O Sergas recortou nun 30% o persoal do arquivo de historias clínicas de Río do Pozo

Venres, 28 Marzo 2014 08:38
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

O PP avanza nas súas políticas de desmantelamento e privatización da sanidade pública

Nos últimos meses o persoal do arquivo de historias clínicas situado no Polígono do Río do Pozo sufriu un recorte dun 30% no seu cadro de persoal. A CIG Saúde Ferrol denuncia este novo recorte na Sanidade Pública da Área Sanitaria, que dende a Xerencia escusan cunha suposta baixada de carga de traballo.

Desde CIG Saúde Ferrol desmentiuse esta afirmación, pois aínda que coa implantación da historia clínica dixital diminuíu a carga de traballo programada, tamén a Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol diminuíu o número de traballadoras contratadas, en concreto, apuntan, reduciuse un total de 4 traballadoras.

 

CIG Saúde Ferrol deixa constancia de que a diminución da carga de traballo programada se compensou cun aumento de maneira considerábel da carga de traballo por localización de historias por goteo. Sumado a isto realízase unha nova tarefa que antes non se facía, como é a dixitalización das historias clínicas.

Polo tanto, CIG Saúde Ferrol denuncia que a carga de traballo que soportan as traballadoras é a mesma dos últimos anos, cunha diminución do cadro de persoal contratado por parte do SERGAS, “polo que no arquivo do Río do Pozo, se conta para realizar a mesma carga global de traballo con catro traballadoras menos”.

 

Con esta medida, o Partido Popular retoma as bases da privatización deste servizo, comezada anos atrás coa entrada dunha empresa privada para dar servizo ao transporte destas historias, así como a súa xestión durante a fin de semana e festivos. Emprega a táctica habitual da privatización consistente no adelgazamento, baixo supostos ficticios, dos cadros de persoal no sector público para posteriormente externalizar o servizo.

 

CIG Saúde denuncia que a Xerencia de Ferrol está a pagar á empresa privada o alugueiro dunhas instalacións no Polígono do Río do Pozo onde está situado o Arquivo de Historias Clínicas da Xerencia de Ferrol, tendo espazo libre no Hospital Naval ou no Novoa Santos. “Aos gastos de alugueiro hai que sumarlle o importante gasto de enerxía que se deriva do uso de devanditas instalacións asumido pola Xerencia de Ferrol, pese a que as traballadoras do SERGAS se queixan de maneira reiterada de que se traballa en condicións extremas de frío e correntes de aire no inverno e calor no verán, até o momento non subsanadas”.

 

Por todo isto, CIG Saúde Ferrol esixe á Xerencia da EOXIF que restabeleza o cadro de persoal do arquivo do Polígono do Pozo, se oferte unha sanidade de calidade e se paralice a política de privatizacións que se está a levar a cabo polo SERGAS.

 

Noticia en Avantar

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru