Vozeiro número 18, outubro de 2011

Xoves, 20 Outubro 2011 10:58
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Descarga, imprime e reparte o novo vozeiro no teu centro de traballo

 

CONTIDO DO NOVO VOZEIRO:

 

Outubro quente: Sí, existen alternativas!

Este mes de outubro foi bautizado como “outubro quente”. A situación actual de recortes de servizos públicos e perda de dereitos dos e das traballadoras aumenta o número de mobilizacións.

 

A CIG convoca a toda a cidadanía para o 23 de outubro en Santiago de Compostela a unha manifestación para amosar o rexeitamento ao modelo capitalista e a reclamar a aplicación de políticas alternativas que permitan encetar un novo modelo económico e social. A manifestación saíra ás 12:30 horas da Alameda baixo o lema “Sí, existen alternativas”.

 

S.O.S. Sanidade Pública convoca en toda Galiza diversas concentracións en contra da privatización da sanidade o vindeiro 27 de outubro. En Ferrol consistirá nunha concentración na Praza de Armas ás 20 horas.

 

Ademais, na nosa comarca, o vindeiro 6 de novembro ás 12 do mediodía e con saída da Praza do Inferniño haberá una manifestación en Defensa do Naval e do emprego convocada pola CIG, CCOO, UXT e USTG.

 

Eleccións á Xunta de Persoal

Despois das eleccións do pasado 5 de maio aos órganos de representación do conxunto de traballadores e traballadoras da área sanitaria, temos novos cargos, Nuria González (CESM-OMEGA) como Presidenta e Adela Fernández (CSI.F) como Secretaria da Xunta de Persoal.

 

CIG Saúde estará representada nesta nova etapa  por Merche Díaz, Ana Arto, Juan Carlos Pita e Fran Iglesias como delegados eleitos. Ademáis, contaremos con Sandra Martínez, Azucena Sordo e Julia Lorenzo como membros da Sección Sindical.

 

Non dubidedes en contar con nós para todo aquelo que precisedes.

 

Nova estrutura da Área Sanitaria

Publicada no DOG a ORDE do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a nova estrutura organizativa de xestión integrada de Ferrol e se delegan competencias nos órganos directivos. Con esta orde, entre outras, modifícase a nomenclatura de distintas direccións e subdireccións.

 

Acomodos internos:

A día de hoxe, o proceso de acomodos internos do ano pasado segue en proceso sen que a Dirección de Área lle dea remate. Ademais, a Dirección segue sen darnos información  de cómo está actualmente o proceso.

 

 

Denuncia:

CIG Saúde quere denunciar unha vez máis a política de non contratación de persoal que está a aplicar esta Dirección de Área aproveitándose de:

 

 

Supertacañones

Quen non se lembra do entrañable concurso un, dous, tres?

 

Quen non se sentou o venres á noite coa familia, diante do televisor, para ver este concurso?

 

Moi ben, pois agora propóñovos na área xogar ao mesmo. Temos aos "Supertacañones" que ben se poderían chamar por casualidade "Don Lois", "Don Xavier" e "Don Quique", temos unha primeira pregunta que podería ser tamén por casualidade:

 

Porque necesitamos traballar, díganme prazas de longa duración desta Área sanitaria que estean sen cubrir, como por exemplo, unha praza de enfermaría no C.S. de Mugardos? Un dous tres responda outra vez:

 

1. unha enfermeira para Mugardos,

2. unha TCAE en toco,

3. unha enfermeira en Cariño,

4. un celador en Serantes,

5. unha enfermeira en Serantes,

6. unha enfermeira en Ortigueira,

7. unha auxiliar administrativo en Compras,

8. unha enfermeira en Caranza,

 

... tolón, tolón, tolón.

 

Expediente-e

A Área Sanitaria dispón dun Punto de Apoio ó Expedient-e, que se ocupa da xestión da información e asesoramento en relación con este novo expediente electrónico.

 

No caso de precisar asesoramento na xestión do expedient-e, podedes solicitar unha CITA PREVIA co Formulario de petición de Cita Previa  que tedes na nosa páxina web www.cig-saude.org/ferrol e que está tamén á vosa disposición tanto na Intranet como no PAT (Punto de Atención o Traballador). Debedes facer chegar esta solicitude cuberta ó PAT, ben persoalmente ou ben a través do enderezo electrónico:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 

A Área porase en contacto con vós para darvos unha cita .

 

Este Punto de Apoio atópase no andar baixo do Hospital Arquitecto Marcide, ó carón da Dirección de Área, preto do PAT, que está no mesmo corredor.

 

Para calquera dúbida que teñades podedes poñervos en contacto co Punto de Apoio o Expedient-e a través da Centraliña da Área (981334000), extensión 267152.

 

Tamén podedes poñervos en contacto con nós a través dos teléfonos do sindicato.

Redución de xornada por coidado de fillos, ...

Mentres non empece a funcionar o novo pacto é voluntario coller un contrato de redución de xornada, e tamén queremos desmentir o que algún membro da Dirección de Enfermaría dí sobre a puntuación nas listaxes: se solicitas unha redución de xornada para coidado de fillos, etc. puntuarache o tempo íntegro; pero a quen fai a cobertura so lle puntuará, nas novas listaxes, a parte proporcional correspondente á redución.

 

Incumprimentos nos contratos de Pull   

Durante estes últimos meses vimos observando como desde a Dirección vénse contratando a persoal das listaxes pull para máis de 10 días, chegando aos 12 ou 13, mentres outro persoal so chega aos 6 ou 7. Isto significa un incumprimento do pacto actual de contratacións, denunciado ante a Dirección pola CIG Saúde, esta contesta que o fai por necesidades de servizo. E nós preguntámonos, cales son esas necesidades?Actualmente a dirección que máis se aproveita deste incumprimento é a Dirección de Enfermaría.

 

CIG Saúde exíxelle á Dirección de Área que poña fin a estes métodos.

 

Cómputos de xornada

Outro problema que estamos atopando ultimamente, e que ven relacionado coa Dirección de Área, é cando algún/ha compañeira solicita un cómputo de xornada. Este, no caso en que se lle facilite ven ou moi tarde ou con moito exceso no cálculo. Incluso existe algunha dirección que nin tan sequera os facilita ao persoal, e como non, encabeza o ranking a Dirección de Enfermaría.

 

CIG Saúde exíxille a Dirección de Área celeridade e claridade á hora da confección destes cómputos que son un dereito dos e das traballadoras do SERGAS.

Recortes no servizo de transporte de enfermos en ambulancia

A Consellería de Sanidade pretende introducir no transporte de enfermos en ambulancia coa xustificación da crise económica, os seguintes recortes:

 

 

Este conxunto de decisións supoñen un paso máis na estratexia da Xunta de Galicia de desmantelamento dos servizos sanitarios , terán graves consecuencias para a rapidez e seguridade da atención das urxencias, a calidade da mesma e o dereito á asistencia universal e gratuíta dos cidadáns e cidadás de Galicia.

 

Privatización do Servizo de Mantemento do Naval

Despois da integración do Hospital Naval na estrutura do Servizo Galego de Saúde, en novembro de 2008, procedeuse a licitación do contrato para os traballos de mantemento das instalacións deste hospital. A resolución da Dirección de Área do día 22 de xullo de 2009 resolveu a adxudicación definitiva á empresa EULEN, establecendo que o prazo de execución destes traballos terá unha duración dun ano cunha prórroga non superior o período inicial fixado, polo que venceu o 22 de xullo de 2011.

 

Dado que este hospital agora forma parte da rede de centros da Área Sanitaria Pública, e ao existir un servizo propio de mantemento encargado destes traballos nos outros hospitais do complexo, esixímoslle á Dirección de Área que ao vencemento deste contrato se pasasen a realizar estas tarefas por este mesmo persoal do servizo de mantemento da Área Sanitaria, dimensionar os equipos en función das necesidades a través dos métodos regulados de selección temporal e definitiva, rexido polos principios de publicidade, mérito e capacidade.

 

A intención da Dirección é que empresas privadas opten a seguir facendo estes traballos, en lugar de que o persoal estatutario ocupe os postos de traballo que lle corresponden, sobre todo cando había un compromiso de reverter estes traballos ao sistema sanitario público. Unha vez mais vemos que se volven incumprir compromisos e acordos existentes. No sentido desta reivindicación, 35 traballadores cursaron por escrito, no mes de xuño, á Dirección da Área Sanitaria de Ferrol a solicitude de reversión ao sistema público, da carga de traballo no servizo de mantemento do Hospital Naval.

 

Dende CIG-Saúde, seguimos crendo e defendendo o emprego público de calidade, co investimento necesario en medios técnicos e humanos e sen enganos ao persoal que paga unhas taxas para a súa inclusión nunhas listas de contratación onde están á disposición do Sergas as 24 horas do día, para o fin comprobar, como a Dirección de Área confía o mantemento a empresas privadas que non está demostrado sexan máis eficientes nin eficaces.

 

Central de chamadas

Desde fai uns días funciona na área a Central de chamadas para cita previa en atención primaria.

 

O teléfono  asociado ao 902 é o 981 952 950.

 

Coa central, a Administración pretende ir automatizando as chamadas, de maneira que o paciente sexa atendido por unha central e non por unha persoa, grazas a un sistema de recoñecemento de voz. Así consta no contrato xa adxudicado polo Sergas, que di que é necesario «reducir o número de persoas que deban ser atendidas persoalmente por operadores». Ademais, quere que estea operativo as 24 horas do día, xa que agora só se pode solicitar unha consulta co médico de cabeceira entre as 8 e as 21 horas, de luns a venres.

 

Media xornada

Últimamente, en atención primaria, estase a contratar persoal a media xornada para facer o traballo polo que debería de estar contratado a xornada completa coa conseguinte precarización do traballo e baixada da calidade asistencial.

 

Existe a prevención de riscos laborais na nosa Área Sanitaria?

 

 

Incumprimentos de acordos de Atención Primara e PAC´s

CIG-Saúde non denunciou os Acordos de Atención Primaria (de PAC e de Ordinaria) porque de facelo habería que iniciar unha nova negociación, e entendemos que non se dan as condicións para mellorar os aspectos básicos do acordo existente: xornada, retribucións e cadro de persoal. O SERGAS xa considera demasiado baixa a xornada acadada no acordo vixente (1.430 hs) polo que custaría traballo non só mellorala, senón incluso mantela nun novo acordo. As retribucións están conxeladas, cando non recortadas, polo que as posibilidades de incrementalas son nulas. Os cadros de persoal consolidados polos acordos, que se ofertaron na pasada OPE e Traslados, incrementaríanse de modificarse as regras de voluntariedade, pero tendo en conta a actual taxa de reposición do 10% non sería posible.

 

Non denunciar os Acordos non quere dicir que aceptemos o xeito co que está a aplicalos a Administración. CIG-Saúde reclama do SERGAS o cumprimento dos Acordos de Atención Primaria, de PAC e de Ordinaria, especialmente nos seguintes aspectos:

 

1.- Cómputo de xornada. O SERGAS está a aplicar criterios restritivos que penalizan, no computo de xornada, aos traballadores que teñan unha IT ou un permiso retribuído.

 

2.- Confección de calendarios. Reclamamos calendarios anuais coa participación das e dos traballadores, que separe a xornada ordinaria da complementaria e que respecte a xornada ordinaria do persoal de PAC e tódolos seus permisos.

 

3.- Cumprimento da Acta do 16 de xuño. Na aplicación en cada área reclamaremos que de quedar horas suficientes (1623 hs/anuais) se proceda á creación dun vinculo estable (obra e servizo) contratando persoal das listas de contratacións antes de ofertalas á voluntariedade.

 

4.- Contratación de persoal das listas. Reclamamos que se cumpra o apartado do acordo que establece que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacións.

 

Descarga, imprime e reparte o novo vozeiro no teu centro de traballo

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru