospitais da comarca de Ferrol do SERGAS.

A CIG SAÚDE, en cumprimento das obrigas para co/as traballadores/as e usuario/as, estudou e realizou aportacións de forma continuada para acadar uns plans de emerxencia interna, que realmente poidan tentar garantir o máximo posible unha correcta actuación ante unha situación de emerxencia interna hospitalaria; despois de tanto tempo a CIG SAÚDE lamenta que se aproben uns plans, deficientes para dar tan só, cumprimento normativo a unha obriga legal e que non se profundice seriamente na seguridade e saúde de traballadore/as sanitario/as e usuarios/as da comarca de Ferrol .


Ferrol, a 18 de setembro de 2013.
CIG Saúde Ferrol

CIG SAUDE INFORMA: SAÚDE LABORAL

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

NOTA INFORMATIVA SOBRE SAÚDE LABORAL:

Nos pasados días, os mandos intermedios proporcionaron as traballadoras/es dalgúns servicios da Xerencia de Ferrol, unha folla para asinar "un recibí", titulado "REXISTRO DE ENTREGA DE FICHA INFORMATIVA DO POSTO DE TRABALLO".

Asinar ese recibí implica que as/os traballadoras/es están a recoñecer, "que se consideran informados de todos os riscos específicos que afectan ao seu posto de traballo e das medidas de protección e prevención aplicables ao mesmo".

Nada máis lonxe da realidade, a información entregada para nada...informa ó/á traballadora/or, do anteriormente dito, pois non se está a proporcionar por parte da Xerencia, toda a información dos riscos do noso posto de traballo. Nen sequera nos fan entrega da avaliación de riscos laborais do noso posto de traballo, á que temos dereito por Lei.

PARA NADA CUMPRE CO ARTIGO 18 DA LEI 31/95 de Prevención de Riscos Laborais; polo que recomendamos que non asinedes eses "recibí", así cómo instamos á Xerencia a que retire de sinatura, ese "recibí" de forma inmediata.

 

RECORDADE: ¡NON SE DEBE ASINAR E NON É OBRIGATORIO FACELO!

Vozeiro especial Prevención de Riscos Laborais

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

CIG Saúde Ferrol DENUNCIA QUE SEGUIMOS SEN PLAN DE EMERXENCIA NO MARCIDE, NO NAVAL E SEN MEDIDAS DE EMERXENCIA NOS CENTROS DE PRIMARIA DA ÁREA SANITARIA DE FERROL


CIG Saúde Ferrol DENUNCIA QUE AS/OS TRABALLADORAS/ES DO SERVIZO DE URXENCIAS DO MARCIDE SON EXPOSTAS/OS A RADIACIÓNS IONIZANTES (RAIOS X)


CIG Saúde Ferrol DENUNCIA QUE A INVESTIGACIÓN E SEGUEMENTO DOS ACCIDENTES DE TRABALLO OCORRIDOS NA ÁREA SANITARIA DE FERROL NON SE AXUSTA A LEI


CIG Saúde Ferrol DENUNCIA E RECORDA A XERENCIA DE FERROL QUE A VIXILANCIA DA SAÚDE É UN DEBER EMPRESARIAL E QUE NON SE DEBE CARGAR ESE DEBER ÁS COSTAS DAS/OS TRABALLADORAS/ES DA ÁREA SANITARIA DE FERROL !!!!

 

 

Descarga aquí o vozeiro

Resumo do Comité de Seguridade e Saúde da Área de Xestión Integrada de Ferrol do pasado 15 de decembro de 2011

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
0sinaisPara deseñar e implantar un sistema de prevención eficaz nunha empresa, en primeiro lugar, hai que querer facelo e a DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS DA ÁREA DE XESTIÓN INTEGRADA DE FERROL, SEGUE SEN QUERER FACELO.
 

A gota que encheu o  vaso, foi a convocatoria da xuntanza do Comité de Seguridade para o día 15 de decembro de 2011, convocatoria feita para as 12:00h. da mañá. A data e hora da convocatoria desta xuntanza reflicten a pouca interese da Dirección de RR.HH. en materia de prevención de riscos laborais, que por cumprir, non cumpre nin cos prazos de convocatoria establecidos na Lei 31/95, artigo 38, que dí textualmente que:  “O comité de Seguridade e Saúde reunirase trimestralmente e sempre que o solicite algunha das representacións no mesmo…”, recordando que a última xuntanza que tivemos do CSS foi o 3 de marzo de 2011.

 

Na referida xuntanza convocada para o día 15 de decembro de 2011, 3 das centrais sindicais representadas neste Comité, entre as que se atopa a CIG, despois de facer unha exposición de motivos, negáronse a participar na mesma xa que, ademais do referido anteriormente destacaron que a documentación enviada pola Dirección de RRHH da ASF, referente ós puntos que se ían a tratar na orde do día (na que non se tiveron en conta os puntos propostos por CIG Saúde para dita orde do día) non chegou ás centrais sindicais nin en tempo nin en forma, de maneira que ata se recibiu documentación para tratar no comité o mesmo día a primeira hora, incumprindo o estipulado no regulamento e nas propias normas de funcionamento do Comité de Seguridade e Saúde da Area de Xestión Integrada de Ferrol, e polo tanto, incumprindo o artigo 38 da Lei 31/95.

 

CIG­- Saúde pregúntase:

 

Para que serve o Comité de Seguridade e Saúde? Quizáis a resposta poderíamola atopar ... SE AS COUSAS FUNCIONARAN COMO DI A NORMATIVA E A DIRECCIÓN DE RRHH DA ÁREA DE XESTIÓN INTEGRADA DE FERROL SE INTERESARA ALGO POLO TEMA ... no artigo 39 da Lei 31/95 que é o que fala das competencias e facultades do Comité de Seguridade e Saúde, pero é inútil o plantexamento de tal pregunta se a Dirección de RRHH segue negándose a cumprir coa legalidade, e en definitiva, SEGUE SEN QUERER FACELO.

Resumo do Comité de Seguridade e Saúde do 3 de marzo

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

ergonomia-giro-espaldaAchegamos resumo da xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde da Área Sanitaria do pasado día 3 de marzo. A reunión comezou cunha queixa nosa pola hora de comezo da reunión, as 12 do mediodía, pouco tempo de xuntanza para un tema tan importante e extenso. Entre outros temas, tocáronse os seguintes:
  • Plan de Emerxencias
  • Regulamento de Réxime Interno
  • Requirimentos da Inspección Médica
  • Medidas preventivas
... e moitos outros, Fontenla, Espasante, Anatomía Patolóxia, Rampa Rx, Lavandería, Arquivo, ...

Descargar resumo

Programa de formación do Gabinete Técnico de Saúde Laboral para Ferrol

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
 
Logo dunha pequena restruturación nos cursos, e para unha maior funcionalidade, podédesvos anotar a calquera dos seguintes cursos desde hoxe mesmo presentado a folla de preinscrición no local sindical do Marcide ou enviándonola a través do correo interno:


- Curso básico en Prevención de Riscos Laborais. (55 horas) EDICIÓN MARZO.Para todo tipo de persoal. Comezo o 8 de marzo de 2011. 3 días á semana. Aula B Hospital Profesor Novoa Santos de 16.30 a 21 horas

- Xornada de "Comunicación de Accidentes de Traballo na Área Sanitaria de Ferrol". Para todo tipo de persoal. Data probable de realización, 14 Abril 2011.

- CURSO MONOGRÁFICO "Seguridade nos servizos clínicos e non clínicos". 10 horas repartidas en dúas xornadas de 5 horas:

A) 1ª xornada (Celebración 11/04/2011):"Seguridade nos Servizos Clínicos". Quirófano, Raios, Laboratorios...

B) 2ª xornada (Celebración 12/04/2011):"Seguridade nos Servizos non Clínicos". Esterilización, Cociña...

- Curso básico en Prevención de Riscos Laborais.(55 horas) EDICIÓN SETEMBRO. Para todo tipo de persoal.Comezo na semana do 23 de setembro de 2011. 3 días á semán.

-  Xornada de "Protección contra incendios". Para todo tipo de persoal. 5 horas(16:30 a 21:30). Data probable de realización, 8 Xuño 2011

- CURSO MONOGRÁFICO: "Prevención de riscos laborais nos lugares de traballo". 10 horas repartidas en dúas xornadas de 5 horas. Data probable realización, 24 e 25 Maio 2011


Descargar ficha de preinscrición

Programa de formación do Gabinete Técnico de Saúde Laboral para Ferrol

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Achegámosvos
o programa de formación do Gabinete Técnico de Saúde Laboral para Ferrol e a solicitude de preinscripción nas actividades formativas para 2011.

CURSOS CON PREINSCRICIÓN A PARTIR DO 15 DE FEBREIRO:
- Curso básico en Prevención de Riscos Laborais. (55 horas). EDICIÓN MARZO.Para todo tipo de persoal. Comezo o 8 de marzo de 2011. 3 días á semana. Aula B Hospital Profesor Novoa Santos de 16.30 a 21 horas

- Xornada de "Comunicación de Accidentes de Traballo na Área Sanitaria de Ferrol". Para todo tipo de persoal. Comezo na primeira semana de abril

 

- CURSO MONOGRÁFICO "Seguridade nos servizos clínicos e non clínicos". 10 horas repartidas en dúas xornadas de 5 horas:

a) 1ª xornada (Celebración 11/04/2011):"Seguridade nos Servizos Clínicos". Quirófano, Raios, Laboratorios....

b) 2ª xornada (Celebración 12/04/2011):"Seguridade nos Servizos non Clínicos". Esterilización, Cociña... □

 

CURSOS CON PREINSCRICIÓN A PARTIR DO  1 DE ABRIL:

- Curso básico en Prevención de Riscos Laborais. (55 horas). EDICIÓN SETEMBRO. Para todo tipo de persoal. Comezo na semana do 23 de setembro de 2011. 3 días á semana.

 

- Xornada de "Protección contra incendios". Para todo tipo de persoal. 5 horas(16:30 a 21:30). Xuño 2011

 

- CURSO MONOGRÁFICO: "Prevención de riscos laborais nos lugares de traballo". 10 horas repartidas en dúas xornadas de 5 horas. Maio 2011

 

  • Prazos de preinscrición:

o 1º semestre: a partir do 15 de febreiro

o 2º semestre: a partir do 1 de abril

  • Achegade a folla de preinscrición por correo interno ou ben en persoa ao local do sindicato no Arquitecto Marcide coa seguinte documentación:

o Fotocopia Documento de Identidade

o Fotocopia Tarxeta Sanitaria

Vozeiro nº 13, novembro de 2010

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

novembro2010
No vozeiro deste mes damos conta, entre outros temas, da xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde do pasado día 28 de outubro, das últimas mobilizacións, da Lotaría de Nadal ...


Descargar vozeiro



Cambio última hora: a concentración polo Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres cambia de lugar, pasando a celebrarse á mesma hora diante do edificio administrativo da Xunta

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48